Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOÉN

ANUNCIO de licitación.

Por decreto da alcaldía con data do 8 de agosto de 2001, préstase aprobación ó prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento para contratación das obras que se indican, o cal se expón ó público polo prazo de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG, computándose para efectos de prazos a última publicación de ámbalas dúas, para que poidan presentarse reclamacións por quen se consideren interesados.

Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará cando resulte necesario de presentarse reclamacións ó prego.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Toén, r/ Ribadela, 1. 32930 Toén (Ourense).

2. Obxecto do contrato: rede de sumidoiros en Puga-Alongos-Castiñeiras, de acordo co prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Durán Fuentes, e aprobado pola alcaldía con data 12 de xullo de 2001.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 16.661.500 pesetas, equivalentes a 100.137,63 euros, IVA e demais tributos incluídos.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de información e documentación: na Secretaría do Concello de Toén, r/ Ribadela, 1. 32930-Toén (Ourense). Teléfono: 988 26 10 74. Fax: 988 26 12 72.

7. Requisitos xerais do contratista: sinalados no prego de condicións administrativas.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no rexistro xeral do Concello de Toén, durante os 13 días naturais, desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos boletíns en que apareza (BOP ou DOG, de 9 a 14 horas de luns a venres. O proxecto técnico atópase na Copistería Copyplaza, S.L., situada na praza Maior de Ourense, nº 8, así como o prego de condicións que rexerán a contratación para efectos de obtención de copias.

b) Documentación que hai que presentar:

Proposición para tomar parte na licitación para a contratación das obras de rede de sumidoiros en Puga-Alongos-Castiñeiras, nº 146/2001, do POL 2001, polo procedemento aberto mediante concurso, convocado polo Concello de Toén.

Constarán de dous sobres cerrados A e B, que conterán a documentación sinalada na cláusula XVIII do prego de condicións administrativas particulares, denominados:

Sobre A, Documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada.

Sobre B, oferta económica e criterios diferentes ó do prezo.

9. Apertura de ofertas: ás trece horas do segundo día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións, considerándose para este caso inhábil o sábado.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Toén, 9 de agosto de 2001.

O alcalde

Rubricado