1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Parque Móbil, número de expediente: 14207/240.
2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes dunha máquina retroescavadora e un rolo vibrante.
Unidades que se entregarán: véxanse condicións técnicas.
Lotes: si, dous lotes.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de entrega: 60 días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: lote 1: 11.600.000 pesetas, (69.717,40 euros); lote 2: 5.350.000 pesetas, (32.154 euros).
5. Garantía provisional: dispensada.
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.
Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.
10. Outras informacións.
11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.
Vigo, 18 de setembro de 2001.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde

