Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.453

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 262/2001, do 20 de setembro, polo que se refunde a normativa reguladora do Rexistro Xeral de Contratistas.

O Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia creouse mediante o Decreto 199/1995, do 10 de maio, co obxecto de axiliza-la contratación administrativa, evitando a multiplicidade de documentacións análogas para presentar en cada licitación, así como facilitar ás diferentes mesas de contratación o labor de análise das documentacións presentadas.

O citado rexistro ven substituí-lo Rexistro de Contratistas de Obras, creado mediante o Decreto 352/1986, do 16 de outubro, co fin de estende-la eficacia do rexistro á totalidade dos contratos administrativos e adapta-los preceptos reguladores da súa actuación ós principios e normas contidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común

O Decreto 199/1995 modificouse mediante os Decretos 258/1995, do 5 de outubro, e 408/1996, do 31 de outubro, desenvolvéndose algúns dos seus preceptos, para posibilita-la súa execución, mediante a Orde do 23 de outubro de 1995, de desenvolvemento do Decreto 199/1995, modificada esta pola Orde de 9 de decembro de 1996.

Así mesmo, mediante a Orde do 14 de marzo de 1996, créase o ficheiro automatizado de datos de carácter persoal do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma, a través da cal se sinalan que datos contidos no rexistro teñen a cualificación de datos de carácter persoal, as cesións previstas, o órgano responsable deles e a regulación dos dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

Razóns de índole práctica aconsellan unifica-las citadas disposicións, para lograr unha maior racionalidade e seguridade no manexo da normativa, continuando así coa liña de actuación que se está a realizar na Xunta de Galicia en materia de racionalización e reforma administrativa.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día vinte de setembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

O Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, adscrito á Consellería de Industria e Comercio, ten por obxecto, como instrumento auxiliar da contratación administrativa, facilita-la concorrencia de licitadores e axiliza-la tramitación dos procedementos de contratación pública.

Artigo 2º.-Dependencia do rexistro.

O Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia creado polo Decreto 199/1995, do 10 de maio, dependerá orgánica e funcionalmente da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, que será a encargada da súa organización, mantemento e custodia.

Artigo 3º.-Obxecto da inscrición.

No rexistro poderán inscribirse todas aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que pretendan concorrer ás licitacións que convoque a Administración autonómica a través das súas consellerías, organismos, entidades e empresas, referidas a contratos de obra, xestión de servicios públicos, subministracións, consultoría e asistencia, servicios e, en xeral, calquera outro de natureza administrativa de conformidade co establecido na lexislación de contratos.

Artigo 4º.-Voluntariedade da inscrición.

A inscrición no rexistro é voluntaria, polo que non impedirá concorrer ás licitacións, achegando tódolos documentos esixidos nos pregos de cláusulas que rexan a contratación, ós contratistas non inscritos. Non obstante, a inscrición será obrigatoria para os contratistas que desexen acollerse ó réxime de fianzas globais.

Capítulo II

Procedemento de inscrición e modificación

Artigo 5º.-Procedemento da inscrición.

1. As solicitudes de inscrición no rexistro tramitaranse perante a Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, e presentaranse en modelo normalizado, que figura como anexo I, xunto coa seguinte documentación:

A) Para as solicitudes formuladas por españois:

a) Fotocopia do NIF ou CIF compulsadas.

b) Escritura de constitución ou modificación da empresa, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou no rexistro que corresponda, de non ser sociedade mercantil.

c) Para os empresarios individuais copia compulsada do documento nacional de identidade ou o que, se é o caso, o substitúa regulamentariamente.

d) Poder declarado bastante por letrado da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, así como copia compulsada do DNI ou documento que regulamentariamente o substitúa, do apoderado ou apoderados.

e) Declaración responsable outorgada ante autoridade administrativa ou notario público de non estar incurso o licitador en ningún dos supostos de prohibición para contratar previstos na normativa vixente en materia de contratación.

f) Presentación da alta e, se é o caso, do último recibo do Imposto de Actividades Económicas.

g) Certificación acreditativa de atoparse ó día no cumprimento das obrigacións tributarias coa facenda estatal nos termos previstos na normativa vixente en materia de contratación.

h) Certificación acreditativa de non ter débedas de natureza tributaria coa Comunidade Autónoma de

Galicia, expedida pola Consellería de Economía e Facenda.

i) Certificación acreditativa de atoparse ó día no cumprimento das obrigas de Seguridade Social nos termos previstos na normativa vixente en materia de contratación.

j) De se-lo caso, certificado de clasificación do contratista expedido polo órgano competente.

B) Para as solicitudes formuladas por estranxeiros:

Requirirase a mesma documentación esixida no punto anterior deste artigo e ademais:

a) Os contratistas non españois de estados membros da Unión Europea ou asinantes do acordo sobre o espacio económico europeo acreditarán a súa capacidade de obrar mediante a inscrición nos rexistros ou presentación das certificacións que se indican no anexo I do R.D. 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da Lei 13/1995, do 18 de marzo, de contratos das administracións públicas.

b) Os contratistas de estados non membros da Unión Europea e dos non asinantes do acordo sobre o espacio económico europeo acreditarán a súa capacidade de obrar mediante a presentación dos seguintes documentos:

-Certificación expedida pola respectiva representación diplomática española na que se faga constar que figuran inscritas no rexistro local, profesional, comercial ou análogo ou, no seu defecto, que actúan habitualmente no tráfico local.

-Informe da Oficina Consular ou Misión Diplomática Permanente española sobre a condición de estado signatario do acordo sobre contratación pública da organización mundial do comercio ou, no caso contrario, o informe de reciprocidade a que se refire o artigo 23.1º do Real decreto lexislativo 2/2000.

c) Tratándose de empresas contratistas de obras será necesario, ademais, que acrediten ter aberta sucursal en España, con designación de apoderados ou representantes e inscritas no Rexistro Mercantil.

d) Declaración solemne de sometemento á xurisdicción dos xulgados e tribunais españois de calquera orde para a resolución de calquera incidencia que puidera xurdir na formalización e execución dos contratos.

e) Os contratistas estranxeiros presentarán os documentos que deban achegar traducidos de forma oficial para os idiomas galego ou castelán.

2. Tódolos documentos ós que se refire este artigo presentaranse en orixinal ou mediante copias que teñan o carácter de auténticas.

Artigo 6º.-Resolución das solicitudes.

1. A Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, unha vez recibida a solicitude, coa documentación requirida no artigo anterior, e logo da cualificación desta pola Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, adoptará a resolución que corresponda para a inscrición solicitada. O prazo para a resolución das solicitudes será de tres meses.

2. Acordada a inscrición no rexistro asignaráselle ó contratista o número rexistral correspondente, con notificación ó interesado.

Artigo 7º.-Modificación respecto ós documentos e datos rexistrais e declaración expresa das acreditacións rexistrais.

1. Os contratistas inscritos estarán obrigados a poñer inmediatamente en coñecemento do rexistro calquera alteración que se produza respecto dos documentos e datos rexistrados, e en particular:

a) Toda alteración de carácter substancial, especialmente as que se refiren ó obxecto social ou á personalidade xurídica do empresario e que afecte ó réxime da contratación.

b) As modificacións que afecten á representación conferida ou á personalidade do contratista.

c) A inclusión en calquera das causas de prohibición para contratar coa Administración establecidas pola lexislación vixente.

d) As modificacións que se produzan en relación coa clasificación da empresa.

2. Independentemente do anterior, estarán obrigados a formular anualmente, declaración expresa responsable, relativa á vixencia sen contradicción, das circunstancias referidas. O incumprimento desta obriga, logo de apercibimento que para tal efecto lle dirixa o rexistro, suporá a suspensión provisional dos efectos da inscrición ata a súa reparación, e por un prazo máximo de 6 meses; transcorrido este sen recibi-la referida declaración, procederase á anulación definitiva da inscrición rexistral.

Artigo 8º.-Procedemento de modificación da inscrición.

1. A solicitude de modificación será presentada no modelo normalizado que figura como anexo II, xunto cos documentos acreditativos da modificación pretendida. O procedemento de modificación, seguirá os trámites establecidos no artigo 7.1º deste decreto.

2. Mentres non se produza a incorporación ó rexistro da modificación solicitada, o contratista estará obrigado a achegar nas licitacións ás que concorra a documentación acreditativa dos extremos ós que aquela se refira.

Artigo 9º.-Efectos da notificación da inscrición ou modificación rexistral.

1. Producida e notificada ó interesado a inscrición ou modificación, o contratista quedará exonerado de achegar, nas diferentes licitacións nas que concorra, a documentación que se atope vixente no rexistro, o derradeiro día de presentación das solicitudes.

2. Para tal efecto, e para cada licitación, en concreto, o secretario da mesa de contratación solicitará, antes da constitución das mesas de contratación, a través dos encargados dos rexistros xerais das consellerías, das súas delegacións ou das direccións provinciais, a expedición de certificacións relativas ós contratistas concorrentes.

Os efectos da certificación referiranse á data de remate do prazo de presentación de proposicións.

A dita certificación producirá plenos efectos perante a mesa, sen que sexa esixible que o licitador a achegue.

3. Os certificados de encontrarse ó día das obrigas tributarias das facendas estatal e autonómica así como o de Seguridade Social terán unha vixencia de seis

meses desde a data da súa expedición; por todo isto, os contratistas inscritos deberán renovalos ó vencemento do prazo. De non facelo, o rexistro non acreditará tales puntos.

4. O anteriormente previsto será de aplicación ós documentos xustificativos do pagamento do imposto de actividades económicas, a excepción do prazo de vixencia, que será dun ano.

Artigo 10º.-Documentación complementaria.

En calquera momento, previo ou posterior á inscrición, poderá requirírselle ó contratista a achega de calquera documento complementario ou aclaratorio que se coide necesario para a comprobación da exactitude e certeza dos datos presentados.

Artigo 11º.-Certificación acreditativa de representación.

Por instancia das empresas inscritas, o Rexistro de Contratistas, a través do sistema xeral de procedementos administrativos da Xunta de Galicia, expedirá certificacións acreditativas da representación destas para efectos da cancelación de garantías ou outros actos que así o requiran en materia de contratación administrativa.

Artigo 12º.-Suspensión ou anulación definitiva da inscrición.

A Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, logo da formación do expediente administrativo con trámite de audiencia ó interesado, poderá acorda-la suspensión temporal ou, se é o caso, a anulación definitiva da inscrición dos contratistas dos que non conste poder vixente declarado bastante pola Asesoría Xurídica Xeral, nos que consten datos ou documentos rexistrais incursos en falsidade ou inexactitudes relevantes, que non realizasen as comunicacións ou declaracións a que veñan obrigados de conformidade co establecido neste decreto, sen prexuízo do efecto automático da suspensión a que se refire o artigo 7º deste decreto.

Todo isto sen prexuízo da súa posible inhabilitación para contratar coa Administración, cando proceda legalmente, así como das responsabilidades en que puidese incorrer fronte á Administración polos danos e perdas causados por tal motivo.

Así mesmo, os acordos adoptados sobre a prohibición de contratar darán lugar á anulación definitiva da inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas.

Capítulo III

O ficheiro automatizado de datos

de carácter persoal

Artigo 13º.-Natureza.

O ficheiro automatizado do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma constitúe unha base de datos das persoas físicas e xurídicas que voluntariamente acceden a el a través da presentación da súa solicitude no modelo normalizado publicado no anexo I deste decreto. Cos datos que constan no ficheiro, o Rexistro Xeral de Contratistas emitirá as certificacións de inscrición que exonerarán os licitadores da presentación da documentación especificada no artigo 5º deste decreto.

Artigo 14º.-Datos públicos.

Os datos do rexistro será públicos nos termos establecidos na lei e poderán ser consultados polos órganos

de contratación da Comunidade Autónoma, así como polas unidades administrativas ou os particulares que acrediten un interese lexítimo e directo para o efecto.

Artigo 15º.-Datos incluídos no ficheiro.

Os datos de carácter persoal incluídos no ficheiro son os relativos a:

-Documento nacional de identidade ou código de identificación fiscal.

-Nome e apelidos ou razón social.

-Enderezo.

-Teléfono.

-Escritura de constitución ou modificación.

-Obxecto social.

-Cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social.

-Clasificación do contratista.

Artigo 16º.-Cesión de datos

Os datos de carácter persoal do ficheiro unicamente poderán cederse a órganos de contratación das administracións públicas do ámbito territorial da Comunidade Autónoma nos termos que establezan os convenios que, para tal efecto, se subscriban, e sempre dentro das funcións que ten encomendadas o Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma.

Artigo 17º.-Órgano responsable do ficheiro.

O órgano responsable do ficheiro será a Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio por ser quen exerce a organización e dirección do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma.

Artigo 18º.-Dereitos de acceso, rectificación e cancelación.

Os dereitos de acceso, rectificación e cancelación exerceranse ante o Servicio do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma.

Se os datos notificados ou cancelados foran cedidos previamente, o responsable do ficheiro deberá notificar ó cesionario a rectificación ou cancelación efectuada.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto neste decreto e, en particular, o Decreto 199/1995, do 10 de maio, pola que se crea o Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polos decretos 258/1995, do 5 de outubro e 408/1996, do 31 de outubro; a Orde do 23 de outubro de 1995 pola que se desenvolve o Decreto 199/1995, do 10 de maio, modificada pola Orde do 9 decembro de 1996; así como a Orde do 14 de marzo de 1996 pola que se crea o ficheiro automatizado de datos de carácter persoal do Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción do artigo 1º desta.

Santiago de Compostela, vinte de setembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRI-LA SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

PARA ESPAÑOIS NO REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS

(1b) Só para cubrir por empresas. Indicarase o tipo de empresa, S.A., S.L., sociedade en comandita.

(2b) NIF para presentar por persoas físicas, CIF por persoas xurídicas.

(3b) Só para presentar por empresas. Escritura de constitución ou modificación debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou no rexistro que corresponda, de non ser sociedade mercantil.

(4b) Só para presentar por empresas.

(5b) DNI, pasaporte ou, se é o caso, tarxeta identificativa de estranxeiros.

(6b) Testemuño xudicial, certificación administrativa ou declaración responsable outorgada ante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado (segundo artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2000).

(7b) Unha vez inscrito deberá presentar anualmente o recibo de pagamento.

(8b) Certificados con vixencia semestral. O contratista unha vez inscrito deberá presentalos coa dita periodicidade, no caso contrario terá que facelo ante cada mesa de contratación.

(9b) Só para presentar por empresas. Certificación do Ministerio de Economía e Facenda, coa clasificación do contratista, se é o caso, provisional ou definitiva, expedida pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Ministerio de Economía e Facenda. (Non obrigatorio).

(10b) No caso de persoal suxeito á Lei 53/1984, do 26 de decembro.

(11b) Indique o idioma no que desexa recibi-las cartas de aviso ou comunicacións.

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRI-LA SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

PARA ESTRANXEIROS NO REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS

(1a) Só para cubrir por empresas. Indicarase o tipo de empresa, S.A., S.L., sociedade en comandita.

(2a) NIF para presentar por persoas físicas, CIF por persoas xurídicas.

(3a) Só para presentar por empresas. Escritura de constitución ou modificación debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou no rexistro que corresponda, de non ser sociedade mercantil.

(4a) Só para presentar por empresas.

(5a) DNI, pasaporte ou, se é o caso, tarxeta identificativa de estranxeiros.

(6a) Testemuño xudicial, certificación administrativa ou declaración responsable outorgada ante unha

autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado (segundo artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2000).

(7a) Unha vez inscrito deberá presentar anualmente o recibo de pagamento.

(8a) Certificados con vixencia semestral. O contratista unha vez inscrito deberá presentalos coa dita periodicidade, no caso contrario terá que facelo ante cada mesa de contratación.

(9a) Só para presentar por empresas. Certificación do Ministerio de Economía e Facenda, coa clasificación do contratista, se é o caso, provisional ou definitiva, expedida pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Ministerio de Economía e Facenda. (Non obrigatorio).

(10a) Só para contratistas non españois de estados membros da UE ou signatarios do acordo sobre o espacio económico europeo.

(11a) Só para empresas de estados non membros da UE e das non asinantes do acordo sobre o espacio económico europeo, expedida pola representación diplomática española.

(12a) Só para empresas de obras de estados non membros da UE e non signatarios do acordo sobre o espacio económico europeo.

(13a) Indique o idioma no que desexa recibi-las cartas de aviso ou comunicacións.

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRI-LA SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN

PARA ESPAÑOIS NO REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS

(1c) Só para cubrir por empresas. Indicarase o tipo de empresa, S.A., S.L., sociedade en comandita.

(2c) NIF para presentar por persoas físicas, CIF por persoas xurídicas.

(3c) Só para presentar por empresas. Escritura de constitución ou modificación debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou no rexistro que corresponda, de non ser sociedade mercantil.

(4c) Só para presentar por empresas.

(5c) DNI, pasaporte ou, se é o caso, tarxeta identificativa de estranxeiros.

(6c) Testemuño xudicial, certificación administrativa ou declaración responsable outorgada ante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado (segundo artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2000).

(7c) Unha vez inscrito deberá presentar anualmente o recibo de pagamento.

(8c) Certificados con vixencia semestral. O contratista unha vez inscrito deberá presentalos coa dita periodicidade, no caso contrario terá que facelo ante cada mesa de contratación.

(9c) Só para presentar por empresas. Certificación do Ministerio de Economía e Facenda, coa clasificación do contratista, se é o caso, provisional ou definitiva, expedida pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Ministerio de Economía e Facenda. (Non obrigatorio).

(10c) No caso de persoal suxeito á Lei 53/1984, do 26 de decembro.

(11c) Indique o idioma no que desexa recibi-las cartas de aviso ou comunicacións.

(12c) Achegar só os documentos que afecten á modificación.

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRI-LA SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN

PARA EXTRANXEIROS NO REXISTRO XERAL DE CONTRATISTAS

(1d) Só para cubrir por empresas. Indicarase o tipo de empresa, S.A., S.L., sociedade en comandita.

(2d) NIF para presentar por persoas físicas, CIF por persoas xurídicas.

(3d) Só para presentar por empresas. Escritura de constitución ou modificación debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ou no rexistro que corresponda, de non ser sociedade mercantil.

(4d) Só para presentar por empresas.

(5d) DNI, pasaporte ou, se é o caso, tarxeta identificativa de estranxeiros.

(6d) Testemuño xudicial, certificación administrativa ou declaración responsable outorgada ante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado (segundo artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2000).

(7d) Unha vez inscrito deberá presentar anualmente o recibo de pagamento.

(8d) Certificados con vixencia semestral. O contratista unha vez inscrito deberá presentalos coa dita periodicidade, no caso contrario terá que facelo ante cada mesa de contratación.

(9d) Só para presentar por empresas. Certificación do Ministerio de Economía e Facenda, coa clasificación do contratista, se é o caso, provisional ou definitiva, expedida pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Ministerio de Economía e Facenda. (Non obrigatorio).

(10d) Só para contratistas non españois de estados membros da UE ou signatarios do acordo sobre o espacio económico europeo.

(11d) Só para empresas de estados non membros da UE e das non asinantes do acordo sobre o espacio económico europeo, expedida pola representación diplomática española.

(12d) Só para empresas de obras de estados non membros da UE e non signatarios do acordo sobre o espacio económico europeo.

(13d) Indique o idioma no que desexa recibi-las cartas de aviso ou comunicacións.

(14d) Presentar só os documentos que afecten á modificación.