Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOBEIRA

ANUNCIO de licitación.

Con data do 12 de xullo do ano 2001, a Comisión de Goberno do Concello aprobou o proxecto técnico e con data 29 de agosto de 2001 prestouse aprobación ó prego de cláusulas económico-administrativas particulares para a contratación da obra rede de sumidoiros en Ermille e outros, o que se expón ó público no negociado de contratación desta corporación, polo prazo de 4 días hábiles, contados desde o día seguin

te ó da inserción deste anuncio no DOG e no BOP, para que poidan presentarse reclamacións, que serán resoltas pola Comisión de Goberno, no prazo de 2 días.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudicar, por concurso, en procedemento aberto e trámite de urxencia, o contrato, se ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

Obxecto: realización, por procedemento aberto, mediante a forma de concurso e tramitación de urxencia, da obra rede de sumidoiros en Ermille e outros, de acordo co prego de cláusulas e o seu proxecto, redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas Jesús Iglesias Iglesias e aprobado pola Comisión de Goberno, na sesión do día 12 de xullo do ano 2001.

Tipo de licitación: 14.639.500 pesetas, no que se inclúen beneficio industrial, gastos xerais, fiscais, dirección de obra e IVE.

Prazo de execución: 5 meses a partir do día seguinte ó da data de comprobación do planeamento.

Lugar onde está de manifesto o expediente: na secretaría do concello das 9 ás 14 horas, días laborais, agás sábados.

Pagamento do prezo resultante da execución con cargo á aplicación orzamentaria 44.600 do vixente orzamento.

Ese gasto foi autorizado por acordo do 29 de agosto do ano 2001.

Garantía provisoria: 292.790 pesetas, equivalente ó 2% do tipo de licitación.

Garantía definitiva: equivalente ó 4% do tipo de adxudicación.

Clasificación do contratista: non procede.

Presentación de proposicións e documentación complementaria: na secretaría do concello das 9 ás 14 horas, dentro dos 13 días naturais seguintes á inserción deste anuncio no DOG e BOP.

As proposicións presentaranse axustándose ó modelo que se establece no prego de cláusulas que rexe a contratación.

Cando as proposicións se remitan por correo, o licitador deberá xustifica-la data e hora en que efectuou o envío e comunicarllo por fax ou telegrama ó órgano de contratación dentro da data e hora establecidos como prazo de presentación. Sen a concorrencia destes requisitos non será admitida a proposición se é recibida con posterioridade ó prazo sinalado neste anuncio.

Apertura de proposicións: o acto licitatorio será público e terá lugar trala constitución da mesa de contratación, ás 13 horas do primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, agás que ese día coincida en sábado ou festivo, suposto no que a licitación terá lugar á mesma hora o primeiro día hábil posterior.

Lobeira, 30 de agosto de 2001.

Emilio Higuero Cardoso

Alcalde