Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Martes, 16 de outubro de 2001 Páx. 13.488

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Luis Matos Espiño.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 183/2001 (procedemento abreviado), interposto por Luis Matos Espiño contra a Resolución do 27 de decembro de 2000 (DOG nº 9, do 12 de xaneiro), deste centro directivo, pola que se resolve o concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario funcionario ó servicio da Comunidade Autónoma (escala de saúde pública e administración sanitaria).

O recorrente pretende, por unha parte, que se lle valore o mestrado de Bioética (500 horas) impartido pola Universidade de Santiago de Compostela; por outra, que non se valore o curso de xestión e avaliación de proxectos e servicios de saúde pública organizado pola Dirección Xeral de Saúde Pública no ano 1996.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos