Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación Porriño, nos concellos de Vigo, Mos, Gondomar e O Porriño (provincia de Pontevedra), por parte de Río Narcea Gold Mines, S.A.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que Río Narcea Gold Mines, S.A., con domicilio en avda. Llaniello, 13, Salas, Asturias, presentou nesta delegación provincial, o día 6-3-2001, instancia-solicitude de permiso de investigación Porriño, de 32 cuadrículas mineiras para recursos de terras raras, sección C), que se sitúa nos termos municipais de Vigo, Mos, Gondomar e O Porriño, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2946 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 41' 20''42º 10' 00''

Vértice 28º 41' 20''42º 09' 40''

Vértice 38º 41' 40''42º 09' 40''

Vértice 48º 41' 40''42º 09' 20''

Vértice 58º 42' 00''42º 09' 20''

Vértice 68º 42' 00''42º 07' 40''

LonxitudeLatitude

Vértice 78º 41' 00''42º 07' 40''

Vértice 88º 41' 00''42º 08' 00''

Vértice 98º 40' 20''42º 08' 00''

Vértice 108º 40' 20''42º 08' 40''

Vértice 118º 40' 00''42º 08' 40''

Vértice 128º 40' 00''42º 09' 40''

Vértice 138º 40' 40''42º 09' 40''

Vértice 148º 40' 40''42º 10' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 16 de xullo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra