Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e centro de seccionamento, parcela 192, políg. A Granxa.
Situación: O Porriño.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 52 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a galería existente ós CC.TT. 5 e 7 do polígono A Granxa, ata o centro de seccionamento que se proxecta na parcela 192, do polígono A Granxa, no Concello do Porriño. Centro de seccionamento con tres liñas de manobra exterior.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 31 de xullo de 2001.
P.D. (Resolución 20-7-2001)
Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra

