Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 20 de setembro de 2001 Páx. 12.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da toma de coñecemento do avance do PEP do parque Quiñones de León-Castrelos (expediente 6960/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 19 de xullo de 2001, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Tomar coñecemento do documento de avance do Plan especial de protección e ordenación

do pazo Quiñones de León, os seus xardíns e parque Castrelos de Vigo, de iniciativa municipal, redactado polo estudio de arquitectura Rodríguez y Rivoira Arquitectos, así como das suxestións e observacións formuladas ó mesmo polas oficinas de Planeamento e Barrios Históricos da Xerencia, transcritas na parte expositiva deste acordo.

Segundo.-Somete-lo expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncios que se publicarán no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, a fin de que polas distintas entidades e particulares se poidan formu-las suxestións que estimen oportunas.

Terceiro.-Acorda-la suspensión do procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición, co fin de estudia-la formación do plan de acordo co disposto no artigo 34.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, nas zonas que aparecen reflectidas no plano anexo coa lenda Áreas propostas de suspensión de licencias.

Cuarto.-Remitir exemplares do avance á CPTOPV e á Delegación de Goberno en Galicia a fin de que

poidan achegar cantos documentos e informacións deban ser tidas en conta, así como á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, á Demarcación de Estradas do Estado e a Augas de Galicia, por razón da lexislación sectorial afectada.

Quinto.-Solicitar informe dos demais servicios municipais con competencias sobre o ámbito do PEP.

O prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 6 de agosto de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo