Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (14/1999).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 22 de xuño de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e estatutos presentados pola comisión xestora do polígono F6.03, praza porticada II do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndolles que poderán solicita-la incorporación á xunta de compensación no prazo dun mes contado a partir da presente notificación mediante escrito presentado ante a propia comisión xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e no seu nome a César Pérez Maldonado como secretario dela para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Adverti-la comisión xestora de que unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e logo da declaración de firmeza que será realizada por esta Administración, deberá proceder á constitución da xunta de compensación con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispoñen dun prazo máximo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representante municipal no órgano rector da xunta o xefe de xestión no Servicio de Urbanismo, Carlos Hernández López.

Sexto.-Requiri-la comisión xestora, e no seu nome a César Pérez Maldonado para que ingrese na caixa municipal, en concepto de depósito previo correspondente a liquidación da taxa por tramitación do expediente, a cantidade de cento cincuenta mil corenta (150.040) pesetas, advertíndoo de que sen a xustificación de ter ingresada a dita cantidade non se poderá aproba-lo proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante pode

interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contados desde a desestimación presunta do recurso de reposición; isto é, a partir do mes de telo interposto.

A Coruña, 22 de xuño de 2001.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo