Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado por resolución da alcaldía con data do 31-8-2001, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso, con procedemento aberto e trámite ordinario, para contrata-la execución das obas de humanización das rúas Loureiro e Picota, FCL/01, exponse ó público por prazo de oito días contados a partir do seguinte hábil ó da última publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Urbanismo, Vías e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación das obras comprendidas no proxecto de humanización das rúas Loureiro e Picota, FCL/01.

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 25.105.545 pesetas, equivalentes a 150.887,36 euros, á baixa.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento establecido como tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Urbanismo).

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos esepcíficos do contratista.

Clasificación: grupo G. Viais e pistas; subgrupo 6. Obras sen cualificación específica; categoría C.

Agás o disposto no artigo 25.2º da LCAP para os empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo cadrara en sábao dou inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas adminstrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Redondela.

-Domicilio: Alfonso XII, 2.

-Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mantene-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela (Pontevedra).

d) Data: ó día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase á cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 31 de agosto de 2001.

Emilio González Iglesias

Alcalde accidental