O Concello de Sarria, en conformidade co acordado pola Comisión de Goberno na sesión celebrada o 19 de setembro de 2001, convoca as seguintes licitacións:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Sarria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: as obras correspondentes ós proxectos técnicos que se indican:
Obra nº 1: reurbanización da r/ Pedro Saco.
Obra nº 2: reurbanización rúa Pedro Saco 2º tramo e rúa Formigueiros 1º tramo.
Obra nº 3: dotación de servicios rúa Miguel de Cervantes.
Obra nº 4: urbanización rúa Celso Emilio Ferreiro.
b) Prazo de execución:
Obra nº 1: tres (3) meses.
Obra nº 2: tres (3) meses.
Obra nº 3: tres (3) meses.
Obra nº 4: nove (9) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Obra nº 1: 30.000.000 de pesetas (180.303,63 euros).
Obra nº 2: 12.209.757 pesetas (72.300,30 euros).
Obra nº 3: 12.855.731 pesetas (77.264,50 euros).
Obra nº 4: 25.000.000 de pesetas (150.253,03 euros).
Nos prezos inclúese o IVE correspondente.
5. Garantías.
Provisional: 2% do prezo de licitación.
Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
6. Clasificación do contratista.
Será esixible a clasificación do contratista no grupo G, subgrupo 6 e categoría d), no caso da obra de reurbanización da rúa Pedro Saco e no grupo G, subgrupo 6 e categoría c), no caso da obra de urbanización Celso Emilio Ferreiro.
Para as outras obras non será requisito esixible.
7. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Sarria.
b) Domicilio: rúa Maior, 14.
c) Localidade e código postal: 27600 Sarria.
d) Teléfono: 982 53 50 00.
e) Fax: 982 53 09 16.
8. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación de proposicións: trece (13) días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que integrará as ofertas: a especificada nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Sarria, rúa Maior, 14; 27600 Sarria.
10. Apertura das ofertas: o terceiro día hábil seguinte ó da celebración do acto de cualificación da documentación que se celebrará, á súa vez, o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións (agás que coincidise en sábado), ás trece horas, na Casa do Concello, rúa Maior, 14.
11. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.
Sarria, 1 de outubro de 2001.
O alcalde
Rubricado

