Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 10 de setembro de 2001 Páx. 12.075

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da UE II-04 Santo André de Comesaña (expediente 4205/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 15 de febreiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da UE IND. II-04 Santo André de Comesaña, presentado pola Comunidade de Bens Santo André, redactado por Fraga Arquitectos, C.B. e con visados do COAG do 10 de marzo, 28 de xuño de 11 de xullo de 2000, coas seguintes condicións suspensivas:

a) Corrixi-la instalación da tubaxe de pluviais que figura no camiño de Caramuxo e que deberá instalarse no interior do ámbito da UE conectándose nun punto bueiro que se usará como desaugadoiro, ou ben baixo a beirarrúa que se constrúa paralela á calzada tal e como se advertiu ó interesado no acordo de aprobación inicial.

b) Prestar aval de acordo co establecido no punto 3.8.1.2.i) das vixentes normas urbanísticas polo importe do 100% do orzamento de execución material das obras que ascende á cantidade de 77.045.881 pesetas.

Segundo.-Publica-lo presente acordo de aprobación definitiva do proxecto de urbanización no DOG e BOP así como notificación individual ó interesado».

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación tentada.

Vigo, 8 de marzo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo