Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.511

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros agrónomos, lista B, de conformidade coas resolucións do 6 de xuño e 13 de xullo de 2001.

Publicadas as resolucións do 6 de xuño e 13 de xullo de 2001, relativas á publicación das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros agrónomos, lista B, e unha vez rematados os prazos previstos nas ditas resolucións, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios na correspondente sesión, unha vez elevada a oportuna proposta, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros materiais constatados, as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros agrónomos, lista B. As ditas listas están expostas da forma que a seguir se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos, con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atoparanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Os solicitantes excluídos ós que lles corresponda disporán do prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución das taxas por dereitos de inscrición, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, achegando así mesmo copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa de autoliquidación.

Quinto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública