Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36680 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. e C.T. Lagoa-campo de fútbol.
Situación: Mondariz.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 90 m de lonxitude, con conductor Al de 50 mm de sección, desde unha torreta da L.M.T. o Ceo-Vilasobroso ata o campo de fútbol de Mondariz, no concello de Mondariz. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 9 de xullo de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

