Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Xudán (Pontenova-Lugo) declarada de utilidade pública e urxente execución por Decreto 77/1985, do 7 de marzo, o seguinte:
Primeiro.-Con data do 6-8-2001, o director xeral de Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de con
centración parcelaria da zona de Xudán (Pontenova-Lugo), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.
Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Pontenova e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.
Terceiro.-No prazo de trinta días, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, podendo os recurrentes presentalo na Xefatura do Servicio de Estructuras Rurais (Ronda da Muralla 70), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmo ou por representación, facendo constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.
Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985.).
Lugo, 16 de agosto de 2001.
Manuel Gervasio Fernández López
Xefe do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo
Visto e prace
P.S.R.
Juan-José Cabañó Fernández
Secretario da Delegación Provincial de Lugo