a) Obra.
1.Complementario nº 2 de Edar de Santa Marta de Ortigueira (Ortigueira-A Coruña).
Clave: OH.315.485.
Orzamento: cento cincuenta e dous millóns catrocentas setenta mil catrocentas setenta e dúas pesetas (152.470.472 pesetas, equivalente a 916.365,99 euros).
Prazo de execución: 9 meses.
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e.
Fianza provisional: non se esixe.
2. Complementario nº 1 de saneamento da Guarda (A Guarda-Pontevedra).
Clave: OH.336.475.
Orzamento: douscentos noventa e nove millóns catrocentas sesenta e oito mil catrocentas corenta e sete pesetas (299.468.447 pesetas, equivalente a 1.799.841,61 euros).
Prazo de execución: 42 meses.
Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría d.
Fianza provisional: non se esixe.
3. Saneamento da zona oeste do concello de Bueu (Bueu-Pontevedra).
Clave: OH.336.474.
Orzamento: douscentos sesenta e un millóns duascentas cincuenta e unha mil unha pesetas (261.251.001 pesetas, equivalente a 1.570.150,14 euros).
Prazo de execución: 43 meses.
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.
Fianza provisional: non se esixe.
4. Depuración e redes de abastecemento en Montefurado, Conceado e Ermida (Quiroga-Lugo).
Clave: OH.227.333.
Orzamento: cincuenta e seis millóns vintecinco mil pesetas (56.025.000 pesetas, equivalente a 336.717,03 euros).
Prazo de execución: 32 meses.
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.
Fianza provisional: non se esixe.
5. Abastecemento e saneamento de Larouco (Larouco-Ourense).
Clave: OH.532.397.
Orzamento: oitenta e cinco millóns cincocentas mil pesetas (85.500.000 pesetas, equivalente a 513.865,35 euros).
Prazo de execución: 32 meses.
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.
Fianza provisional: non se esixe.
6. Rede de saneamento en Xunqueira de Abaixo e conexión ó colector marxinal (Viveiro-Lugo).
Clave: OH.327.311.
Orzamento: corenta e un millóns seiscentas oitenta e cinco mil trescentas setenta e catro pesetas (41.685.374 pesetas, equivalente a 250.534,14 euros).
Prazo de execución: 20 meses.
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.
Fianza provisional: non se esixe.
7. Captación e conducción para a ampliación do caudal do abastecemento de auga á parroquia de Meira (Moaña-Pontevedra).
Clave: OH.236.467.
Orzamento: trinta e un millóns cento nove mil cento setenta e nove pesetas (31.109.179 pesetas, equivalente a 186.969,93 euros).
Prazo de execución: 10 meses.
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.
Fianza provisional: non se esixe.
8. Canalización do río Mesoiro nos terreos afectados pola construcción do recinto feiral da Coruña (A Coruña).
Clave: OH.415.499.
Orzamento: cento noventa e tres millóns oitenta e tres mil setecentas setenta e dúas pesetas (193.083.772 pesetas, equivalente a 1.160.456,84 euros).
Prazo de execución: 6 meses.
Clasificación: grupo E, subgrupo 5, categoría e.
Fianza provisional: non se esixe.
(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).
b) Documentos de interese para os licitadores.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.
Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:
http://www.xunta.es/contratacion.
c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento da licitación, para cada unha das obras indicadas no dito punto.
As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
d) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día vintedous (22) de outubro de 2001.
f) Admisión de variantes.
Admítese a presentación dunha variante para cada unha das obras indicadas na letra a) do presente anuncio, de acordo co indicado no prego de cláusulas administrativas particulares (punto 2.1º.1. do dito prego).
g) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día seis (6) de novembro de 2001.
A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2º.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.
h) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2001.
Agustín Hernández Fdez. de Rojas
Presidente do organismo autónomo
Augas de Galicia

