Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Zeltia-cooper. Zeltia-Lourambal.
Situación: O Porriño.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 920 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio que se vai colocar en substitución do nº D20/7 da L.M.T. existente ós CC.TT. Zeltia cooper. e Welcom Biofarma, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta denominado Lourambal, rematando no C.T. existente, que se vai reformar denominado polígono Torneiros, no concello do Porriño. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. Reforma C.T. polígono Torneiros cun conxunto de celas compactas SF6. R.B.T. aérea, de 65 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. Lourambal. R.B.T. subterránea, de 145 m de lonxitude, con conductor R.V., desde o C.T. Lourambal.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 16 de xullo de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

