Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 164/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, o acordo do inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 16.1º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións, e no caso de non presentalas segundo o artigo 13.2º do dito Regulamento 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador: Secretaría 164/2001.

Denunciado: Manuel y María Celi, S.L..

DNI/CIF: 15545817-B.

Último domicilio coñecido: Cristóbal Colón, 40-42, Narón.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: 100.000 pesetas.

A Coruña, 13 de xuño de 2001.

Tomás Fernández-Montesinos

Delegado provincial en funcións da Coruña