Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 25 de setembro de 2001 Páx. 12.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 3 de agosto de 2001, conxunta da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Consellería de Medio Ambiente, pola que se adxudican axudas correspondentes ó Programa de Medio Ambiente do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocadas nos anexos I, II e III da Orde do 9 de abril de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 77, do 20 de abril).

Advertidos erros na Resolución do 3 de agosto de 2001, publicada no DOG nº 164, do 24 de agosto, é necesario efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 11.349, na segunda táboa, onde di: «ANEXO I», debe dicir: «ANEXO II».

-Na páxina 11.349, na segunda táboa, para a empresa Endesa Generac, código de axuda PGIDT01MAM04E, na columna anos, onde di: «1», debe dicir: «3».

-Na páxina 11.350, na primeira táboa, para a empresa Picusa, código de axuda PGIDT01MAM09E, na columna título do proxecto, onde di: «Optimización da xestión ambiental nunha fábrica de curtidos, perda de combustible e perda de material», debe dicir: «Optimización da xestión ambiental nunha fábrica de curtidos».