Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.036

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Ecometal, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico da empresa Ecometal, S.L., (código de convenio nº 8200642), que se subscribiu coa data do 31 de maio de 2001, entre a representación da empresa e os representantes dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo,

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo para o persoal de mantemento, recadación, contaxe de moedas, limpeza e publicidade de cabinas telefónicas, soportes e teléfonos de uso público, da empresa Ecometal, S.L., actual contratista ou empresa que a poida substituír para as catro provincias de Galicia

Artigo 1º.-Obxecto.

O presente convenio colectivo ten por obxecto principal a regulación das relacións laborais entre a empresa, Ecometal, S.L., actual contratista, ou a empresa que a poida substituír e os traballadores en réxime laboral de mantemento, recadación, contaxe de moedas, limpeza e publicidade das cabinas telefónicas, das catro provincias de Galicia, tanto sexan estas cabinas propiedade de titularidade Telefónica, como as de titularidade de T.T.P. (Telefónica Telecomunicacións Públicas); así mesmo, as reparacións en todo tipo de teléfono. En definitiva o traballo que realizan os traballadores encadrados neste convenio é:

Recadación e proba de funcionamento; contaxe e precintaxe; conservación do moble e a súa iluminación: limpeza, montaxe, substitución e desmon

taxe de publicidade en mobles de teléfonos públicos e reparación en todo tipo de teléfonos.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo afecta a todo o persoal dedicado ó traballo de cabinas telefónicas sinalado no artigo anterior, da empresa Ecometal, S.L., actual contratista ou á empresa que a poida substituír nas provincias de Pontevedra, A Coruña, Lugo e Ourense.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

1. Este convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2001 sen prexuízo da data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e estará en vigor ata o 31 de decembro de 2003.

2. O presente convenio quedará denunciado automaticamente con 90 días de anticipación á data do 31 de decembro de 2003, a partir da cal as partes poderán notificar á outra as correspondentes propostas de negociación.

3. No suposto caso de que á finalización da vixencia do presente convenio as partes asinantes non tivesen aprobado un novo convenio, este entenderase en vigor ata a aprobación do que deba substituílo.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Constituirase a comisión paritaria para o desenvolvemento do presente convenio, que poderá ser convocada.

Ambas partes se comprometen a presenta-la dicha comisión as cuestións da súa competencia e, en caso de desacordo, a cuestión alí suscitada será sometida á xurisdicción laboral competente.

Esta comisión estará composta por 3 membros en representación da empresa e 3 membros en representación dos traballadores, Enrique Couso Suárez, Juan González Pérez, Antonio Marzo Nogueira, e Carmen Segurana Bedrina, esta última como asesora de CC.OO. elixidos entre os membros da comisión deliberadora do presente convenio.

As funcións desta comisión serán as inherentes para cumpri-lo seu cometido de desenvolvemento e interpretación do presente convenio.

Dos acordos da comisión paritaria levantarase oportuna acta e o seu contido terá a mesma forza de obrigar que o disposto no presente convenio.

Ás reunións da comisión poderán asistir con voz pero sen voto os asesores económicos e sociais da comisión deliberadora.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

As condicións establecidas no presente convenio colectivo forman un todo orgánico e indivisible.

Artigo 6º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza e orixe delas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación só poderán afecta-las condicións pactadas no presente convenio cando, consideradas as novas retribucións no cómputo anual, superen as aquí pactadas. En caso contrario, serán compensadas e absorbidas estas últimas, manténdose o presente convenio nos seus propios termos e na forma e condicións en que quedan pactadas.

Tódalas funcións aquí detalladas son a título enunciativo, non querendo significar que sexan únicas e invariables. Calquera variación ou inclusión será feita logo de informe da comisión paritaria.

Artigo 7º.-Organización e racionalización.

1. A organización do traballo será competencia da empresa, a quen corresponde a iniciativa conforme a lexislación vixente.

2. A racionalización do traballo terá, entre outras cousas, a seguintes finalidades:

a) Mellora das prestacións de servicio do usuario.

b) Simplificación do traballo, mellora de métodos e procesos administrativos.

c) Establecemento de cadros de persoal correctos do persoal.

d) Definición e clasificación das relacións entre postos e categorías.

3. Será preceptivo e previo o informe do comité de empresa ou delegados de persoal, para calquera modificación de xornada de traballo, horario, réxime de traballo a quendas, sistema de remuneración, así como sistema de traballo e rendemento deste.

En caso de non existir acordo, estas modificacións deberán ser aprobadas pola autoridade laboral.

Artigo 8º.-Clasificación persoal.

O persoal comprendido no ámbito do presente convenio colectivo clasificarase nos grupos, subgrupos e categorías seguintes:

Grupo A: mandos.

a) Encargado xeral.

b) Encargado provincial.

c) Xefe de equipo.

Grupo B:

Subgrupo de contaxe.

a) Auxiliar de contaxe.

b) Oficial de contaxe.

Recadación e limpeza.

a) Conductor-recadador-limpador.

b) Limpador.

Mantemento.

a) Oficial mecánico.

b) Oficial cerralleiro.

c) Oficial electricista.

Grupo C: traballos en formación.

a) Aprendiz 16 anos.

b) Aprendiz 17 anos.

c) Aprendiz 18 anos.

Artigo 9º.-Cadro de persoal e escalas.

A empresa estará obrigada a confeccionar a cadro de persoal do seu persoal fixo e contratado unha vez ó ano.

No dito cadro de persoal sinalarase o número de traballadores que comprende cada categoría profesional, coa separación e especificación por grupos e seccións. Estes cadros de persoal, unha vez confeccionados, deberán de ser sometidos ó informe do comité de empresa ou delegados de persoal e, en caso de desacordo, a súa aprobación será instada á autoridade laboral.

Os cadros de persoal confeccionaranse cada ano, respectándose os dereitos adquiridos dos traballadores que forman parte da empresa.

A empresa deberá confeccionar e mante-la escala do seu persoal, cos seguintes datos de cada un dos traballadores:

a) Nome e apelidos.

b) Data de nacemento.

c) Data de ingreso do traballador na empresa.

d) Categoría profesional.

Esta escala deberá publicarse nos taboleiros de anuncios da empresa antes do día 15 de febreiro ou dous meses despois da sinatura do presente convenio. O persoal poderá formula-las súas reclamacións contra a escala mediante escrito dirixida á empresa nun prazo de 20 días a partir da data de publicación. Cando se dea resolución expresa, esta deberá producirse dentro dun período igual de tempo. Contra o acordo desestimatorio, expreso ou tácito, quedará a vía xurisdiccional laboral.

Artigo 10º.-Contratación e descrición de funcións.

1. Cando por necesidades da empresa sexa preciso cubrir postos de traballo con persoal de novo ingreso, a dirección informará os representantes dos traballadores dos postos e das súas características.

2. Naqueles casos de nova contratación publicarase no taboleiro de anuncios e en tódolos servicios establecéndose un plan de admisión de solicitudes de 5 días.

3. En todo caso, terán preferencia para o ingreso na empresa aqueles que desempeñasen nela traballos de carácter temporal.

4. Contaxe: a actividade desenvólvese nas dependencias da empresa (sala de contaxe) e consiste na realización de tódalas tarefas necesarias para a desprecintaxe e precintaxe dos petos. A contaxe e encar

tuchado das moedas que previamente foron recadadas dos teléfonos públicos. Igualmente consiste no tratamento dos datos obtidos, todo isto baixo a supervisión da empresa contratante.

5. Limpeza: consiste na realización de tódalas tarefas necesarias para efectua-la limpeza das cabinas, semicabinas, módulos, locutorios e calquera outro tipo de soporte telefónico de uso público existente ou que sexa instalado no futuro, utilizando os medios adecuados. Tamén referido ós mesmos soportes, consiste na realización das tarefas necesarias para a montaxe e desmontaxe da publicidade, así como a notificación das avarías e desperfectos. Para a realización desta tarefa utilizarase un vehículo facilitado pola empresa.

6. Recadación: consiste na realización das tarefas necesarias para efectua-la extracción do peto ou excepcionalmente o metálico existente no interior dos teléfonos públicos, calquera que sexa o soporte en que se encontren, así como realiza-las probas de funcionamento e detección de avarías. Para a realización desta tarefa utilizarase un vehículo facilitado pola empresa.

7. Reparacións de todo tipo de teléfonos públicos, titularidade de T.T.P. Para a realización desta tarefa utilizarase un vehículo facilitado pola empresa.

8. Mantemento: consiste na realización de reparacións nos mobles de cabinas, módulos telefónicos, locutorios e calquera tipo de soporte de uso público, existente ou que sexa instalado no futuro. Reparacións en fechos e dispositivos de seguranza instalados no interior do teléfono de uso público. A revisión, conexión e reparación da ilumunación nos soportes dos teléfonos públicos. Para os desprazamentos utilizarase un vehículo facilitado pola empresa.

Artigo 11º.-Xornada laboral.

Se establece unha xornada laboral de 38 horas e media semanais para o 2001, 38 horas e 15 minutos para o 2002 e 38 horas para o 2003, en xornada continuada de luns a venres. Ós sábados traballarán soamente o 50% da cadro de persoal.

Artigo 12º.-Descanso diario.

O traballador terá dereito a desfrutar dun descanso de 20 minutos para a toma de bocadillo dentro da súa xornada diaria, que se computará como tempo efectivo para tódolos efectos.

Artigo 13º.-Prolongación de xornada: horas extraordinarias.

1. Terán a consideración de horas extraordinarias as que excedan da xornada diaria establecida.

2. Os traballadores serán libres de aceptar ou denega-la realización de horas extras salvo nos casos específicos, regulados pola lexislación laboral, establecéndose, para tal fin, rotación entre voluntarios.

3. Terán a consideración de horas extras estructurais aquelas que se efectúen para as montaxes

e desmontaxes de campañas publicitarias para cumpri-los prazos establecidos por T.T.P.

4. As horas extraordinaria serán retribuídas a razón de 1.690 pesetas cada unha.

5. Os representantes dos traballadores asinarán as horas estructurais que se realicen.

6. As horas extras incluiranse en nómina, no número correspondente a horas extras.

7. As horas extraordinarias poderanse acumular durante todo o ano para cambiar por días libres, sempre de común acordo entre traballador e empresa, desfrutando ata o día 31 de maio as acumuladas desde o 1 de xaneiro ó 31 de maio. As realizadas desde o 1 de xuño ó 30 de setembro se desfrutarán desde o 1 de outubro ó 31 de decembro.

-Cada 5 horas extras traballadas suporá un día libre para o ano 2001.

-Cada 4 horas e media traballadas suporá un día libre para o ano 2002.

-Cada 4 horas traballadas suporá un día libre para o ano 2003.

Artigo 14º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio desfrutará de 30 días naturais de vacacións, nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro. O inicio das vacacións será sempre en día laborable, que non sexa nin sábado, domingo, festivo, día de descanso ou véspera do mesmo.

As vacacións serán retribuídas na totalidade de tódolos conceptos salariais.

O persoal que desfrute as vacacións nos meses de outubro a maio, ambos incluídos, recibirá da empresa unha bolsa de compensación de 15.000 pesetas.

Artigo 15º.-Traballo en días festivos.

1. Cando por razóns de servicio sexa necesario realizar rutas de recadación en días festivos, a empresa exporá un impreso de inscrición que debe indica-lo día festivo de traballo e o número de rutas previstas.

a) Todos aqueles traballadores que desexen traballar nese día deberán inscribirse no citado impreso.

b) As rutas de recadación deses días nunca excederán a xornada establecida de traballo.

c) Os festivos así traballados retribuiranse en nómina, baixo o concepto de complemento festivo ou denominación similar claramente identificable.

2. A retribución dese día será por rutas establecidas a razón de 15.000 pesetas por complemento ou, se é o caso, por dous días de libranza, logo de pacto entre traballador e empresa.

3. No caso de non existiren voluntarios, tendo en conta que a prestación de servicio é inadiable e obrigatoria, de común acordo entre a empresa e

representantes dos traballadores se establecerá un sistema que garanta a prestación do servicio.

4. Complemento domingo: a retribución dos domingos para reparación de avarías de teléfonos será de 8.000 pesetas sempre que a xornada non exceda de 4 horas.

Artigo 16º.-Conceptos retribuidos.

As retribucións dos traballadores afectados no presente convenio compensaranse a razón de básicas ou complementarias:

1. Serán básicas:

Salario base: as retribucións correspondentes ás distintas categorías do persoal afectado por este convenio fíxanse do modo seguinte:

Para o período entre o 1-1-2001 ó 31-12-2001 será o que se fixa na táboa anexa. Os salarios para este ano 2001 incrementaranse nun 2,5% sobre os salarios do 2000.

Para o período entre 1-1-2002 ó 31-12-2002 incrementaranse tódolos conceptos salariais no IPC de 2001 menos un 0,5%.

Para o período 1-1-2003 ó 31-12-2003 incrementarase en tódolos conceptos salariais no IPC do ano 2002 máis 2 puntos.

Para os anos 2002 e 2003 o incremento afectará tódolos conceptos económicos (horas extras, complemento festivo, complemento domingos, complemento de reparación, bolsa de compensación, complemento de producción, complemento de asistencia, complemento transporte e salario base).

2. Serán complementarias:

a) Antigüidade: é o complemento persoal que recibe o traballador en razón do tempo traballado de servicios na empresa, estimados en trienios, considerándose como tempo traballado os servicios prestados durante o período de proba. Cada trienio será do 5% calculado sobre o salario base. O seu aboamento ó traballador comezará a partir do mes en que se cumpran os 3 anos.

b) Complemento de transporte ou locomoción: os traballadores afectados por este convenio percibirán por este concepto a cantidade de 14.418 pesetas mensuais. Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 480 pesetas, non considerándose como ausencia, para estes efectos, o descanso semanal a que ten dereito, nin as vacacións. Este complemento aboarase a pro rata do tempo traballado.

c) Complemento de asistencia: co mesmo criterio do complemento de transporte en tódolos seus conceptos, percibirase por este complemento a cantidade 9.104 pesetas. Por cada día de ausencia e co mesmo criterio que o complemento de transporte descontarase a cantidade de 303 pesetas. Este complemento aboarase a pro rata do tempo traballado.

d) Prima de producción: igual que os outros complementos, percibirase por este concepto a cantidade de 16.886 pesetas. Este complemento, así como a antigüidade, pagaranse nas tres pagas extraordinarias establecidas no presente convenio.

e) Axudas de custo e desprazamentos: sempre que o traballador exceda nunha hora e trinta minutos a hora de saída, terá dereito a xantar onde se encontre, retribuíndoselle a factura da comida.

f) Complemento por reparación da parte superior do teléfono público: aboarase a mensualidades vencidas, a razón de 3.075 pesetas.

Non se terán en conta para desconto: vacacións anuais e permisos retribuídos.

Artigo 17º.-Pagas extraordinarias.

-Paga extra de marzo, aboable do 10 ó 15 de marzo.

-Paga extra de verán, aboable do 10 ó 15 de xullo.

-Paga extra de Nadal, aboable do 10 ó 15 de decembro.

Na contía das pagas extras serán incluídos os conceptos de salario base máis producción e máis antigüidade, segundo as táboas salariais anexas, e aboaranse sempre completas (30 días), independentemente de que o traballador estivese en situación de incapacidade temporal durante o período de devengo de cada unha delas.

Artigo 18º.-Cobranza de salarios.

A cobranza de salarios efectuarase por meses completos e vencidos.

Todo traballador terá dereito a percibir anticipos á conta do seu salario.

Artigo 19º.-Melloras sociais.

A empresa disporá dun fondo para préstamos ó persoal sen producir xuros, para un caso de necesidade. O importe dos préstamos será de 265.000 pesetas máximo por persoa, para devolver en 15 mensualidades sen xuros.

Artigo 20º.-Seguro de vida.

Tódolos traballadores comprendidos neste convenio terán un seguro de vida que está estipulado da seguinte forma:

En caso de morte: 2.150.000 pesetas.

En caso de invalidez: 3.200.000 pesetas.

Este seguro cubrirá as 24 horas do día e, se o accidente ou defunción ocorrese en Galicia, en xornada de traballo, terían unha axuda de 1.100.000 pesetas.

Artigo 21º.-Licencias.

1. Tódolos traballadores afectados polo presente convenio terán dereito ás licencias retribuídas nas seguintes continxencias e coa seguinte duración:

-Por matrimonio do traballador: 16 días naturais.

-Por matrimonio de fillos ou irmáns directos ou políticos: 1 día natural.

-Por parto de esposa ou convivente: 5 días naturais.

-Por falecemento ou enfermidade grave de esposa ou convivente: 5 días naturais.

-Por falecemento ou enfermidade grave de fillos e fillos políticos: 4 días naturais.

-Por falecemento ou enfermidade grave de pais, avós, irmáns, netos, directos ou políticos do traballador: 3 días naturais.

-Por cambio de domicilio: 2 días naturais.

-Por falecemento de tíos directos ou políticos: 1 día natural.

Se o falecemento ou enfermidade grave dos parentes se producise fóra da localidade, serían 5 días naturais.

2. Igualmente, o traballador, solicitándoo con 8 días de antelación, terá dereito a dispor de 5 días de licencia non retribuída. Estes días serán continuados.

3. A empresa facilitará permiso retribuído polo tempo indispensable para renovación de carné de conducir, DNI, ou calquera necesidade de amañar asuntos persoais xustificables e igualmente para exames.

Artigo 22º.-Excedencias especiais con dereito ó posto de traballo.

-Por servicio militar.

-Polo nomeamento de cargos públicos ou sindicais.

-Por coidado de fillos menores de tres anos.

-No suposto caso de detención por un accidente de circulación, o operario detido poderá solicita-lo seu paso á reserva de posto de traballo e nas mesmas condicións que se de excedencia obrigatoria se tratase. Os traballadores con antigüidade superior a tres anos terán dereito a que se lles conceda ata un ano de excedencia con reingreso automático con aviso previo de tres meses de anticipación.

Artigo 23º.-Baixas por hospitalización ou accidente.

a) No caso dun traballador que se encontre en situación de IT derivada de accidente de traballo, a empresa completará a prestación económica ata alcanza-lo 100% do seu salario mentres dure esta situación.

b) En situación de IT e sempre que exista hospitalización e convalecencia, a empresa completará a prestación económica ata o 100% do seu salario mentres dure a hospitalización, que se estenderá ó período de convalecencia cunha duración máxima de 90 días naturais.

Artigo 24º.-Retirada do permiso de conducir.

No suposto caso de que a un traballador que precise o permiso de conducir para a prestación do

seu traballo lle fose suspendido o uso deste, en primeiro lugar desfrutará as súas vacacións anuais correspondentes e se, finalizadas estas, continuase na mesma circunstancia, será destinado a outra sección onde non sexa necesaria a posesión do permiso de conducir, reincorporándose ó seu posto ó serlle devolto.

Artigo 25º.-Traslados de persoal.

O personal non pode ser trasladado dunha provincia na que presta os seus servicios a outra distinta, salvo pacto coa empresa.

Os traslados de persoal que impliquen cambio de domicilio poderán ser por petición do traballador mediante permuta. Tamén neste caso será necesario o acordo entre empresa e traballador.

Artigo 26º.-Subrogación do persoal.

Co obxecto de contribuír e garanti-lo principio de estabilidade no emprego, a absorción do persoal por quen suceda, mediante calquera modalidade contractual, na total ou parcial actividade regulada no ámbito funcional do presente convenio, levarase a cabo nos termos indicados no presente artigo e seguintes.

No sucesivo, o termo contrata engloba con carácter xenérico calquera modalidade de contratación, tanto pública como privada, e identifica un concreto servicio ou actividade parcial ou total que pasa a ser desempeñada por unha determinada empresa, sociedade, organismo público ou outro tipo de entidade ou persoa física, calquera que sexa a forma xurídica que adopten.

-En tódolos supostos de finalización, perda, rescisión, cesión, rescate ou revisión dunha contrata, así como respecto de calquera outra figura ou modalidade que supoña a substitución entre entidades, persoas físicas ou xurídicas que leven a cabo a actividade de que se trata, os traballadores da empresa saínte pasarán a se adscribir á nova empresa ou entidade pública que vaia realiza-lo servicio, respectado esta os dereitos e obrigas que desfruten na empresa substituída.

Producirase a mencionada subrogación do persoal, sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

1. Traballadores en activo que realicen o seu traballo coa contrata cunha antigüidade mínima dos catro últimos meses anteriores á finalización efectiva do servicio, sexa cal for a modalidade do seu contrato de traballo, con independencia de que, con anterioridade ó citado período de catro meses, tivese traballado noutra contrata.

2. Traballadores, con dereito a reserva de posto de traballo que, no momento da finalización efectiva da contrata, teñan antigüidade mínima de catro meses nela e se encontren doentes, accidentados, en excedencia, vacacións, permiso, descanso maternal, servicio militar ou situacións análogas.

3. Traballadores con contrato de interinidade que substitúan algún dos traballadores mencionados no punto segundo, con independencia da súa antigüidade e en canto dure o seu contrato.

4. Traballadores de novo ingreso que por esixencia do cliente se incorporasen á contrata de servicios, como consecuencia dunha ampliación que perdure na seguinte contrata, aínda que non leven os catro meses de antigüidade.

5. Traballadores que substitúan outros que se xubilen, tendo cumprido 64 anos, dentro dos últimos meses anteriores á finalización efectiva da contrata e que teñan unha antigüidade mínima nela dos catro meses anteriores á xubilación, en virtude do R.D. 1194/1985, do 17 de xullo.

-Tódolos supostos anteriormente contemplados deberán ser acreditados fidedignamente e documentalmente pola empresa ou entidade pública saínte á entrante, mediante os documentos que se detallan no artigo 13 do convenio estatal do sector e no prazo de dez días hábiles contados desde o momento en que, ben a empresa entrante ben a saínte comunique fidedignamente á outra empresa o cambio na prestación do servicio.

-Os traballadores que non tivesen desfrutado das súas vacacións regulamentarias ó se produci-la subrogación, desfrutaranas coa nova adxudicataria do servicio, que só aboará a parte proporcional do período que a ela corresponda, xa que o aboamento do outro período corresponde ó anterior adxudicatario, que o deberá efectuar na correspondente liquidación.

-A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento para as partes que vincula: empresa ou entidade pública ou privada cesante, sucesor na actividade e traballador.

Artigo 27º.-Control e supervisión.

Só se poderá realizar rexistro sobre a persoa do traballador, nos seus gardarroupas e efectos particulares, cando sexan necesarios para a protección do patrimonio empresarial e o dos demais traballadores dentro do centro de traballo e en horas de traballo. Na súa realización respectarase ó máximo a dignidade do traballador e contarase coa asistencia dun representante legal dos traballadores.

Artigo 28º.-Dereitos sindicais.

a) A empresa recoñece os representantes dos traballadores elixidos libre e democraticamente segundo a normativa vixente.

b) A empresa comunicaralles ós representantes dos traballadores, no prazo mínimo de 48 horas de anticipación, todo o concernente a cesamentos, despedimentos, sancións e modificacións de traballo, etc.

c) Os representantes dos traballadores disporán dun crédito de 20 horas mensuais para o exercicio das súas funcións.

Artigo 29º.-Seguranza e hixiene.

Será obxectivo máximo, tando da dirección da empresa como dos traballadores, logra-la preservación da saúde e a prevención dos accidentes laborais.

a) Todo o persoal se deberá someter a unha revisión médica anual da empresa e dentro da xornada laboral. En casos de traballadores de máis de 50 anos, se os servicios médicos o consideran oportuno, poderán ser sometidos a un exame cardiovascular.

b) En todo centro de traballo disporase de caixa de primeiros auxilios debidamente provista.

c) Os vestiarios deberán dispor de taquilla individual, ducha e lavabos, auga potable e xabón, toallas, papel hixiénico, debendo a empresa coidar da súa hixiene.

Artigo 30º.-Uniformes.

A empresa facilitará a cada traballador o correspondente uniforme segundo os modelos homologados para a actividade.

A empresa consultará cos traballadores a calidade da roupa, co obxecto de poder elixi-la máis adecuada.

A entrega dos uniformes será:

-Temporada de verán: do 1 ó 15 de maio.

-Temporada de inverno: do 1 ó 15 de outono.

Composición do uniforme:

-Temporada de verán: 2 pantalóns, 2 camisas de manga curta e calzado correspondente.

