A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG do 30 de maio) publica a resolución de adxudicación dos concursos públicos.
C.P. 29/2001.
1. Obxecto: servicio de limpeza, desinfección, desinsectación, desratización, traslado de roupa e evacuación de residuos, desde o lugar de producción ós almacéns finais situados no exterior da urbanización, do Hospital Xeral e o Policlínico Cíes.
Empresa adxudicataria: Limpiezas Faro, S.L..
Orzamento estimado: 919.239.325 pesetas.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 93.2º da Lei de contratos das administracións públicas.
Vigo, 20 de agosto de 2001.
José Manuel González Álvarez
Director xerente do Complexo Hospitalario
Xeral-Cíes de Vigo

