Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo trámite de urxencia, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a redacción do proxecto básico e de execución e dirección das obras de reforma do centro de saúde da rúa Cuba en Vigo (Pontevedra).

-Obxecto: redacción de proxecto básico e de execución e dirección das obras.-Obra: reforma do centro de saúde da rúa Cuba en Vigo (Pontevedra).-Orzamento de contrata: 6.078.408 pesetas, equivalentes a 36.531,97 A.-Prazo de execución: 4 meses.-Garantía definitiva: non se esixe.-Forma de tramitación: urxente.

Exposición da documentación.

Poderá examinarse na División de Recursos Económicos, (Subdirección Xeral de Investimentos) o nas direccións provinciais do Sergas nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Solvencia económica, financeira e técnica.

Os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas no texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de presentación de proposicións.

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, ata o décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por el, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación.

Os definidos na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

Apertura de proposicións.

Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da División de Recursos Económicos, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2001.

P.D. (Decreto 49/1998, Resolución 19-7-2001)

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde