A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que por resolución con data 8-1-2001, outorgouse a Construcciones García Justo, S.L., o permiso de investigación nomeado Chandecam nº 2892 de seis cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Nigrán e Gondomar, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:
VerticesLonxitudeLatitude
18º 46' 00''42º 09' 00''
28º 46' 00''42º 09' 40''
38º 44' 20''42º 09' 40''
VerticesLonxitudeLatitude
48º 44' 20''42º 09' 20''
58º 45' 40''42º 09' 20''
68º 45' 40''42º 09' 00''
O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.
Pontevedra, 24 de agosto de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