-Temporada de inverno: 2 pantalóns de inverno, 2 camisas de manga longa, 1 cazadora, 1 anorak de tres cuartos cada 2 anos e calzado correspondente.

Artigo 31º.-Vehículos.

Os vehículos adscritos ás rutas de provincia disporán de faros en condicións para o neboeiro.

Os vehículos deberán ser revisados con periodicidade para que estean en condicións de saír á estrada en boas condicións.

En todo o non regulado neste artigo observarase o vixente disposto na normativa da materia.

Os traballadores, antes do inicio da ruta, comprobarán que os vehículos se encontren en orde de marcha.

Artigo 32º.-Lexislación supletoria.

Todo aquilo que non fose pactado neste convenio e que afecte as relacións laborais e económicas seguirá o disposto no ET.

As partes lexitimadas recoñecen como norma de rango superior o convenio colectivo de ámbito estatal do sector de mantemento de cabinas, soportes e teléfonos de uso público, o cal se asinou en Madrid

o 24 de xuño de 1997 e se publicou no BOE nº 195 do 15 de agosto de 1997.

Adscríbense na totalidade dos seus artigos, sen prexuízo do disposto no artigo 3º do presente convenio canto a melloras e táboas salariais.

Artigo 33º.-Empresas de traballo temporal.

Soamente se poderán contratar traballadores de ETT para as seguintes cuestións e polo tempo que se determine.

1. Para cubrir un posto con dereito a reserva, polo tempo necesario.

2. Por incrementos de producción, por un máximo de 2 meses.

3. Para a selección dun posto, por un máximo de 1 mes.

Estes traballadores terán os mesmos dereitos e percepcións que os traballadores rexidos por este convenio, en tódalas cuestións.

Entregaránselle ó comité de empresa ou delegado de persoal os contratos de posta á disposición.

Non poderán ser contratados a través das ETT un máximo do 5% do cadro de persoal fixo da empresa usuaria.

ANEXO

Táboa salarial Galicia 2001

CategoríaSalario

base

Complem.

prod.

Complem.

asist.

Complem.

rep.

Complem.

trans.

Salario

mes

Pagas

extras

Salario

ano

Increm.

salario

Encargado provincial195.74216.8869.1043.07514.418239.225212.6283.508.5812,5%

Encargado de zona143.05216.8869.1043.07514.418186.535159.9382.718.2292,5%

Responsable de equipo142.54316.8869.1043.07514.418186.026159.4292.710.6032,5%

Oficial contaxe139.35416.8869.1043.07514.418182.837156.2402.662.7712,5%

Auxiliar contaxe138.40816.8869.1043.07514.418181.891155.2942.648.5802,5%

Conductor, rec., limp.139.35416.8869.1043.07514.418182.837156.2402.662.7712,5%

Limpador138.40816.8869.1043.07514.418181.891155.2942.648.5802,5%

Of. mecán. cerrall. electr.139.35416.8869.1043.07514.418182.837156.2402.662.7712,5%

Aprendiz91.76416.8869.1043.07514.418135.247108.6501.948.9142,5%

Táboa salarial Galicia 2001 en euros

CategoríaSalario

base

Complem.

prod.

Complem.

asist.

Complem.

rep.

Complem.

trans.

Salario

mes

Pagas

extras

Salario

ano

Increm.

salario

Encargado provincial1.176,43101,4954,7218,4886,651.437,771.277,9221.0872,5%

Encargado de zona859,76101,4954,7218,4886,651.121,10961,2516.336,892,5%

Responsable de equipo856,70101,4954,7218,4886,651.118,04958,1916.291,052,5%

Oficial contaxe837,53101,4954,7218,4886,651.098,87939,0216.003,582,5%

Auxiliar contaxe831,85101,4954,7218,4886,651.093,19933,3415.918,292,5%

Conductor, rec., limp.837,53101,4954,7218,4886,651.098,87939,0216.003,582,5%

Limpador831,85101,4954,7218,4886,651.093,19933,3415.918,292,5%

Of. mecán. cerrall. electr.837,53101,4954,7218,4886,651.098,87939,0216.003,582,5%

Aprendiz551,51101,4954,7218,4886,65812,8565311.713,212,5%