Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.499

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de setembro de 2001 pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigación e das titulacións.

Advertidos erros na Orde do 3 de setembro de 2001, pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigación e das titulacións, publicada no DOG nº 175, do luns 10 de setembro de 2001, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 12.030, columna 2ª, na liña 24, onde di: «recollido no artigo 9.2º desta orde», debe dicir: «no artigo 14 desta orde».

Na páxina 12.031, columna 1ª, na liña 18, onde di: «contempladas no artigo 22.2º», debe dicir: «recollidas no artigo 25.2º».