O Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, transferiulle á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza.
No exercicio desas competencias, a Xunta de Galicia estableceu un marco normativo axeitado ás peculiaridades de nosa Comunidade Autónoma, a través do Decreto 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia, que na súa disposición derarradeira primeira autoriza ó conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dicta-las disposicións precisas para o seu desenvolvemento e aplicación.
Na súa virtude, en unha vez consultados os colexios de avogados e procuradores, e á Consellería de Economía e Facenda,
DISPOÑO:
Artigo único.-Co obxecto de facilita-la aplicación do Decreto 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta
da Comunidade Autónoma de Galicia, procédese a desenvolvelo no sentido seguinte:
1. Engádese o anexo I bis para a solicitude de asistencia xurídica gratuíta feita polo avogado no suposto previsto no artigo 15 do devandito decreto.
2. Actualízase o anexo II do decreto que establece os módulos e bases de compensación económica para o ano 2001.
3. Xunto coa documentación xa establecida para que se devengue o cen por cento da compensación económica prevista no anexo III do decreto, deberá presentarse copia da solicitude para o recoñocemento da asistencia xurídica gratuíta, ben a prevista no anexo I, se fose presentada polo solicitante ou a prevista no anexo I bis, se a presentase o avogado designado para a asistencia ou defensa, engadindo á devandita solicitude, se é o caso, o número das dilixencias policiais.
Disposición transitoria
Esta orde poderá aplicarse ás actuacións realizadas polos profesionais, a partir do día 1 de xaneiro de 2001, que acrediten o cumprimento do disposto no anexo III do decreto coas mencións indicadas no punto 3, do artigo anterior.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2001.
Antonio Pillado Montero
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
ANEXO I BIS
SOLICITUDE DE ASISTENCIA XURÍDICA GRATUÍTA (*)
SOLICITUD DE ASISTENCIA JURÍDICA GRATUÍTA (*)
Para cubrir exclusivamente polo letrado requirido para intervir en dilixencias penais (artigo 15 do Decreto 146/1997, do 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta da Comunidade Autónoma de Galicia).
A cumplimentar exclusivamente por el letrado requerido para intervenir en diligencias penales (artículo 15 del Decreto 146/1997, de 22 de mayo, por el que se aprueba el Reglamento de asistencia jurídica gratuita de la Comunidad Autónoma de Galicia).
I. Datos persoais/I. Datos personales
A. Solicitante/A. Solicitante
Apelidos Nome
Apellidos Nombre
Nacionalidade Estado civil NIF Data nacemento
Nacionalidad Estado civil NIF Fecha de nacimiento
Domicilio (rúa) Nº Andar Localidade
Domicilio (calle) Nº Piso Localidad
Municipio Provincia Cód. postal Tfno.: (...)
Municipio Provincia Cód. postal Tfno.: (...)
Profesión ou actividade: Empresa:
Profesión o actividad: Empresa:
B. Membros que constitúen a unidade familiar (cónxuxe, fillos e ascendentes) e situación patrimonial desta:
B. Miembros que constituyen la unidad familiar (cónyuge, hijos y ascendientes) y situación patrimonial de la misma:
II. Procedemento que hai que seguir/II. Procedimiento a seguir
O solicitante ten a condición de p detido p imputado
El solicitante ostenta la condición de p detenido p imputado
en expediente (p atestado, p previas, p sumario) nº que consta en
en expediente (p atestado, p previas, p sumario) nº obrante en
III. Declaración do avogado/III. Declaración del abogado
O avogado , requirido para asistir ou defender a no
fai constar que presume que o detido ou imputado reúne os requisitos esixidos polo artigo 2 da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta e, ante a súa vontade contraria a asina-la presente solicitude, de conformidade co establecido polo artigo 15 do regulamento, aprobado polo Decreto 146/1997, do 22 de maio, que desenvolve a devandita lei na Comunidade Autónoma de Galicia, procede por si mesmo a súa sinatura.
El abogado , requerido para asistir o defender a en
hace constar que presume que el detenido o imputado reúne los requisitos exigidos por el artículo 2 de la Ley 1/1996, de 10 de enero, de asistencia jurídica gratuita y, ante su voluntad contraria a firmar la presente solicitud, de conformidad con lo establecido por el artículo 15 del reglamento, aprobado por el Decreto 146/1997, de 22 de mayo, que desarrolla dicha ley en la Comunidad Autónoma de Galicia, procede por si mismo a su firma.
Observacións:
Observaciones:
En ..., a ... de ... de ...
Sinatura/Firma
* (Esta solicitude presentarase no colexio de avogados respectivo, no caso de que non exista sede do mesmo no partido xudicial de que se trate, no caso contrario no xulgado, que o remitirá ó colexio que corresponda).
* (La presente solicitud se presentará en el colegio de abogados respectivo, en el caso de que no exista sede del mismo en el partido judicial de que se trate, en caso contrario en el juzgado, que lo remitirá al colegio que corresponda).
ANEXO II
MÓDULOS E BASES DA COMPENSACIÓN ECONÓMICA
BAREMOS PARA O ANO 2001
Avogados/tipoloxía.
-Asistencia ó detido ou preso
Asistencia ordinaria ó detido 12.000
-Xurisdicción penal
Procedemento ordinario (sumario) 50.000
Procedemento abreviado 40.000
Contra a seguridade do tráfico (alcolemias) 31.500
Procedemento perante o Tribunal do Xurado (*) 45.000
Menores 19.000
Xuízo de faltas 10.000
-Xurisdicción civil
Procedemento ordinario 26.000
Xuízo verbal da contía superior a 150.000 pesetas 26.000
Procedemento matrimonial-contencioso completo 45.000
Procedemento matrimonial de mutuo acordo 21.000
Expediente de modificación de medidas 30.000
Expedientes de xurisdicción voluntaria 19.000
Contador-partidor 16.500
-Xurisdicción contencioso-administrativa
Recurso contencioso-administrativo 30.000
-Xurisdicción social
Procesos laborais (ordinario e especiais) 22.000
-Xurisdicción militar
Proceso íntegro 28.500
-Recursos
Recursos de apelación e suplicación 16.500
Recursos de casación 40.000
Recursos de casación cando non se formaliza e hai só anuncio 3.300
Recurso de amparo 40.000
aplicable ó
procedemento
aplicable ó
procedemento
aplicable ó
procedemento
aplicable ó
procedemento
-Actuacións extraprocesais
Transaccións extraxudiciais 75% da contía
Informe motivado de insustentabilidade da pretensión 10.000
Desestimento previo ó proceso por pasividade do xusticiable, estudio e preparación do asunto, previa á presentación da demanda 30% da contía
-Normas xerais
Sometemento 30% da contía
Execución da sentencia posterior ós dous anos de recaída resolución xudicial 30% da contía
Desprazamento ás audiencias provinciais e xulgados do penal de avogados doutros partidos xudiciais para a asistencia ó xuízo oral, en instancia ou en recurso, incrementará o baremo en 5.700
(*) Ó módulo indicado engadirase unha retribución diaria, a partir do segundo día inclusive, a devandita cuantificación será a mesma que a prevista para as funcións dos xurados no R.D. 385/1996, do 1 de marzo 10.500
Procuradores/tipoloxía.
-Xurisdicción penal
Tódolos procesos 3.500
-Outras xurisdiccións
Proceso matrimonial-contencioso completo 5.000
Restantes procedementos 3.000
-Segunda instancia
Todo tipo de procesos 2.500