Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 31 de outubro de 2001 Páx. 14.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación Couso, no concello de Campo Lameiro, de la provincia de Pontevedra, por parte de Maceiras Filloy, S.L.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que Maceiras Filloy, S.L., con domicilio en Penarada, Ouzande, A Estrada, presentou nesta delegación provincial, o día 21-6-2001, instancia-solicitude de permiso de investigación Couso, de 28 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Campo Lameiro, provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2966 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 31' 20''42º 33' 00''

Vértice 28º 33' 00''42º 33' 00''

Vértice 38º 33' 00''42º 34' 00''

Vértice 48º 32' 40''42º 34' 00''

Vértice 58º 32' 40''42º 34' 40''

Vértice 68º 33' 00''42º 34' 40''

Vértice 78º 33' 00''42º 35' 00''

Vértice 88º 31' 20''42º 35' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 25 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra