Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 02 de outubro de 2001 Páx. 13.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se somete a información pública e audiencia ós interesados o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais da Illa de Cortegada (Pontevedra).

A conservación e defensa da natureza debe compatibilizarse co necesario desenvolvemento socioeconómico das poboacións que habitan no contorno dos espacios protexidos. Para conseguir harmoniza-los valores de conservación co desenvolvemento sustentable, a Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais, da flora e fauna silvestres regula, no seu título II, os plans de ordenación dos recursos naturais.

O artigo 6 da devandita lei establece que estes plans deben necesariamente ser sometidos a información pública e audiencia ós interesados.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública e audiencia ós interesados o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais da Illa de Cortegada.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural, Caza e Pesca Fluvial da Consellería de Medio Ambiente (San Lázaro, 83, Santiago de Compostela).

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra (rúa Benito Corbal, 47).

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, que comezarán a contar a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2001.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes

e Medio Ambiente Natural