Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 05 de setembro de 2001 Páx. 11.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2001 pola que se anuncia a contratación das obras da reforma das dependencias no cárcere da Coroa.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Oficialía Maior.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: a contratación das obras da reforma de dependencias no cárcere da Coroa.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitación:

4.1. Importe total: 31.367.995 pesetas (188.525,44 euros), IVE incluído.

5. Fianzas:

5.1. Provisional: 2% do tipo da licitación nos termos establecidos na lexislación vixente.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: Oficialía Maior.

6.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 06.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta poxa as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acredita-la solvencia económica, financeira e técnica e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no

que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 6, do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na Praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: cinco días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

9.3. Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 26 de xullo de 2001.

Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa González

Concelleiro