Visto o texto do convenio colectivo da empresa Faurecia Sistemas de Escape España, S.A., con nº de código 3601162, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-7-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa e da parte social polo comité de empresa, con data do 21-6-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio,
sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 30 de xullo de 2001.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
Convenio colectivo
I. Disposicións xerais
Artigo 1º.-Ámbito funcional, territorial e persoal.
Este convenio será aplicable ó persoal do centro de traballo da empresa Faurecia Sistemas de Escape España, S.A., situada en r/ Camiño Caramuxo, nº 33, Vigo (Pontevedra). Afectará a tódolos productores que se atopen prestando servicios na empresa, así como a todo aquel que ingrese durante a súa vixencia ou prórroga.
Artigo 2º.-Duración e denuncia.
1. A duración deste convenio será de tres anos a partir do 1 de xaneiro de 2001, independentemente da data da súa sinatura e da súa publicación no BOP.
2. A denuncia pola que se propón a revisión deste convenio, por calquera das partes, deberá realizarse cunha antelación mínima de tres meses respecto á data de terminación da súa vixencia e cos requisitos establecidos no artigo 85.2º c) da Lei 8/1980, do 10 de marzo.
Artigo 3º.-Revisións salariais.
1. Ano 2001: establécese un incremento salarial, con efectos desde o 1-1-2001, do 3%. Xúntanse como anexos as táboas salariais correspondentes ó ano 2001.
Se o 31 de decembro de 2001 se constata que o IPC final do dito ano superou o 3%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra. Esta cantidade aplicarase con carácter retroactivo aboándose a diferencia con efectos desde o primeiro mes no que o IPC acumulado desde xaneiro de 2001 superase o 3%.
Tal incremento servirá como base de cálculo para as táboas salariais de 2002.
2. Ano 2002: establécese un incremento salarial, con efectos desde o 1-1-2002, do IPC previsto + 0,75.
Se o 31 de decembro de 2002 -unha vez concluído o exercicio- se constata que o IPC final do dito ano superou o IPC previsto polo Goberno para o dito ano, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra + 0,75 (IPC real + 0,75). Esta cantidade aplicarase con carácter retroactivo, aboándose a diferencia con efectos desde o primeiro mes no que o IPC acumulado desde xaneiro de 2002 superase o IPC previsto polo Goberno. Tal incremento servirá como base de cálculo para as táboas salariais do ano seguinte.
3. Ano 2003: establécese un incremento salarial, con efectos desde o 1-1-2003, do IPC previsto + 0,75.
Se a 31 de decembro de 2003 -unha vez concluído o exercicio- se constata que o IPC final do dito ano superou o IPC previsto polo Goberno para o dito ano, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a indicada cifra + 0,75 (IPC real + 0,75). Esta cantidade aplicarase con carácter retroactivo, aboándose a diferencia con efectos desde o primeiro mes no que o IPC acumulado desde xaneiro de 2003 superase o IPC previsto polo Goberno. Tal incremento servirá como base de cálculo para as táboas salariais do ano seguinte.
Artigo 4º.-Compensación e absorción.
As condicións pactadas son compensables e absorbibles en cómputo anual coas que rexeron anteriormente ó actual convenio, ou por imperativo legal, usos e costumes locais ou por calquera causa.
Artigo 5º.-Garantías individuais.
Respectaranse o total dos ingresos individuais percibidos con anterioridade ó convenio, sen que as normas deste poidan implicar mingua deles. Tal garantía será de carácter exclusivamente persoal, sen que poida verse vinculada a postos de traballo, categorías profesionais ou outras circunstancias análogas.
Artigo 6º.-Indivisibilidade.
O convenio é un todo orgánico, indivisible, polo que se entenderá nulo e sen efecto de ningún tipo, no suposto de que non fose aprobado na súa integridade.
Artigo 7º.-Organización do traballo.
A organización do traballo é facultade da empresa, logo de audiencia e informe ós representantes dos traballadores, e, en consecuencia, sinálanse, entre outros, os seguintes:
a) Adxudicación do número de postos de traballo a cada traballador, procurando que estes non excedan en ningún caso de máis de catro.
b) Mobilidade e cambio de persoal que, de acordo coas necesidades da organización e da producción, regulamentariamente proceda e sempre de acordo coa capacidade do traballador.
II. Xornada, vacacións e licencias
Artigo 8º.-Xornada de trabalo.
1. Para o ano 2001 a xornada de traballo será de 1.743 horas anuais de traballo efectivo.
2. Para o ano 2002 a xornada de traballo será de 1.735 horas anuais de traballo efectivo.
3. Para o ano 2003 a xornada de traballo será de 1.727 horas anuais de traballo efectivo.
Artigo 9º.-Vacacións.
1. Establécense para todo o persoal incluído neste convenio 30 días naturais de vacacións, ou a súa parte proporcional se non leva un ano de traballo ó servicio da empresa.
2. O desfrute das vacacións establecerase co obxecto de cubri-las necesidades dos nosos clientes e logo de consulta co comité de empresa, e incluíndo os días 24 e 31 de decembro, salvo que estes dous días coincidisen en sábado ou domingo; neste caso, negociarase co comité de empresa o desfrute dos indicados días no calendario laboral anual correspondente.
3. A data de desfrute das vacacións será notificada con dous meses de antelación como mínimo.
Única e exclusivamente o persoal que se encontre en situación de IT derivada de accidente de traballo durante o período de desfrute das vacacións terá dereito a que a empresa lle sinale -sen a antelación mínima antes indicada- outra data para o desfrute delas, sempre que cause alta da referida IT antes de concluí-lo ano natural.
4. Os días de vacacións aboaranse antes de as empezar e cos seguintes conceptos retributivos: salario convenio mínimo, gastos de locomoción, antigüidade e a media percibida do incentivo de producción (con tope 100 puntos) obtido nos tres meses anteriores.
Como excepción ó anterior, respecto a aqueles traballadores que, nos tres meses anteriores á data de desfrute das vacacións, estiveran en situación de IT por calquera continxencia, e sempre que a alta teña lugar antes do inicio do seu desfrute, a retribución por incentivo de producción correspondente ás vacacións será, en lugar da respectiva media percibida por este concepto nos tres meses anteriores ó inicio delas, a media obtida nos tres últimos períodos de incentivo traballados polo interesado.
Artigo 10º.-Licencias.
1. O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:
a) Parto de esposa: 3 días laborables.
b) En caso de falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe ou de parentes ata 2º grao de consanguinidade (fillos, netos, irmáns, pais e avós do que solicita a licencia: 3 días naturais, que se incrementarán en 4 días naturais nos supostos de falecemento do cónxuxe e fillos do que solicita a licencia e en 2 días naturais en caso de pais.
c) En caso de falecemento ou enfermidade grave de parente ata o 2º grao de afinidade (pais, irmáns e avós políticos do que solicita a licencia): 2 días naturais.
d) Nos supostos previstos nas letras b) e c) deste artigo, cando o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, o permiso incrementarase en 2 días naturais.
e) Por matrimonio: 15 días naturais.
f) En caso de matrimonio de fillos e irmáns: 1 día natural.
g) Para o caso de traslado de domicilio habitual: 1 día laborable.
h) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, seguirase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.
i) Para asistencia a consulta médica: ata 16 horas ó ano.
j) En caso de falecemento de fillos políticos: 2 días naturais e para o caso de tíos consanguíneos e políticos 1 día natural.
2. Nas demais licencias non previstas neste artigo seguirase o disposto no Estatuto dos traballadores.
3. O inicio do cómputo dos días de permiso efectuarase desde o momento do feito causante, excepto nos casos nos que iniciada a xornada se completase alomenos o cincuenta por cento dela, suposto en que se computará desde o día seguinte; aínda que o interesado, logo de acordo co Departamento de Recursos Humanos, poderá varia-la data de uso dos días de permiso ou licencias que lle correspondan conforme o nº 1 deste artigo.
4. O anteriormente exposto neste artigo, excepto a letra e), será de aplicación para as parellas de feito fidedignamente acreditadas e inscritas no rexistro público correspondente.
III. Condicións económicas
Artigo 11º.-Salario convenio mínimo.
1. Denomínase e considérase salario convenio mínimo, para tódolos efectos deste convenio, o importe sinalado -en cómputo anual e para cada categoría profesional- na primeira columna da táboa anexa deste convenio e o seu devengo correspóndese coa realización da totalidade da xornada anual efectiva.
2. O importe establecido como salario convenio mínimo inclúe, ademais do salario base e do complemento convenio, a correspondente cantidade expresamente compesatoria de todo complemento salarial pola concorrencia no posto de traballo de circunstancias ou condicións de penosidade, toxicidade e/ou perigosidade.
3. O importe anual do salario convenio mínimo liquidarase distribuído en 14 pagas iguais ó ano (as 12 mensualidades e as 2 pagas extras), con independencia do número de días naturais que teña o mes.
4. Os descontos correspondentes ó tempo das incidencias non retribuídas efectuaranse nos termos previdos na acta do 7-7-1993 e, en tal sentido, aplicarase a seguinte fórmula e consideracións:
Fórmula:
(Salario ano/14) x 11
= ptas./hora desconto
Xornada anual
Consideracións:
-Repercuti-la incidencia no mes seguinte no que se produza.
-Repercuti-la incidencia en pagas extraordinarias.
-Non repercutir en vacacións cando a incidencia sexa debida a IT.
-Repercutir en vacacións se a incidencia é debida a causas distintas á IT e supera 160 horas ó ano.
Artigo 12º.-Antigüidade.
1. O complemento salarial de antigüidade por anos de servicios, consistente no aboamento de quinquenio, fíxase -en cómputo anual e para cada categoría profesional- na contía que figura na segunda columna da táboa anexa do convenio.
2. O importe anual de antigüidade liquidarase distribuído en 14 pagas iguais ó ano (as 12 mensualidades e as 2 pagas extras), con independencia do número de días naturais que teña o mes.
3. Os descontos correspondentes ó tempo das incidencias non retribuídas efectuaranse nos termos previdos na acta do 7-7-1993 e, en tal sentido, aplicarase a seguinte fórmula e consideracións:
Fórmula:
(Antigüidade ano/14) x 11
= ptas./hora desconto
Xornada anual
Consideracións:
-Repercuti-la incidencia no mes seguinte a aquel en que se produza.
-Repercuti-la incidencia en pagas extraordinarias.
-Non repercutir en vacacións cando a incidencia sexa debida a IT.
-Repercutir en vacacións se a incidencia é debida a causas distintas á IT e supera 160 horas ó ano.
4. A data inicial para o cómputo da antigüidade do persoal será a de ingreso na empresa
5. Os aumentos periódicos por anos de servicio comezarán a devengarse a partir do 1 de xaneiro do ano en que se cumpra cada quinquenio, se a data de vencemento é anterior ó 30 de xuño e desde o 1 de xaneiro do ano seguinte, se é posterior.
Artigo 13º.-Complemento de nocturnidade.
1. Durante o ano 2001, o persoal que preste os seus servicios entre as dez horas da noite e as seis horas da mañá, calquera que sexa a súa categoría profesional, percibirá en concepto de complemento de nocturnidade a cantidade de 190 pesetas (1,14 euros), por hora efectiva traballada no referido horario nocturno.
2. Nos anos 2002 e 2003 ó importe do complemento de nocturnidade aplicaráselle o incremento prevido no artigo 3º deste convenio colectivo, respectivamente, para os ditos anos.
Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.
1. As gratificacións extraordinarias de verán e Nadal consistirán -cada unha- en 1/14 do salario convenio mínimo máis 1/14 da antigüidade (a quen corresponda), que figura nas respectivas columnas na táboa anexa deste convenio, e na media dos 3 últimos meses obtidos en concepto de incentivo de producción (con tope 100 puntos).
2. O cálculo do devengo das indicadas gratificacións efectuarase semestralmente (paga de verán: do 1 de decembro ó 31 de maio e paga de Nadal: do 1 de xuño ó 30 de novembro).
3. As indicadas gratificacións extraordinarias serán aboadas entre os días 15 e 20 dos respectivos meses de xullo e decembro.
Artigo 15º.-Incentivos de producción.
-Prima de producción da MOD.
1.1. Cambios na denominación dos conceptos (ano 1998).
Para adapta-lo noso sistema ó do grupo no que estamos integrados, o que ata agora se denominaba rendemento 1,33 pasa a denominarse rendemento 100. En consecuencia, o rendemento mínimo esixible, que se coñecía como 1,25, pasa a denominarse rendemento 94.
O número de pezas/hora que hai que producir non varía con este cambio.
1.2. Táboa de equivalencias.
Empregando os valores ata agora utilizados, quedará da seguinte forma:
actual (1998)
Sen revisar nova
denominación pesetas
Rendemento denominación
Rendemento
Prima
100 75,1 0
101 75,9 1.006
102 76,6 2.012
103 77,4 3.018
104 78,1 4.024
105 78,9 5.030
106 79,6 6.036
107 80,4 7.042
108 81,1 8.048
109 81,9 9.054
110 82,6 10.060
111 83,4 11.147
112 84,1 12.234
113 84,9 13.321
114 85,6 14.408
115 86,4 15.495
116 87,1 16.582
117 87,9 17.669
118 88,6 18.756
119 89,4 19.843
120 90,2 20.930
121 91,0 22.071
122 91,7 23.212
123 92,5 24.353
124 93,2 25.494
125 94,0 26.635
126 94,7 27.776
127 95,5 28.917
128 96,2 30.058
129 97,0 31.199
130 97,7 32.340
131 98,5 33.481
132 99,2 34.622
133 100,0 35.763
134 100,8 36.904
135 101,5 38.045
136 102,3 39.186
137 103,0 40.327
138 103,8 41.468
139 104,5 42.609
140 105,3 43.750
1.3. Novo sistema de cálculo da prima de producción.
A prima de producción deberá ser pagada en función da producción boa obtida, é dicir, aquela que podemos entregar e facturar ós nosos clientes.
De acordo con isto, establécese unha fórmula que favoreza a obtención da dita producción vendible e que ten como principios os seguintes:
-Paga-las horas empregadas en producir en función do rendemento obtido.
-Paga-las horas perdidas (non dedicadas a obter producción boa) a un rendemento mínimo, no noso caso o 90 (coa denominación anterior de 1,20).
Para compensa-lo disposto no parágrafo anterior, increméntase o valor do punto de prima no 1,5%.
1.4. Eliminación do tope superior.
Establécese rompe-la limitación actual de rendemento máximo 100 (133 en denominación anterior) a rendemento 105, co que o incremento do índice da prima podería aumentar na mesma proporción para a MOD.
Índice rendemento Prima mensual ptas. ano 1998
75 0
76 1.350
77 2.700
78 4.050
79 5.400
80 6.750
81 8.100
82 9.450
83 10.800
84 12.250
85 13.700
86 15.150
87 16.600
88 18.050
89 19.500
90 20.950
91 22.400
92 23.945
93 25.490
94 27.035
95 28.580
96 30.125
97 31.670
98 33.215
99 34.760
100 36.305
101 37.850
102 39.395
103 40.940
104 42.485
105 44.030
2. Prima de producción da MOI.
Empregarase o mesmo sistema que para o cálculo da prima da MOD coa única diferencia de que o índice de rendemento máximo que hai que pagar será o 100.
3. Réxime de funcionamento.
O sistema de incentivos rexerá a medida en que exista carga de traballo e a empresa sinalará, en cada momento, os topes da producción xeral que haxa que realizar.
A dirección da empresa procurará proporciona-la suficiente carga de traballo para todo o cadro de persoal, de tal forma que nun futuro se alcance polo menos a correspondente ó 94 de actividade sobre 100, calculándose esta polos vales de producto terminado (compensándose, se é o caso, coa obra en curso), dos cales entregará un exemplar ó comité de empresa diariamente. Para o caso de que a empresa lograse tal carga de traballo, tódolos traballadores se comprometen formalmente a corresponder no futuro con tal compromiso, garantindo como rendemento mínimo o de 94 puntos centesimais, sempre e cando exista carga de traballo e as condicións técnicas así o permitan e cando as causas non sexan imputables ós traballadores.
Os topes ou tempos calculados serán susceptibles de revisión en todo momento, máximo se as condicións de traballo variasen.
A empresa informará antes do día 25 de cada mes do rendemento obtido no último período, mediante a correspondente nota no taboleiro de anuncios.
Para os efectos do cálculo de rendemento do sistema de incentivos vixente na empresa quedan incorporadas a el as modificacións acordadas no punto 1º da acta da reunión entre a dirección e o comité de empresa, que tivo lugar o 18-11-1987, coa modificación do cambio de período de prima do 10 dun mes ó día 9 do seguinte, por mes natural, e que son:
1. Horas producidas.
Calcúlanse as horas producidas, no período dun mes natural por medio dos vales de circulación de materiais conxuntos terminados, entregados a almacén e coa aceptación de control de calidade. Este cálculo farase en función dos tempos totais de fabricación concedidos para cada peza. As devolucións de material terminado realizado polo cliente, se fosen imputables a unha mala execución por parte do operario, deduciranse das horas producidas no período de prima inmediato seguinte.
O rendemento calcularase considerando un bloque que o formarán tódolos traballos que se realicen na nave A e na nave B e C.
4. Sistemas de tempos.
4.1. Concepto de tempos.
Tempo estimado.
Considérase tempo estimado aquel que se determina por aproximación e cun fin orientativo; non se ten en conta para o cálculo da prima de producción.
Cando unha nova peza se incorpore ó noso proceso de fabricación cun tempo estimado deberá ser cronometrado nun prazo máximo de 4 lanzamentos de fabricación naquelas referencias cun programa mensual inferior a 500 pezas e de 3 lanzamentos nas restantes referencias. Finalizado o dito período, deberá pasar a tempo provisional, trala correspondente cronometraxe.
Tempo provisional.
É todo tempo asignado a unha operación mentres non estea definido un método operatorio estable; tóma
se en consideración para o cálculo da prima de directos.
Este tempo determinarase xa sexa por medición directa, por comparación con pezas similares, ou por outros métodos homologados adecuados para o efecto, asignándolle, no caso de comparación con pezas similares, un tempo igual ó da peza de referencia; deberá ir xunto coa gama e método operatorio provisional.
O período máximo de permanencia dunha operación en tempo provisional será de 6 meses, durante o cal se introducirán tódalas melloras ou modificacións que se consideren oportunas, realizándose imperiosamente unha cronometraxe ou comprobación para o seu paso a tempo concedido.
Tempo concedido.
É o derivado da cronometraxe ou comprobación que marca a fin do tempo provisional ou o emitido no seu momento como tal por similitude ou identidade con outras referencias xa existentes, asignándolle, neste último caso, un tempo igual ó da peza de referencia.
Ó emiti-los tempos establecidos, estes deberán ir xunto coas gamas e métodos operatorios correspondentes.
4.2. Procedemento de cronometraxes.
1. Notificaráselle documentalmente ó comité de empresa, con 15 días de antelación, o lanzamento de novos tempos.
2. Unha vez emitidos os tempos provisionais ou concedidos son esixibles, sen prexuízo de que, se xorden discrepancias na aplicación deles e por petición da comisión paritaria de productividade e competitividade, composta por 4 membros de cada representación, o Departamento de Tempos realizará unha comprobación no prazo máximo dun mes, coa presencia dun membro da comisión.
3. Se malia a dita comprobación continúan as discrepancias, será realizada outra comprobación por persoal cualificado do exterior e o seu resultado será vinculante para ámbalas partes.
4.3. Actualización libro de procesos.
Ante as novas definicións acordadas en cada un dos tempos e co obxecto de pór ó día a situación actual, procederase da seguinte forma:
a) Aquelas referencias que na actualidade están en tempos provisionais e cumpran os requisitos establecidos na definición do tempo concedido pasarán de forma inmediata a ter tal consideración.
b) Con aquelas referencias que estean consideradas como tempo estimado ou provisional e non cumpran o exposto na letra a), actuarase segundo o acordado na definición dos ditos tempos.
Artigo 16º.-Incentivo por reducción de horas perdidas de producción.
Establécese un premio mensual (11 meses efectivos de traballo) pola reducción do nivel de horas perdidas de MOD.
O noso obxectivo é reduci-lo nivel de horas de paro e das empregadas en traballos que non engaden valor ó producto e que supoñen unha reducción importante da productividade.
Este incentivo aplícase de forma adicional, pero independentemente da prima de producción e afectando de forma diferente a MOD e a MOI.
O aboamento deste premio realizarase a partir de que a porcentaxe de horas vermellas baixe:
-Do 9% no ano 2001.
-Do 8% no ano 2002 e 2003.
Aplicación da prima de reducción de horas perdidas á MOD.
Aboaranse: 1.119 pesetas (6,72 euros) por empregado e mes, por cada punto que se reduza a porcentaxe das horas perdidas sobre as horas producidas.
Aplicación da prima de reducción de horas perdidas á MOI.
Aboaranse: 1.566 pesetas (9,41 euros) por empregado e mes, por cada punto en que se reduza a porcentaxe das horas de MOD perdidas sobre as horas producidas.
Artigo 17º.-Incentivo por mellora da calidade.
Establécese un premio mensual para todo o persoal da empresa, que denominaremos premio á mellora da calidade, que estará baseado na calidade apreciada polos nosos clientes.
Como elemento de medida empregarase o número de reclamacións dos nosos clientes por falta de calidade e a importancia delas, expresadas con puntos de demérito.
De acordo con isto, os baremos do premio serán os seguintes:
-11.185 pesetas (67,22 euros)/persoa/mes se hai 0 reclamacións e 0 deméritos.
-6.710 pesetas (40,33 euros)/persoa/mes se hai 1 reclamación e menos ou igual a 30 puntos de demérito.
-3.356 pesetas (20,17 euros)/persoa/mes se hai 2 reclamacións e menos ou igual a 60 puntos de demérito.
Se se desen máis de tres reclamacións ou máis de 100 puntos de demérito, non existiría este premio.
Artigo 18º.-Gastos de locomoción mínimos.
1. A empresa aboaralles a tódolos seus traballadores unha cantidade -de natureza indemnizatoria e non salarial- como compensación de gastos de locomoción mínimos, na contía que -en cómputo anual e igual para tódalas categorías profesionais- figura na 3ª columna da táboa anexa deste convenio.
2. O importe anual dos gastos de locomoción mínimos liquidarase distribuído en 12 pagas iguais ó ano (as 12 mensualidades), con independencia -xa que se calculou en función dos días laborables do ano- do número de días naturais que teña o mes.
3. Os descontos correspondentes ó tempo das incidencias non retribuídas efectuaranse nos termos pre
vidos na acta do 7-7-1993 e, en tal sentido, aplicarase a seguinte fórmula e consideracións:
Fórmula:
(Gastos de locomoción ano/12)x11
=ptas./h desconto
Xornada anual
Consideracións:
-Repercuti-la incidencia no mes seguinte a aquel en que se produza.
-Repercuti-la incidencia en pagas extraordinarias.
-Non repercutir en vacacións cando a incidencia sexa debida a IT.
-Repercutir en vacacións se a incidencia é debida a causas distintas á IT e supera 160 horas/ano.
Artigo 19º.-Horas extras.
1. a) Para o ano 2001 o valor das horas extras fíxase en 1.774 pesetas (10,66 euros)/hora para as realizadas de luns a venres, e de 1.925 pesetas (11,57 euros)/hora para as realizadas en sábados, domingos e festivos.
b) Para o ano 2002 o valor das horas extras incrementarase no IPC previsto para o dito ano máis 0,75 puntos.
c) Para o ano 2003 o valor das horas extras incrementarase no IPC previsto para o dito ano máis 0,75 puntos.
2. O comité de empresa e a dirección determinarán mensualmente o carácter estructural delas, atendendo ás puntas de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e reparacións, limpeza de máquinas, etc.
3. O valor das horas de formación realizadas fóra da xornada laboral establécese en 1.103 pesetas (6,63 euros)/hora, e non terán a consideración de horas extras.
Artigo 20º.-Premio trimestral por non absentismo.
1. Establécese un premio ó non absentismo, a contía do cal vén determinada polo índice de absentismo que se alcance en cómputo global de todo o cadro de persoal da empresa respecto ó número de horas de xornada efectiva de cada trimestre natural do ano (de xaneiro a marzo; de abril a xuño; de xullo a setembro e de outubro a decembro) e sempre que o dito índice ou porcentaxe de absentismo no indicado cómputo global e trimestral sexa inferior ó 5,51% das horas.
2. Para os efectos deste premio por non absentismo computarase como absentismo toda ausencia ó traballo por incapacidade laboral transitoria derivada de calquera continxencia, por licencias legal ou convencionalmente recoñecidas ou permisos retribuídos ou non, por consulta médica e por faltas de asistencia ó traballo ou de puntualidade.
3. A contía do referido premio para o trimestre que se devengue é a que figura -segundo o índice ou a porcentaxe que se alcance- na seguinte escala:
Índice de absentismo Importe premio Importe premio
Do 5,51 ó 6% ou máis 0 ptas. 0 euros
Do 5,01% ó 5,50% 1.055 ptas. 6,34 euros
Do 4,51% ó 5% 2.110 ptas. 12,68 euros
Do 4,01% ó 4,50% 3.165 ptas. 19,02 euros
Do 3,51% ó 4% 4.224 ptas. 25,39 euros
Do 3,01% ó 3,50% 5.278 ptas. 31,72 euros
Do 2,51% ó 3% 6.335 ptas. 38,07 euros
Do 2,01% ó 2,50% 7.388 ptas. 44,40 euros
Do 1,51% ó 2% 8.445 ptas. 50,76 euros
Do 1,01% ó 1,50% 9.500 ptas. 57,10 euros
Do 0,51% ó 1% 10.555 ptas. 63,44 euros
Do 0,01% ó 0,50% 11.611 ptas. 69,78 euros
Ó 0% 12.238 ptas. 73,55 euros
4. En caso de que se devengue o premio por non absentismo, só serán perceptores da correspondente contía do premio aqueles empregados da empresa que a nivel individual non superen o 3% de absentismo -polas causas antes indicadas- das horas de xornada efectiva no trimestre de referencia.
IV. Disposicións varias
Artigo 21º.-Retribución no servicio militar.
1. O persoal que leve dous ou máis anos ó servicio da empresa, ó ingresar no servicio militar ou no servicio social substitutorio recibirá en tal ocasión unha gratificación equivalente ó importe de 30 días de salario real percibido no último mes.
2. Durante o tempo da súa permanencia no servicio militar obrigatorio, o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias establecidas no artigo 14º deste convenio.
Artigo 22º.-Absentismo.
1. En caso de baixa producida por accidente de traballo ou enfermidade profesional, garantiranse as cantidades necesarias para completa-las prestacións da Seguridade Social ata o 100% da base total de cotización.
2. En caso de enfermidade común con hospitalización, ata a súa reincorporación ó posto de traballo, completaranse as prestacións da Seguridade Social ata o 90% da base total de cotización.
3. No suposto de enfermidade común de longa duración a partir do vixésimo día mentres dure a situación de IT e como máximo ata 18 meses desde o inicio da IT, completaranse as prestacións da Seguridade Social ata o 90% da base total de cotización.
4. Se a porcentaxe de absentismo por incapacidade temporal (común e profesional) fose inferior ó 3,76% no trimestre anterior, complementarase, a partir do vixésimo día, ó 100% (aplicable ós parágrafos 2º, 3º e 4º aquelas situacións de IT iniciadas despois da sinatura do convenio).
Artigo 23º.-Seguro colectivo.
1. A empresa comprométese a subscribir unha póliza de seguro a favor dos seus traballadores, para cubri-las continxencias e polos capitais que se sinalan.
a) En caso de falecemento por accidente ou por enfermidade: tres millóns de pesetas (18.030,36 euros).
b) En caso de invalidez permanente total, absoluta para todo traballo ou de grande invalidez, derivada de accidente ou de enfermidade: tres millóns de pesetas (18.030,36 euros).
2. O compromiso adquirido neste artigo producirá efecto e entrará en vigor a partir do próximo 14 de xullo de 2001.
Artigo 24º.-Saúde laboral.
Crearase un comité de seguridade e hixiene. As súas funcións rexeranse polo establecido na lexislación vixente de seguridade e hixiene.
Artigo 25º.-Roupa de traballo.
1. Proverase a todo o persoal obreiro de 2 pezas de roupa de traballo anuais, que se lle entregarán en xaneiro.
Á sección de pintura entregaráselle unha peza máis ó longo do ano logo de entrega da usada; así mesmo, entregaranse unhas botas adecuadas. Á sección de baños entregaránselle dúas pezas de roupa antiácidas.
2. O persoal utilizará preceptivamente a roupa de traballo que lle fose facilitada nos últimos anos.
3. Sen prexuízo do anterior, a dirección da empresa, en coordinación co comité de seguridade e hixiene, procurará dota-los operarios que polas características do posto de traballo o requiran daquelas pezas de roupa que se consideren adecuadas para a súa protección e/ou seguridade.
Artigo 26º.-Recoñecemento médico.
A empresa facilitaralle ó seu persoal a realización dunha revisión médica anual, que será efectuada por especialistas en enfermidades laborais, de acordo coa normativa vixente sobre seguridade e hixiene no traballo. O calendario de datas para realiza-lo recoñecemento médico establecerase cada ano no seo do comité de seguridade e hixiene no traballo.
E todo o persoal que estea en baños e pintura pasará revisión médica trimestralmente.
Artigo 27º.-Contratación por tempo determinado.
1. Seguirase o disposto no Estatuto dos traballadores e as normas xerais de desenvolvemento e na Lei 2/1999, do 7 de xaneiro, sobre dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación.
2. Acórdase adherirse ó acordado no convenio do metal da provincia de Pontevedra respecto á duración máxima do contrato por circunstancias do mercado, por acumulación de tarefas ou exceso de pedidos establecida no dito convenio. Compensarase ó final do contrato, neste tipo de contratos, cun importe de 1,5
días de salario por mes traballado en concepto de eventualidade. En caso de conversión deste tipo de contrato en indefinido, sempre que se respecte a antigüidade do traballador, non procederá o aboamento da citada compensación.
3. Especialista de primeiro ano:
Acórdase refundi-las categorías que van de peón a pinche 17 anos nunha categoría. Esta categoría terá un salario do 70% do salario convenio e complemento transporte da categoría de especialista e do 100% da prima de producción e das eventuais horas extraordinarias que puidesen realizar, cunha duración de contratación na dita categoría dun ano como máximo. Establécese que este persoal, unha vez completada a duración máxima dun ano, non poderá ser contratado novamente baixo esta categoría, nin o persoal de alta á sinatura deste convenio, cando iso supoña minora-las súas condicións.
As contratacións con esta categoría non superarán o 60% da contratación temporal.
A prima de producción non se aboará durante os tres primeiros meses, salvo que se alcance o rendemento mínimo esixido; neste caso aboarase a partir do primeiro día en que se alcance.
Acórdase, así mesmo, que non se realizarán contratos para a formación (exceptuando contratos en prácticas).
Establecerase unha comisión para a adaptación dos grupos profesionais, con 3 representantes de cada parte, e a negociación iniciarase ós 15 días da sinatura do convenio e finalizará o 30-10-2001.
4. Contratación temporal:
Non se superará en cómputo anual o 20% do total do cadro de persoal (contratos duración determinada + contratos duración indeterminada), exceptuando o persoal contratado para suplir vacacións, maternidades e enfermidades de máis de 6 meses de duración.
5. Pases a indefinido:
Unha vez constatado que nos 3 anos de duración deste convenio alcanzarán a idade de posible xubilación 10 persoas, acórdase a contratación indefinida de 10 traballadores; a dirección realizará os 10 contratos indefinidos en función das súas necesidades de contratación.
Artigo 28º.-Comisión paritaria.
1. Á aprobación deste convenio crearase unha comisión paritaria para a vixilancia e cumprimento del en tódolos seus conceptos. Serán tres membros por cada unha das partes e un suplente pola parte social. Así mesmo, será nomeado un secretario de entre os seus membros. Reunirase por requirimento de calquera das partes e destas reunións levantarase acta e entregarase a cada un dos seus membros, á dirección e ó comité. Tanto se a dirección ou o comité requiren a comisión paritaria para intervir en calquera cuestión de discrepancia, esta reunirase o máis rapidamente posible (dentro das 24 horas seguintes á convocatoria) para intervir na cuestión que hai que resolver, que será resolta se procede.
2. Ademais das competencias xerais de interpretación, aplicación e seguimento do convenio e sen prexuízo das normas xerais de procedemento administrativo e procesuais, a comisión mixta paritaria poderá funcionar, por instancia de parte, como órgano de mediación nos conflictos derivados da aplicación do convenio.
Artigo 29º.-Comisión paritaria de productividade e competitividade.
Trala aprobación deste convenio crearase unha comisión paritaria para a análise, o estudio e seguimento da productividade, que estará composta por 4 membros por cada unha das partes, nomeándose un secretario de entre eles. Esta comisión reunirase mensualmente para analiza-las diversas cuestións que se relacionen coa productividade; destas reunións levantarase acta e darase copia dela a cada unha das partes.
V. Cuestións sindicais
Artigo 30º.-Competencias do comité de empresa.
a) Recibir información, que se lle facilitará trimestralmente, sobre a evolución xeral do sector económico a que pertence.
Así mesmo, ó comité de empresa facilitaráselle en cada reunión ordinaria (reunión trimestral) información sobre: situación da producción e vendas da empresa, previsible evolución da contratación de persoal, absentismo e as súas causas e das sancións impostas por faltas moi graves.
b) Te-la representación colectiva dos traballadores da empresa na negociación do convenio colectivo de empresa.
c) Coñece-la relación de horas extras polos TC-2 de cada traballador que as realice.
d) Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e os demais documentos que se lles dean ós accionistas e nas mesmas condicións que a estes.
e) Coñece-los modelos de contrato escrito que se utilicen na empresa e recibir da dirección copia básica dos contratos de traballo que se asinen, notificación das prórrogas e das liquidacións.
f) Controlar e vixia-las condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.
g) Dispor cada un dos membros do crédito de horas mensuais retribuídas legalmente establecido, para o exercicio das súas funcións sindicais ou de representación.
Os membros do comité de empresa que pertenzan á mesma central sindical, se o consideran conveniente, poderán acumula-las horas mensuais retribuídas, que lles correspondan para o desenvolvemento das súas funcións sindicais ou de representación, nun ou en varios deles.
A vontade de acumula-las referidas horas deberalle ser comunicada cada mes por escrito ó Departamento de Persoal, con antelación (mínima de tres días) ó inicio do mes ó que corresponda a acumulación. Na
dita comunicación deberá estar asinado e constar de forma expresa e precisa tanto o cedente do crédito horario mensual como o beneficiario da acumulación.
Artigo 31º.-Seccións sindicais.
A empresa recoñece o dereito á existencia no seo dela de seccións sindicais, nos termos establecidos na Lei orgánica de liberdade sindical nº 11 do 2 de agosto de 1985.
O delegado sindical, en caso de que conforme o preceptuado no artigo 10 da antedita lei corresponda a existencia del, non terá que ser membro do comité de empresa.
Artigo 32º.-Dereitos dos delegados sindicais.
Serán dereitos dos delegados sindicais os seguintes:
a) Asistir ás reunións do comité de empresa, comité de seguridade e hixiene no traballo e comités paritarios de interpretación, con voz e sen voto.
b) Ter acceso á mesma información e documentación que a empresa deba pór á disposición do comité de empresa, de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias nas que legalmente proceda.
c) Te-las mesmas garantías recoñecidas pola lei para os membros do comité de empresa.
d) Ser oídos pola empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten os traballadores en xeral e os afiliados ó seu sindicato.
e) Ser, así mesmo, informados e oídos pola empresa con carácter previo, sobre os despedimentos e sancións que afecten os afiliados ó seu sindicato, cando lle conste fidedignamente á empresa tal condición de afiliado.
f) Recadar cotas dos seus afiliados, manter reunións con eles e repartir propaganda sindical, todo iso fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal na empresa.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Lexislación subsidiaria: en todo o non previsto neste convenio seguirase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais disposicións de carácter xeral.
En materia disciplinaria acóllense á regulación contida no capítulo XI do convenio colectivo provincial das empresas do metal (código de conducta laboral). E en materia de clasificación profesional mantense a remisión ós anexos I e II da Ordenanza laboral siderometalúrxica (O.M. 29-7-1970), sen prexuízo dos compromisos asumidos entre as partes durante o proceso negociador deste convenio de levar a cabo unha revisión da materia relativa á clasificación profesional e, así mesmo, da entrada en vigor xa a partir da sinatura deste convenio da nova categoría profesional que se recolle no artigo 27º número 3 deste convenio (especialista de 1º ano).
Segunda.-Para o persoal de novo ingreso, primeiramente contarase coa solicitude de ingreso dos familiares do persoal existente en fábrica.
Terceira.-A prima relativa ó cálculo do sistema de incentivos previsto no artigo 18º deste convenio realizarase tomando como media mensual o de 25 días laborables.
Cuarta.-O período de prima que ten o seu comezo inmediatamente antes das vacacións anuais e o seu termo posterior a estas calcularase como un período normal, aínda que o seu aboamento se realizará proporcionalmente ós días laborables que existan entre inicio e final do dito período.
Quinta.-A muller traballadora terá a mesma equiparación có home nos aspectos salariais e de xornada, de tal maneira que a igual traballo, a muller teña igual retribución e desfrute do mesmo sistema de formación e promoción.
Nas categorías profesionais non se fará distinción entre categorías femininas e masculinas. A muller traballadora terá dentro da empresa as mesmas oportunidades có home nos casos de ascensos e funcións de maior responsabilidade.
Sexta.-Este convenio colectivo foi negociado polo comité de empresa e a dirección dela.
Sétima.-Tendo en conta que o idioma dun pobo constitúe un dos seus sinais de identidade fundamentais e un dos seus patrimonios máis preciados e base das súas relacións humanas, as partes acordan que este convenio sexa redactado e publicado tanto en idioma galego como castelán.
Vigo, 21 de xuño de 2001.
ANEXO I
Á acta de acordo do convenio colectivo de Faurecia Sistemas de Escape España, S.A.
Asistentes:
Pola representación social:
Gabriel Rodríguez Misa.
Ángel Vidal González.
José M. González Molinos.
Leonardo Rodríguez Bastos.
Domingo Fernández González.
Basilio González Fernández.
Paulo González Maceira.
Ramón E. Bello dos Santos.
Alberto Videira Correa.
Pola representación económica:
Juan L. Mariscal Flores.
Luis Gómez Souto.
Alfonso Bermúdez de la Puente González del Valle.
Actúa como secretaria: Ninfa Silveira Amoedo.
Conviron aplicar durante o ano 2001 o 3% de incremento salarial ós complementos de carreteiro e soldador, con efecto retroactivo ó 1 de xaneiro de 2001, quedando establecido o importe en 5.313 pesetas/mes (31,93 euros).
ANEXO II
Táboa salarial 2001 (pesetas)
anual (14 pagas) anual (14 pagas) anual (12 pagas)
Categorías Salario convenio
Antig./quinquenio
Gastos locomoción
* Técnicos titulados
Enxeñeiros e licenc. 3.254.269 118.758 147.250
Peritos con respons. 3.075.958 111.160 147.250
Enxeñeiros tec. ind. 2.933.213 105.056 147.250
Graduados sociais 2.398.148 82.213 147.250
Mestres industriais 2.469.529 85.265 147.250
Practicante 2.112.758 70.020 147.250
* Técnicos de taller
Xefe de taller 2.683.489 94.406 147.250
Mestre de taller 2.469.529 85.265 147.250
Contramestre 2.433.780 83.739 147.250
Encargado 2.326.784 79.194 147.250
Capataz especialista 2.041.410 66.985 147.250
Capataz de peóns ord. 2.005.695 65.475 147.250
* Técnicos de laborat.
Xefe de 1ª 2.683.489 94.406 147.250
Xefe de 2ª 2.469.529 85.265 147.250
Analista de 1ª 2.255.536 76.142 147.250
Analista de 2ª 2.041.410 66.985 147.250
Auxiliar 1.970.046 63.932 147.250
* Técnicos de oficina
Delineante proxectista 2.576.459 89.827 147.250
Delineante de 1ª 2.291.118 77.651 147.250
Delineante de 2ª 2.060.487 68.511 147.250
Auxiliar 1.970.046 63.932 147.250
Reproductor de planos 1.970.046 63.932 147.250
* Org. cient. do traballo
Xefe de 1ª 2.717.694 95.948 147.250
Xefe de 2ª 2.469.529 85.265 147.250
Tec. org. de 1ª 2.326.784 79.194 147.250
Tec. org. de 2ª 2.112.758 70.020 147.250
Auxiliar 1.970.046 63.932 147.250
* Administrativos
Xefe de 1ª 2.683.422 94.406 147.250
Xefe de 2ª 2.469.510 85.265 147.250
Oficial de 1ª 2.255.457 76.142 147.250
Oficial de 2ª 2.041.386 66.985 147.250
Auxiliar 1.964.247 63.932 147.250
* Personal subalterno
Chofer de camión 2.012.896 65.790 147.250
Almaceneiro 1.970.047 63.932 147.250
Pesador de báscula 1.970.047 63.932 147.250
Vixilante 1.970.047 63.932 147.250
Porteiro e ordenanza 1.970.047 63.932 147.250
* Persoal obreiro
Oficial de 1ª 2.144.618 71.447 147.250
Oficial de 2ª 2.080.468 68.677 147.250
Oficial de 3ª 2.015.882 65.923 147.250
Especialista 1.970.142 64.032 147.250
Especialista 1º ano 1.379.100 0 103.075
Táboa salarial 2001 (euros)
anual (14 pagas) anual (14 pagas) anual (12 pagas)
Categorías Salario convenio
Antig./quinquenio
Gastos locomoción
* Técnicos titulados
Enxeñeiros e licenc. 19.558,55 713,75 884,99
Peritos con respons. 18.486,88 668,09 884,99
Enxeñeiros tec. ind. 17.628,97 631,40 884,99
Graduados sociais 14.413,16 494,11 884,99
Mestres industriais 14.842,17 512,46 884,99
Practicante 12.697,93 420,83 884,99
* Técnicos de taller
Xefe de taller 16.128,09 567,39 884,99
Mestre de taller 14.842,17 512,46 884,99
Contramestre 14.627,31 503,28 884,99
Encargado 13.984,25 475,97 884,99
Capataz especialista 12.269,12 402,59 884,99
Capataz de peóns ord. 12.054,47 393,51 884,99
* Técnicos de laborat.
Xefe de 1ª 16.128,09 567,39 884,99
Xefe de 2ª 14.842,17 512,46 884,99
Analista de 1ª 13.556,04 457,62 884,99
Analista de 2ª 12.269,12 402,59 884,99
Auxiliar 11.840,21 384,24 884,99
* Técnicos de oficina
Delineante proxectista 15.484,83 539,87 884,99
Delineante de 1ª 13.769,90 466,69 884,99
Delineante de 2ª 12.383,78 411,76 884,99
Auxiliar 11.840,21 384,24 884,99
Reproductor de planos 11.840,21 384,24 884,99
* Org. cient. do traballo
Xefe de 1ª 16.333,67 576,66 884,99
Xefe de 2ª 14.842,17 512,46 884,99
Tec. org. de 1ª 13.984,25 475,97 884,99
Tec. org. de 2ª 12.697,93 420,83 884,99
Auxiliar 11.840,21 384,24 884,99
* Administrativos
Xefe de 1ª 16.127,69 567,39 884,99
Xefe de 2ª 14.842,06 512,46 884,99
Oficial de 1ª 13.555,57 457,62 884,99
Oficial de 2ª 12.268,97 402,59 884,99
Auxiliar 11.805,36 384,24 884,99
* Persoal subalterno
Chofer de camión 12.097,75 395,41 884,99
Almaceneiro 11.840,22 384,24 884,99
Pesador de báscula 11.840,22 384,24 884,99
Vixilante 11.840,22 384,24 884,99
Porteiro e ordenanza 11.840,22 384,24 884,99
* Persoal obreiro
Oficial de 1ª 12.889,41 429,41 884,99
Oficial de 2ª 12.503,87 412,76 884,99
Oficial de 3ª 12.115,69 396,21 884,99
Especialista 11.840,79 384,84 884,99
Especialista 1º ano 8.288,56 0 619,49
Táboa salarial 2001
(14 pagas)
Hora/efec. Hora/efe.
pagas mensual
(14 pagas)
Hora/efec. Hora efec.
pagas (12 pagas)
Hora efec.
Salario mensual
Antigüidade/quinquenio
Gastos locomoción mensual
* Técnicos titulados Enxeñeiros e licenc. 232.448 1.467 267 8.483 54 10 12.271 77 Peritos con respons. 219.711 1.387 252 7.940 50 9 12.271 77 Enxeñeiros e tec. ind. 209.515 1.322 240 7.504 47 9 12.271 77 Graduados sociais 171.296 1.081 197 5.872 37 7 12.271 77 Mestres industriais 176.395 1.113 202 6.090 38 7 12.271 77 Practicante 150.911 952 173 5.001 32 6 12.271 77
* Técnicos de taller Xefe de taller 191.678 1.210 220 6.743 43 8 12.271 77 Mestre de taller 176.395 1.113 202 6.090 38 7 12.271 77 Contramestre 173.841 1.097 199 5.981 38 7 12.271 77 Encargado 166.199 1.049 191 5.657 36 6 12.271 77 Capataz especialista 145.815 920 167 4.785 30 5 12.271 77 Capataz de peóns ord. 143.264 904 164 4.677 30 5 12.271 77
* Técnicos de laboratorio Xefe de 1ª 191.678 1.210 220 6.743 43 8 12.271 77 Xefe de 2ª 176.395 1.113 202 6.090 38 7 12.271 77 Analista de 1ª 161.110 1.017 185 5.439 34 6 12.271 77 Analista de 2ª 145.815 920 167 4.785 30 5 12.271 77 Auxiliar 140.718 888 161 4.567 29 5 12.271 77
* Técnicos de oficina Delineante proxectista 184.033 1.161 211 6.416 40 7 12.271 77 Delineante de 1ª 163.651 1.033 188 5.547 35 6 12.271 77 Delineante de 2ª 147.178 929 169 4.894 31 6 12.271 77 Auxiliar 140.718 888 161 4.567 29 5 12.271 77 Reproductor de planos 140.718 888 161 4.567 29 5 12.271 77
* Org. cient. do traballo Xefe de 1ª 194.121 1.225 223 6.853 43 8 12.271 77 Xefe de 2ª 176.395 1.113 202 6.090 38 7 12.271 77 Tec. org de 1ª 166.199 1.049 191 5.657 36 6 12.271 77 Tec. org. de 2ª 150.911 952 173 5.001 32 6 12.271 77 Auxiliar 140.718 888 161 4.567 29 5 12.271 77
* Administrativos Xefe de 1ª 191.673 1.210 220 6.743 43 8 12.271 77 Xefe de 2ª 176.394 1.113 202 6.090 38 7 12.271 77 Oficial de 1ª 161.104 1.017 185 5.439 34 6 12.271 77 Oficial de 2ª 145.813 920 167 4.785 30 5 12.271 77 Auxiliar 140.303 885 161 4.567 29 5 12.271 77
* Persoal subalterno Chofer de camión 143.778 907 165 4.699 30 5 12.271 77 Almaceneiro 140.718 888 161 4.567 29 5 12.271 77 Pesador de báscula 140.718 888 161 4.567 29 5 12.271 77 Vixilante 140.718 888 161 4.567 29 5 12.271 77 Porteiro e ordenanza 140.718 888 161 4.567 29 5 12.271 77
* Persoal obreiro Oficial de 1ª 153.187 967 176 5.103 32 6 12.271 77 Oficial de 2ª 148.605 938 171 4.905 31 6 12.271 77 Oficial de 3ª 143.992 909 165 4.709 30 5 12.271 77 Especialista 140.724 888 161 4.574 29 5 12.271 77 Especialista 1º ano 98.507 622 113 8.590 54
Táboa salarial 2001 (euros)
(14 pagas)
Hora/efec. Hora/efe.
pagas mensual
(14 pagas)
Hora/efec. Hora efec.
pagas (12 pagas)
Hora efec.
Salario mensual
Antigüidade/quinquenio
Gastos locomoción mensual
* Técnicos titulados Enxeñeiros e licenc. 1.397,04 8,82 1,60 50,98 0,32 0,06 73,75 0,47 Peritos con respons. 1.320,49 8,33 1,52 47,72 0,30 0,05 73,75 0,47 Enxeñeiros e tec. ind. 1.259,21 7,95 1,44 45,10 0,28 0,05 73,75 0,47 Graduados sociais 1.029,51 6,50 1,18 35,29 0,22 0,04 73,75 0,47 Mestres industriais 1.060,15 6,69 1,22 36,60 0,23 0,04 73,75 0,47 Practicante 906,99 5,72 1,04 30,06 0,19 0,03 73,75 0,47
* Técnicos de taller Xefe de taller 1.152,01 7,27 1,32 40,53 0,26 0,05 73,75 0,47 Mestre de taller 1.060,15 6,69 1,22 36,60 0,23 0,04 73,75 0,47 Contramestre 1.044,81 6,59 1,20 35,95 0,23 0,04 73,75 0,47 Encargado 998,88 6,30 1,15 34,00 0,21 0,04 73,75 0,47 Capataz especialista 876,37 5,53 1,01 28,76 0,18 0,03 73,75 0,47 Capataz de peóns ord. 861,03 5,43 0,99 28,11 0,18 0,03 73,75 0,47
(14 pagas)
Hora/efec. Hora/efe.
pagas mensual
(14 pagas)
Hora/efec. Hora efec.
pagas (12 pagas)
Hora efec.
Salario mensual
Antigüidade/quinquenio
Gastos locomoción mensual
* Técnicos de laboratorio Xefe de 1ª 1.152,01 7,27 1,32 40,53 0,26 0,05 73,75 0,47 Xefe de 2ª 1.060,15 6,69 1,22 36,60 0,23 0,04 73,75 0,47 Analista de 1ª 968,29 6,11 1,11 32,69 0,21 0,04 73,75 0,47 Analista de 2ª 876,37 5,53 1,01 28,76 0,18 0,03 73,75 0,47 Auxiliar 845,73 5,34 0,97 27,45 0,17 0,03 73,75 0,47
* Técnicos de oficina Delineante proxectista 1.106,06 6,98 1,27 38,56 0,24 0,04 73,75 0,47 Delineante de 1ª 983,56 6,21 1,13 33,34 0,21 0,04 73,75 0,47 Delineante de 2ª 884,56 5,58 1,01 29,41 0,19 0,03 73,75 0,47 Auxiliar 845,73 5,34 0,97 27,45 0,17 0,03 73,75 0,47 Reproductor de planos 845,73 5,34 0,97 27,45 0,17 0,03 73,75 0,47
* Org. cient. do traballo Xefe de 1ª 1.166,69 7,36 1,34 41,19 0,26 0,05 73,75 0,47 Xefe de 2ª 1.060,15 6,69 1,22 36,60 0,23 0,04 73,75 0,47 Tec. org de 1ª 998,88 6,30 1,15 34,00 0,21 0,04 73,75 0,47 Tec. org. de 2ª 906,99 5,72 1,04 30,06 0,19 0,03 73,75 0,47 Auxiliar 845,73 5,34 0,97 27,45 0,17 0,03 73,75 0,47
* Administrativos Xefe de 1ª 1.151,98 7,27 1,32 40,53 0,26 0,05 73,75 0,47 Xefe de 2ª 1.060,15 6,69 1,22 36,60 0,23 0,04 73,75 0,47 Oficial de 1ª 968,26 6,11 1,11 32,69 0,21 0,04 73,75 0,47 Oficial de 2ª 876,36 5,53 1,01 28,76 0,18 0,03 73,75 0,47 Auxiliar 843,24 5,32 0,97 27,45 0,17 0,03 73,75 0,47
* Persoal subalterno Chofer de camión 864,12 5,45 0,99 28,24 0,18 0,03 73,75 0,47 Almaceneiro 845,73 5,34 0,97 27,45 0,17 0,03 73,75 0,47 Pesador de báscula 845,73 5,34 0,97 27,45 0,17 0,03 73,75 0,47 Vixilante 845,73 5,34 0,97 27,45 0,17 0,03 73,75 0,47 Porteiro e ordenanza 845,73 5,34 0,97 27,45 0,17 0,03 73,75 0,47
* Persoal obreiro Oficial de 1ª 920,67 5,81 1,06 30,67 0,19 0,04 73,75 0,47 Oficial de 2ª 893,13 5,64 1,02 29,48 0,19 0,03 73,75 0,47 Oficial de 3ª 865,41 5,46 0,99 28,30 0,18 0,03 73,75 0,47 Especialista 845,77 5,34 0,97 27,49 0,17 0,03 73,75 0,47 Especialista 1º ano 592,04 3,74 0,68 0,00 0,00 0,00 51,62 0,32
ANEXO III
Sistema de incentivos á producción
rendemento en ptas. en euros
Índice
Prima 2001 prev.
Prima 2001 prev.
75 - -
76 1.180 7,09
77 2.370 14,24
78 4.711 28,31
79 5.904 35,48
80 8.213 49,36
81 9.422 56,63
82 10.624 63,85
83 13.004 78,16
84 14.323 86,08
85 15.632 93,95
86 18.079 108,65
87 19.415 116,69
88 20.735 124,62
89 23.156 139,17
90 24.479 147,12
91 25.871 155,49
92 27.298 164,06
93 29.820 179,22
94 31.221 187,64
95 32.662 196,30
96 35.160 211,31
97 36.571 219,80
rendemento en ptas. en euros
Índice
Prima 2001 prev.
Prima 2001 prev.
98 38.025 228,54
99 40.502 243,42
100 41.921 251,95
101 44.376 266,71
102 45.799 275,26
103 47.271 284,10
104 49.706 298,74
105 51.137 307,34

