Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 29 de outubro de 2001 Páx. 13.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-428).

Por resolución desta Alcaldía nº 5151/2001, do 5 de outubro de 2001, acordouse aprobar inicialmente os estatutos da entidade urbanística colaboradora de mantemento do polígono I do SUNP B-25-R A Cova, na Cova-Oleiros, tramitados por Parque de Santa Cruz, S.L.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9 a 13 horas tódolos días laborables, polo prazo de vinte días, a través de anuncios no Diario Oficial de Galicia, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 16 de outubro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta