Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.468

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, pola que se convocan once cursos de aplicador/manipulador de praguicidas de usos fitosanitario e gandeiro para agricultores.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociales, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia celebrar.

A finalidade principal destes cursos é conseguir unha formación adecuada para os agricultores que realicen tratamentos na súa propia explotación, sen empregar persoal auxiliar, con productos fitosanitarios ou de uso gandeiro, de categorías toxicolóxicas nociva ou tóxica, co obxecto de que poidan obte-lo carné de manipulador para eses productos, de nivel básico, que os capacite para exerce-la dita actividade a nivel autonómico e estatal.

En consecuencia, anúnciase a convocatoria de 11 cursos de aplicador/manipulador de praguicidas que terán lugar de acordo coas seguintes bases:

1. Clase de cursos que se van impartir.

Cursos de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios de uso gandeiro. Nivel básico.

2. Datos dos organismos organizadores.

Os organismos organizadores serán: o Servicio de Sanidade Vexetal da Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Vexetal, en colaboración coa Subdirección Xeral de Extensión e Capacitación Agraria.

3. Obxectivos dos cursos.

Que os agricultores que produzan alimentos para consumo propio ou para a venda efectúen correctamente os tratamentos con praguicidas para poder garantir así que se gardan os prazos de seguridade obrigatorios para cada praguicida e se cumpren coas esixencias legais en vigor en canto a límites de residuos.

Que o aplicador utilice o equipo de protección adecuado para evita-los posibles danos á súa saúde e á doutras persoas.

Que o agricultor coñeza os primeiros auxilios que se deben prestar en caso de que se produza unha intoxicación con praguicidas.

Que as técnicas de aplicación dos praguicidas se realicen de forma que se impida a posible contaminación do ambiente.

4. Destinatarios.

a) Destinatarios: agricultores que realicen tratamentos na Comunidade Autónoma de Galicia con productos fitosanitarios ou de uso gandeiro.

b) Nº de prazas: o número de alumnos que poderá participar por curso será de 30 como máximo.

Criterios de selección: o solicitante deberá ter alomenos 18 anos.

Na selección terán prioridade os agricultores que participaran nos cursos convocados pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, ó abeiro do Decreto 24/2000, do 29 de setembro (DOG do 19 de outubro), nos que, á parte das ensinanzas propias do curso, se impartirá o programa que figura no anexo II desta resolución, recollido na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xullo de 1997, mencionada anteriormente, co obxectivo de que o alumno adquira a formación necesaria para poder obte-lo carné de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios e de uso gandeiro de nivel básico.

5. Realización.

Os lugares e datas de realización dos once cursos son os que figuran como anexo III desta resolución.

Duración e horario:

-Duración de cada curso: 21 horas lectivas distribuídas en 13 horas de clases teóricas e 8 de clases prácticas.

O horario de cada curso será das 15 ás 19 horas de luns a xoves e das 9 ás 14 horas do venres.

Os coordinadores de cada curso poderán modifica-lo horario ou ben os días se fose necesario.

6. Programa.

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo II.

7. Coordinación técnica do curso.

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da Orde do 30 de xullo de 1997, a coordinación do curso realizarana conxuntamente o persoal técnico do Servicio de Sanidade Vexetal da Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Vexetal e o da Subdirección Xeral de Extensión e Capacitación Agraria.

8. Solicitudes e inscrición.

a) Documentación: o persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a solicitude que figura como anexo I xunto cunha fotocopia compulsada do DNI e, se é o caso, certificación do Servicio de Extensión e Capacitación Agraria da provincia na que se vaia realiza-lo curso de que o alumno participou nalgún curso dos programados pola Subdirección de Extensión e Capacitación Agraria para a incorporación de agricultores á empresa agraria, de modernización de explotacións ou de actualización e perfeccionamento profesional de acordo co recollido no Decreto 247/2000.

A documentación sinalada anteriormente presentarase nos rexistros xerais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria das 9 ás 14 horas, ou en cualquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de instancias será de 5 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución.

b) Admisión: a relación de solicitantes admitidos exporase no taboleiro de anuncios do organismo convocante, no prazo de 2 días naturais, contados a partir do seguinte ó de finalización do prazo sinalado para a inscrición.

9. Certificado de superación do curso.

Para obte-lo certificado de superación do curso, o alumno debe asistir a tódalas sesións e ter superadas as probas pertinentes que avalen os coñecementos adquiridos. Unha vez obtido dito certificado poderase solicitar á Dirección Xeral de Producción Agropecuaria o carné de manipulador de productos fitosanitarios e de uso gandeiro de nivel básico, que é o único documento válido para poder exerce-la actividade e para os efectos de inspección por parte dos organismos oficiais correspondentes.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2001.

Manuel Díaz Cano

Director xeral de Producción Agropecuaria

ANEXO II

Programa do curso para os productos fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel básico

1. Praguicidas: descrición e xeneralidades.

2. Riscos derivados da utilización dos praguicidas.

3. Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicacións.

4. Práctica da protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde; primeiros auxilios en caso de intoxicación.

5. Medidas preventivas e protectoras para evita-lo risco de uso de praguicidas.

6. Boa práctica fitosanitaria. Protección do ambiente e normas legais.

7. Exercicios prácticos.

8. Proba de avaliación.

Mínimo de horas lectivas: 21.

ANEXO III

Cursos de aplicador/manipulador de praguicidas fitosanitarios e de uso gandeiro. Nivel básico

ProvinciaLugaresData de realización

A CoruñaOrdes25-31 de outubro

A CoruñaCoristanco5-9 de novembro

A CoruñaSobrado8-12 de novembro

A CoruñaNegreira22-28 de novembro

A CoruñaGuísamo26-30 de novembro

A CoruñaDumbría19-23 de novembro

A CoruñaCoristanco12-16 de novembro

OurenseO Barco de Valdeorras22-26 de outubro

OurenseBande26-30 de novembro

OurenseVerín12-16 de novembro

OurenseRibadavia12-16 de novembro