Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 01 de outubro de 2001 Páx. 12.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/271-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. rúa García Barbón 32.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 360 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un punto da L.M.T. TRO 713, entre os CC.TT. García Barbón II e Roupeiro, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta en García Barbón 32, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 23 de xullo de 2001.

P.D. (Resolución 20-7-2001)

Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra