Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 01 de outubro de 2001 Páx. 12.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO de licitación de expediente de contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vilaboa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: centro de desenvolvemento local e patio cuberto no colexio de Bértola (PAM/2001).

b) Lugar de execución: O Outeiro-Vilaboa e O Outeiro-Bértola.

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 10.699.824 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 213.996 pesetas.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilaboa.

b) Domicilio: O Toural, 1.

c) Localidade e código postal: Vilaboa, 36141.

d) Teléfono: 986 70 82 15.

e) Telefax: 986 70 83 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupos, subgrupos e categoría): non se require.

b) Outros requisitos: artigo 7.2º do prego.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG (última publicación).

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 12 do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral.

9. Apertura das ofertas.

O terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións (salvo que coincida en sábado, xa que neste caso se trasladará ó día seguinte hábil), ás 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación do concurso: cláusula 16.3º.3 do prego.

b) Exposición pública do prego de cláusulas: por oito días seguintes ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG (última publicación).

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Vilaboa, 17 de setembro de 2001.

O alcalde

Rubricado