Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: modificac. L.A.T. D/C sub. Mos a sub. Atios.
Situación: Mos, Ponteareas, O Porriño.
Descricións técnicas: modificación da tensión da liña existente de 132 kV nomeada L.A.T. D/C subestación Mos a subestación Atios, pasándoa a 220 kV, no tramo que vai desde o apoio nº 39 da citada liña, de 7.616 m de lonxitude, ata rematar na subestación de Atios, aproveitando o conductor que é de LA-455 e os apoios existentes e nos casos necesarios cambiando as crucetas e suplementándoos para adaptalos á nova tensión. A instalación está situada nos concellos de Mos, Ponteareas e O Porriño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 16 de xullo de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra