Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 02 de novembro de 2001 Páx. 14.151

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 283/2001, do 31 de outubro, polo que se lle concede, a título póstumo, a Medalla de Ouro de Galicia a Eugenio Fernández Granell.

En atención ós méritos que concorren en Eugenio Fernández Granell e ó abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 166/1995, do 16 de xuño, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto e logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de Otubro de dous mil un,

DISPOÑO:

Concederlle, a título póstumo, a Medalla de Ouro de Galicia a Eugenio Fernández Granell.

Santiago de Compostela, trinta e un de outubro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública