Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 28 de agosto de 2001 Páx. 11.518

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (349/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 349/2001, por instancia de José Arias Arias e outros contra a empresa Grupo M.V Recambios, S.L. e Fogasa sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, 16 de xullo de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 349/2001, seguidos por instancia de José Arias Arias, Manuel Torres Vilas, José Luis Vázquez Vázquez, José Vergara Regueira, asistidos polo letrado José Páramo Sureda, contra a empresa Grupo M.V. Recambios, S.L. e Fogasa, que non compareceron, sendo o obxecto da reclamación, despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polos demandantes, debo declarar e declaro improcedemente o despedimento efectuado pola empresa Grupo M.V. Recambios, S.L. e, extinguida a relación laboral dos demandantes coa empresa na data da presente resolución, condenando á empresa a que lles aboe ós demandantes a seguinte indemnización e aboamento dos salarios de tramitación que se dirán: a favor de José Arias Arias, 548.985 pesetas máis 531.920 pesetas por salarios de tramitación; a favor de Manuel Torres Vilas, 197.854 pesetas máis 522.764 pesetas por salarios de tramitación; a favor de José Luis Vázquez Vázquez, 119.731 pesetas, máis 497.149 pesetas por salarios de tramitación; e a favor de José Vergara Regueira, 34.209 pesetas. máis 497.149 pesetas por salarios de tramitación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo, entrega-lo resguardo acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo, deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo

e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a empresa Grupo M.V Recambios, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña, o 16 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado