Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.620

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa GSB Galfor, S.A. de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa GSB Galfor, S.A. de Ourense (código de convenio

3200822), con entrada nesta delegación provincial o día 31 de agosto de 2001, subscrito con data do 12 de xullo de 2001, dunha parte pola dirección da empresa, en representación da parte económica, e doutra polo comité de empresa, en representación dos traballadores desta.

Esta delegación provincial de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 12 de setembro de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º

As disposicións incluídas neste convenio regularán desde a súa entrada en vigor, e durante a súa vixencia, as relacións laborais que nel se establecen entre GSB Galfor, S.A. e o seu persoal comprendido neste convenio.

Artigo 2º

As condicións deste convenio formarán un só conxunto, polo cal non entrará en vigor ningunha das súas disposicións sen aceptación da totalidade delas.

Artigo 3º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio afecta a todo o persoal dos grupos técnicos, administrativos, subalternos e obreiros que pertencen ó cadro de persoal desta empresa, así como ós de novo ingreso durante a súa vixencia. Queda expresamente excluído o persoal directivo a que fai referencia o artigo 7 da Lei de contrato de traballo, a teor do disposto na Lei de relacións laborais.

O comité de empresa será a única vía de negociación no relacionado con este convenio colectivo de empresa, no que afecte a todo o persoal encadrado neste convenio.

Este convenio é asinado pola dirección e polo comité da empresa.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2001. Terá vixencia dun ano (do 1 de xaneiro de 2001 ó 31 de decembro de 2001).

Entenderase prorrogado tacitamente en períodos dun ano, salvo que calquera das partes o denunciase cunha antelación de tres meses, como mínimo, á data de extinción do convenio.

Artigo 5º.-Absorción e compensación de melloras.

As melloras económicas establecidas neste convenio serán absorbibles ou compensables cos posibles aumentos de retribución que en virtude de disposicións oficiais puidesen efectuarse, non só por aboamento de igual natureza, senón tamén no seu conxunto.

Artigo 6º.-Repercusión de incrementos nas bases de cotización.

Se por disposicións de rango superior se elevasen as bases de cotización á Seguridade Social, a repercusión económica correspondente afectará a ámbalas partes na proporción que legalmente lles corresponda.

Capítulo II

Xornada de traballo

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo queda establecida para este ano 2001 en 1.768 horas de traballo efectivo, de forma que a reducción de xornada que isto supón se aplica á confección do calendario favorecendo ó máximo a economía na producción. Dentro do concepto de traballo efectivo enténdese o tempo de 15 minutos de pausa do bocadillo.

Artigo 8º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio desfrutará dun período de vacacións de 30 días naturais (28 consecutivos e 2 que se determinarán ó establece-lo calendario laboral), con retribución correspondente a salario convenio máis a media do percibido nos últimos tres meses como complemento de posto e prima.

En canto ó período do seu desfrute, exclusións e excepcións a este, planificación, etc., haberase que ater ó disposto sobre a materia no Estatuto dos traballadores.

Dos traballadores que teñan que desfruta-las súas vacacións en distinto período ó fixado no calendario da empresa, terán preferencia na elección do período de vacacións os traballadores de máis antigüidade, alternándose en anos sucesivos esta preferencia de elección.

Artigo 9º.-Calendario e horario de traballo.

A partir do calendario laboral provincial, establecido pola superioridade, anualmente a dirección da

empresa establecerá o calendario e horario de traballo, coa intervención que sexa preceptiva do comité de empresa e de forma que se totalicen as horas anuais correspondentes, de acordo co artigo 7º.

O horario de traballo, en principio, queda establecido na forma que se expón, salvando as variacións obrigadas para o reparto das horas laborais de cada ano, ou ben polas necesidades da organización do traballo; neste caso, logo de autorización da delegación de traballo seralle anunciado oportunamente ó persoal afectado.

Persoal a quendas:

1º das 6 horas ás 14 horas.

2º das 14 horas ás 22 horas.

3º das 22 horas ás 6 horas.

Persoal de horario de día:

Das 8 horas e 15 minutos ás 16 horas e 30 minutos (de luns a venres).

Horarios especiais: en casos excepcionais, por necesidades da producción, debidos a falta de enerxía, avarías importantes, etc., poderanse establecer esporadicamente outros horarios sen variación da xornada legal pactada.

Artigo 10º.-Traballos en domingos e festivos.

O traballo en domingo e días festivos empeza a contarse desde as 24 horas do día anterior para todo o persoal salvo para o persoal a quendas; neste caso contarase a partir das 6 horas do domingo ou festivo ata as 6 horas do día seguinte.

Capítulo III

Organización do traballo

Artigo 11º.-Principios xerais.

A organización do traballo é facultade da dirección, que a exerce directamente a través dos mandos, tendo en conta as disposicións legais vixentes.

Artigo 12º.-Documentación do traballo.

Comprende toda serie de documentos que son necesarios para reflecti-las circunstancias de tempos asignados, investidos, actividades, unidades de traballo efectuado, tempos de espera, paros concedidos, etc. Dada a transcendencia da información que figura nestes documentos para a boa marcha da empresa, a omisión, falseamento ou neglixencia na especificación destes datos poderán ser considerados como falta grave e a reincidencia dará lugar a aplica-la máxima sanción.

Artigo 13º.-Valoración de estándares e productividade.

Durante este ano continuarán os estudios de tempos para fixar, en cada posto, os rendementos normais e óptimos, actualizados de acordo coas variacións de procesos e medios de producción.

Artigo 14º.-Prima directa.

Regularase de conformidade co acordo establecido entre a dirección e o comité de empresa.

Artigo 15º.-Prima indirecta colectiva.

Regularase de conformidade co acordo establecido entre a dirección e o comité de empresa.

Artigo 16º.-Ingreso de persoal.

O ingreso de persoal efectuarase de acordo coas disposicións legais vixentes para esta materia.

Artigo 17º.-Período de proba.

Haberase que ater ó disposto na regulamentación laboral vixente.

Artigo 18º.-Ascensos.

O sistema de ascensos que se establece neste convenio estará baseado fundamentalmente na aptitude e capacidade do productor para o desempeño das funcións de cada categoría profesional.

En provisión de vacantes en réxime de ascensos, de cada tres prazas unha proverase por antigüidade dentro do departamento en que se produza a vacante, salvo que se acreditase a carencia de aptitude no traballador, e as outras dúas por concurso-oposición, libre para todo o persoal da empresa que haberá de realizarse a través de probas teórico-prácticas.

Quedan excluídos desa normal xeral os postos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas, as vacantes dos cales serán cubertas por libre designación da dirección da empresa. Igualmente queda excluído o persoal de secretaría, procurándose que esta designación recaia sobre o persoal da empresa.

A empresa anunciará, con antelación suficiente, nunca inferior a 30 días, as vacantes ou postos que hai que cubrir, a data en que deberán efectuarse os exercicios, o programa que hai desenvolver, así como as condicións que se requiran para aspirar a elas; tamén se fará consta-la forma de celebralo e os méritos, títulos e demais circunstancias que sexan pertinentes.

A composición dos tribunais que cualificarán os concurso-oposición será a seguinte:

-Un presidente e dous vocais, nomeados pola empresa.

-Dous vocais designados pola representación social da empresa.

Para unha maior garantía de que o ascendido a unha categoría profesional superior desempeñará as funcións encomendadas coa máxima eficacia, establécese un prazo de proba que corresponda ó establecido para un productor de novo ingreso da súa categoría.

Artigo 19º.-Ascensos de peóns e auxiliares administrativos.

Os peóns e auxiliares administrativos con máis de cinco anos ó servicio na empresa ascenderán ás

categorías de especialista e oficial 2ª administrativo, respectivamente.

Artigo 20º.-Mobilidade de persoal.

Haberase que ater ó establecido nas disposicións legais vixentes, aínda que nos casos en que fose necesario efectuar mobilidade do persoal en razón da capacidade diminuída do traballador e cando esta tivese a súa orixe nalgunha enfermidade profesional ou accidente de traballo non imputable a el, ou desgaste físico natural, como consecuencia dunha dilatada vida de servicio na empresa, o traballador seguirá percibindo a retribución da súa categoría profesional.

Artigo 21º.-Cambios de quenda.

A empresa ó acorda-los cambios de quenda de acordo coa lexislación vixente terá en conta, ademais, o seguinte:

1. Cando haxa mutuo acordo entre empresa e productor, haberase que ater ó que ámbalas partes acorden.

2. Procurarase que a quenda de noite sexa o máis restrinxido posible, de modo que se tenda á saturación do primeiro e do segundo.

3. Salvo casos excepcionais, os cambios de quenda notificaranse no taboleiro de anuncios na tarde do penúltimo día laborable da semana.

4. O persoal operario de producción, maior de 55 anos, gozará de preferencia, sempre que sexa posible, a xuízo da dirección e do comité de empresa, en ocupar postos que traballen a dous relevos (mañá e tarde).

Artigo 22º.-Rexistros de persoal.

En canto ós rexistros de persoal, datos, publicación, etc., a empresa aterase ó especificado sobre esta materia nas disposicións legais vixentes.

Capítulo IV

Retribucións do persoal

Artigo 23º.-Política de salarios.

GSB Galfor, S.A., establece que a remuneración do seu persoal ten unha relación directa coa categoría profesional, e coa actividade con que desempeña as funcións encomendadas.

Polo tanto, a retribución normal está composta dunha parte fixa e outra variable.

A parte fixa vén determinada pola categoría profesional á que se asigna o número correspondente ó chanzo e grupo que a define.

Todo o persoal da empresa está clasificado e ten asignado o número correspondente á súa categoría.

A parte variable corresponde fundamentalmente ás retribucións en concepto de prima de producción e/ou productividade e son devengadas en función da actividade individual ou colectiva desenvolvida

na execución das tarefas. Tódalas percepcións que por calquera concepto estivesen establecidas con anterioridade a este convenio serán compensables e absorbidas coa retribución anual que se establece nel.

Artigo 24º.-Enumeración das distintas retribucións.

Para efectos do ordenado no Decreto 2380/1973, do 17 de agosto, sobre ordenación do salario, se especifica a continuación a clasificación dos conceptos retributivos deste convenio de acordo co artigo V do dito decreto.

a) Salario base:

a.1 Xornais e soldos.

b) Complementos persoais:

b.1 Complemento de antigüidade.

b.2 Complemento de distancia.

b.3 Complemento de asistencia e puntualidade.

b.4 Complemento persoal e/ou especial.

c) Complementos de posto de traballo:

c.1 Complemento de posto ou responsabilidade.

c.2 Complemento de nocturnidade.

c.3 Complemento de xefe de equipo.

c.4 Complemento de quendas especiais.

d) Complementos por calidade ou cantidade de traballo:

d.1 Complemento convenio.

d.2 Primas de producción e/ou productividade.

d.3 Horas extraordinarias.

e) Vencemento período superior ó mes:

e.1 Gratificacións de xullo e Nadal.

Pola índole do traballo desenvolvido nesta empresa, o concepto de penosidade, toxicidade e perigosidade está incluído na valoración de postos de traballo que serviu para establece-los importes do complemento de posto ou responsabilidade, recollidos no anexo III.

Artigo 25º.-Salario base e complemento.

Nos anexos II e IV recóllense os xornais e soldos base (a.1), máis o complemento convenio (d.1) nos que quedan incluídas as gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal (e.1), correspondentes, para este convenio, ás categorías profesionais definidas no anexo I.

Artigo 26º.-Complemento de antigüidade.

Por cada quinquenio a percepción consistirá nun seis por cento do xornal ou soldo base máis complemento, isto é, do soldo convenio.

Artigo 27º.-Complemento de distancia.

Establécese na contía de 1.853 pesetas/mes por traballador, por once meses e proporcionalmente ós días traballados.

Artigo 28º.-Complemento de asistencia e puntualidade.

Establécese para todo o persoal, un complemento de asistencia e de puntualidade de 1.977 pesetas mensuais que, en caso de falta de puntualidade ou asistencia durante un, dous ou tres días ó mes, queda reducido a 1.318, 659 ou 0 pesetas, respectivamente.

Artigo 29º.-Complemento de posto ou responsabilidade.

No anexo III establece o valor por hora efectiva no posto para o complemento de posto, e no anexo V o valor mes do complemento de responsabilidade para cada unha das categorías establecidas no anexo I.

Artigo 30º.-Complemento de nocturnidade.

O complemento de nocturnidade aboarase polo 35% do soldo convenio correspondente á totalidade da xornada, cando se traballase durante o período nocturno máis de catro horas e proporcionalmente ás horas traballadas no caso de que no período nocturno de traballo sexa máis dunha hora, sen exceder de catro. Para este efecto considérase como período nocturno o comprendido entre as 22 e as 6 horas.

Artigo 31º.-Complemento de xefe de equipo.

Aboarase o 20% do soldo convenio da categoría correspondente.

Artigo 32º.-Complemento de quendas especiais.

Todo traballador que, de común acordo coa empresa, realice quendas en que o horario non coincida cos habituais, percibirá un complemento equivalente ó 30% do seu soldo convenio.

Artigo 33º.-Complemento de horas extraordinarias.

En materia de horas extraordinarias, haberase que ater ó disposto nas normas legais aplicables en cada momento.

A empresa facilitaralle trimestralmente ó comité de información sobre as horas extraordinarias realizadas.

Artigo 34º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaránselles a tódolos productores (incluídos os que se encontren no servicio militar) dúas gratificacións equivalentes, cada unha delas, a un mes de salario convenio, complemento de posto ou de responsabilidade e antigüidade. Estas gratificacións están incluídas dentro do salario bruto anual, recollido para cada categoría nos anexos II e IV.

As datas de aboamento serán as regulamentarias nos dous casos citados.

Capítulo V

Artigo 35º.-Servicio militar.

Computarase para efectos de antigüidade na empresa o tempo en que dure o servicio militar dos traballadores.

Unha vez que o cumprisen, teñen dereito a ocupar un posto na mesma categoría do que desempeñaban ó incorporarse a filas, sempre e cando se reincorporen ó traballo, como máximo, dous meses despois de finalizado o servicio militar.

Os traballadores que prestando o servicio militar desfruten de licencias ou permisos non inferiores a quince días, poderán reintegrarse ó traballo durante o citado período de tempo, sendo obrigatoria a súa admisión pola empresa, sempre que en ámbolos casos medie a oportuna autorización militar para traballar.

O traballador que o desexe, avisando cunha antelación de dez días á súa incorporación a filas, poderá cesar na empresa con sete días de antelación, sen devengar xornal ningún.

Artigo 36º.-Excedencias.

Teñen dereito a que se recoñeza a posibilidade de situarse en excelencia voluntaria co alcance, limitacións, incompatibilidades e demais circunstancias que se establecen no Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes, aqueles traballadores que leven un mínimo dun ano consecutivo ó servicio da empresa, e non poderán instar nova solicitude, por outra soa vez, ata que transcorresen outros dous anos contados desde o termo da anterior.

A duración da excedencia poderá ser entre tres meses e cinco anos.

A petición da excedencia formularase por escrito, tendo que ser resolta ós 15 días da súa formulación.

A concesión de excedencia será obrigatoria ou forzosa, cando teña por orixe o desempeño, polo productor, dun cargo de carácter público, que imposibilite a asistencia ó traballo. Neste caso, a dita excedencia dará dereito ó productor á conservación do posto e da antigüidade, e o reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso a situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producisen na empresa. Sen prexuízo dos dereitos legais de cada traballador, o comité de empresa, valorando en cada momento a situación global de excedencias, decidirá, conxuntamente coa dirección, sobre o reingreso dos posibles solicitantes.

A dirección de persoal informará o comité de empresa de tódalas peticións de excedencia que se formulen por parte dos traballadores.

Non poderá acollerse ós beneficios estipulados neste artigo o persoal que teña contrato de duración determinada.

Artigo 37º.-Permisos retribuídos.

A empresa concederá permiso retribuído, con aboamento do salario convenio, máis antigüidade e complemento de posto ou responsabilidade, nos seguintes casos, sempre que estes sexan xustificados.

-Matrimonio: 15 días naturais.

-Parto esposa: tres días naturais, cun mínimo de dous días laborables.

-Enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave de cónxuxe, fillos, pais ou irmáns: tres días naturais ou seis medias xornadas consecutivas.

-Enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave de netos, avós ou pais políticos: dous días naturais.

-Morte do cónxuxe ou fillos: catro días naturais cun mínimo de dous días laborables.

-Morte de pais, irmáns, netos, avós ou pais políticos: tres días naturais.

-Morte de irmáns políticos ou fillos políticos: dous días naturais.

-Morte do irmán do pai ou do da nai do traballador: un día natural.

-Matrimonio de irmáns ou fillos: un día natural.

-Traslado do seu domicilio habitual: un día natural.

No caso de que o feito causante ocorrese fóra da provincia, correspondería un día natural máis.

O permiso unicamente poderá utilizarse no momento de producirse o feito causante.

-Por asuntos propios: tres días laborables, non consecutivos, ó ano, sen retribuír e sempre que sexan debidamente xustificados.

Artigo 38º.-Incapacidade laboral transitoria.

O traballador que cause baixa por accidente percibiría o 100 por 100 do salario convenio. En baixa por enfermidade, a percepción correspondente será o 75% del, e a partir dos dous meses percibirá o 100 por 100, logo de conformidade de dirección e comité de empresa. Así mesmo, percibirá estas mesmas porcentaxes sobre a media do complemento de posto ou responsabilidade realmente percibido durante os tres meses anteriores.

Cando o absentismo total, deducido ou xerado por traballadores con ILT de longa enfermidade (superior a 100 días) e o correspondente a permisos retribuídos reflectidos no artigo 37º, ou permisos concedidos previamente, sexa igual ou inferior ó 4,5%

computado por meses naturais, no conxunto do persoal semanal, os traballadores semanais ou mensuais en baixa por enfermidade percibirán, a partir do quinto día de baixa, o 100% do salario ó soldo convenio e a media do complemento de posto ou responsabilidade que realmente percibisen os tres meses anteriores. Para estes efectos a aplicación será en función do absentismo correspondente a cada mes no que estea de baixa.

Por outra parte, en casos particulares e considerando o informe médico correspondente, poderá acordarse o aboamento ó traballador do 25% non percibido durante os dous primeiros meses.

Artigo 39º.-Promoción profesional.

A empresa establecerá cursos de formación co fin de adecua-los coñecementos dos seus traballadores ante a crecente evolución tecnolóxica.

A través dos oportunos centros de formación profesional, realizaranse cursos de formación e perfeccionamento dos traballadores con carácter gratuíto, para consegui-la promoción profesional e a capacitación social, téndose en conta como mérito ter superados estes cursos para os ascensos e a provisión de vacantes que se produzan na cadro de persoal da empresa.

A empresa outorgaralles ós traballadores que realicen estudios para a obtención dun título profesional, permisos para exames que terán carácter de retribuídos, logo de xustificación de asistencia a eles.

Perderán este dereito os que sexan suspendidos na metade das disciplinas en que se encontrasen matriculados, considerando como suspensos para estes efectos aquelas nas que non se presentasen a exame.

A non aprobación dunha mesma disciplina en dúas convocatorias producirá igualmente a privación destes beneficios.

Naqueles casos que non estean recollidos neste convenio haberase que ater ó disposto na lexislación vixente.

Capítulo VI

Asistencia social

Artigo 40º.-Seguro de vida.

A empresa concerta un seguro de vida en beneficio do seu persoal e é pola súa conta o pagamento da totalidade da prima.

A póliza cobre, a partir do 17-11-1999, os capitais que figuran no seguinte cadro:

Accidente laboral

ou non laboral

Natural ou

enfermidade

Morte2.000.0002.000.000

Invalidez absoluta e permanente2.000.0002.000.000

Incapacidade profesional total e

permanente

5.000.0005.000.000

O comité de empresa será o depositario dunha copia de ámbalas pólizas para xeral coñecemento dos dereitos, limitacións e exclusións que nelas se recollen.

Artigo 41º.-Xubilación.

O traballador que ingresase na empresa antes do 1 de xaneiro de 1979 e cumpra os requisitos para acceder á prexubilación pola Seguridade Social adquirirá, ó cumpri-los 60 anos, o dereito á xubilación, garantíndolle a empresa o 100% da súa percepción bruta correspondente a salario base máis complemento convenio, antigüidade e complemento de posto ou de responsabilidade no momento de xubilarse, isto é, completándolle en cada momento, ata esa porcentaxe, a prestación da Seguridade Social ata a idade de 65 anos, momento no cal quedará desligada a empresa dese compromiso.

Os aumentos oficiais de pensións que non afecten á porcentaxe de percepción serán a beneficio do xubilado.

Para o persoal con ingreso posterior ó 31-12-1978 será necesario, para optar nestas condicións á xubilación anticipada, que a súa antigüidade na empresa sexa de, alomenos, 15 anos.

Artigo 42º.-Axuda escolar.

A empresa concederá 4.534.000 pesetas, anualmente, en cada mes de setembro, que se distribuirán en bolsas entre os fillos dos traballadores segundo acorde o comité de empresa.

Artigo 43º.-Prestación por nupcialidade.

O persoal fixo da empresa que contraia matrimonio percibirá un premio de nupcialidade de 20.000 pesetas.

Artigo 44º.-Prestación por natalidade.

O persoal fixo percibirá por aumento de familia un premio de natalidade de 10.000 pesetas por cada fillo nacido.

Artigo 45º.-Axuda para comedor.

O persoal con horario das 8.15 horas ás 16.30 horas que xante no comedor da empresa percibirá, por cada día de traballo e xantar realizado, unha axuda do 50% do seu importe.

O persoal a quendas, de mañá e tarde, terá por cada día de traballo (luns a venres) unha subvención de 175 pesetas para bocadillo.

Artigo 46º.-Fondo social.

Existe un fondo social para casos de especial necesidade, a aplicación e desenvolvemento do cal está acordado entre a dirección e o comité de empresa.

Capítulo VII

Artigo 47º.-Incremento sobre táboas salariais.

Acórdase un incremento proporcional do 4% que aparece aplicado sobre salario ou soldo convenio (anexos II e IV) e complemento de posto ou responsabilidade (anexos III e V).

Capítulo VIII

Artigo 48º.-Seguridade e saúde.

A vixilancia de seguridade e saúde é competencia do comité de seguridade e saúde, o cal poderá suspende-la prestación de traballo dos traballadores afectados por riscos de accidente, mediante a comunicación á dirección e comité da empresa e á autoridade laboral.

O número de compoñentes do comité de seguridade e saúde será paritario na contía determinada polo número de delegados de prevención.

Os compoñentes da parte social do comité de seguridade e saúde serán os delegados de prevención, designados por e entre os membros do comité de empresa e delegados sindicais.

Artigo 49º.-Comité de empresa e seccións sindicais.

Recoñeceranse os dereitos e as garantías establecidos pola lei en favor dos membros do comité de empresa.

Quedan recoñecidas as seccións sindicais da empresa que cumpran as seguintes condicións:

a) Corresponder a centrais sindicais legalizadas.

b) Que agrupen un número de traballadores equivalentes, como mínimo, ó 10% do cadro de persoal da empresa ou o 15% da representatividade.

Tanto o comité de empresa como as seccións sindicais, que cumpran coas condicións mencionadas, disporán de taboleiro de anuncios para as súas publicacións de notas de carácter laboral ou sindical de índole xeral.

Para a publicación de notas relacionadas directamente coa empresa, deberán contar con autorización previa da dirección.

Os membros do comité de empresa desfrutarán de 40 horas mensuais, retribuídas, para o desempeño das súas funcións de representación.

Poderanse acumula-las horas sindicais nun membro do comité de empresa, afiliado a centrais, para a súa utilización en actividades sindicais.

Así mesmo, as centrais sindicais que agrupen alomenos o 10% da cadro de persoal da empresa, ou o 15% da representatividade, terán dereito a un delegado sindical que deberá ser traballador en activo, desfrutando igualmente de 40 horas mensuais, retribuídas, para o desempeño das súas funcións.

Poderán reunirse nos locais da empresa, e fóra das horas de traballo, os traballadores afiliados e con asistencia de dirixentes do sindicato, logo de aviso á dirección da empresa, quen en función das circunstancias determinará os locais máis adecuados para o correcto desenvolvemento da dita reunión.

Por petición expresa do traballador afiliado a centrais sindicais legalmente constituídas e que teñen a representación a que se refire este artigo, a empresa descontará, na nómina mensual, o importe da cota sindical correspondente.

O traballador interesado na realización de tal operación remitiralle á dirección de persoal un escrito no que se expresará con claridade a orde do desconto, a central sindical ou sindicato a que pertence e a contía da cota. A empresa efectuará as anteditas detraccións, agás indicación en contrario, durante períodos dun ano.

En caso de medidas disciplinarias contra membros do comité ou seccións sindicais, actuarase de acordo coa lei, informando simultaneamente o comité de empresa.

Artigo 50º.-Bilingüismo.

Os informes de carácter xeral que sexan publicados no taboleiro de anuncios da empresa expresaranse nos dous idiomas oficiais, castelán e galego.

Artigo 51º.-Comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento deste convenio na empresa. As súas funcións específicas serán as seguintes:

a) Interpretación auténtica do convenio.

b) Arbitraxe dos problemas ou cuestións que sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

c) Entender en cantas outras cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

En caso de non haber acordo, a acta reflectirá os diferentes puntos de vista. En ámbolos casos, o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección da empresa resolverá o que considere conveniente no prazo de oito días, e notificarállelo a aqueles por se deciden acudir, coa súa reclamación, ante a autoridade laboral competente.

A comisión mixta paritaria comporase de oito vocais, catro da parte económica e catro da parte social, así como dous vocais suplentes por cada unha das citadas partes, segundo a relación nominal anexa.

A comisión, en primeira convocatoria, non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais, previamente convocados e, en segunda convocatoria, o seguinte día hábil, actuará cos que asistan, tendo voto inicialmente un número paritario de vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A comisión mixta, de común acordo, poderá utiliza-los servicios ocasionais ou permanentes de asesores en cantas materias sexan da súa competencia.

A comisión reunirase por instancia de calquera das partes, que se porán de acordo sobre o lugar, día e hora en que deberá ter lugar a reunión.

As resolucións ou acordos adoptados por unanimidade pola comisión mixta terán carácter vinculante.

Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión mixta de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos puidesen producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio.

Artigo 52º.-Competencias do comité de empresa.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis, recoñécenselle ó comité de empresa as seguintes funcións:

-Ser informado pola dirección da empresa:

a) Mensualmente sobre a marcha das principais magnitudes da explotación, a saber:

-Horas traballadas, normais e extraordinarias.

-Absentismo.

-Accidentes de traballo.

-Producción.

-Vendas.

-Facturación.

b) Trimestralmente sobre:

-Evolución xeral do sector e dos negocios.

-Carteira de pedidos.

-Programa de producción.

-Evolución de emprego.

c) Anualmente:

A mesma información, cos mesmos documentos, posta á disposición dos accionistas, fundamentalmente:

-Memoria.

-Balance.

-Conta de resultados.

d) Tamén serán informados, sen periodicidade determinada, cando se produzan feitos de importancia para a empresa en xeral e os traballadores en particular.

-Ser informado das sancións e medidas disciplinarias impostas por faltas graves, pola empresa, a calquera traballador.

Os membros do comité de empresa e este no seu conxunto observarán sixilo profesional en relación coa información recibida, mesmo despois de deixar de pertencer ó comité de empresa e, en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado. En todo caso, ningún tipo de documento entregado pola empresa ó comité poderá ser utilizado fóra do estricto ámbito daquela e para distintos fins dos que motivaron a entrega.

Capítulo IX

Artigo 53º.-Cláusula adicional primeira.

Conscientes, ámbalas partes, de que as melloras recollidas neste convenio e as que se poidan pactar no futuro só se poderán manter e mellorar de acordo coa rendibilidade da empresa, a parte social comprométese coa dirección a colaborar estreitamente na reducción de desviacións internas, reducción do absentismo, mellora de actividades e de calidade e, en xeral, en todo canto poida significar un mellor rendemento da empresa.

Artigo 54º.-Cláusula adicional segunda.

En todo o non previsto neste articulado haberase que ater ó establecido no lexislación laboral vixente.

ANEXO I

Correspondencia entre escalas convenio e categorías profesionais:

Obreiros.

EscalasCategorías

O 2Aprendices

O 3Peóns

O 4Especialistas

O 5Oficiais de 3ª

O 6Oficiais de 2ª

O 7Oficiais de 1ª

Empregados.

EscalasCategorías

E 1Persoal de limpeza

E 2Ordenanzas

E 3Vixilantes

E 4Choferes e enfermeiros

E 5Auxiliares administrativos e de organización

E 6Calcadores e auxiliares de laboratorio

E 7Oficiais de 2ª administrativos

E 8Técnicos de organización 2ª, delineantes 2ª, analistas 2ª, analistas 2ª de laboratorio, cronometradores

E 9Oficiais 1ª administrativos

E 10Técnicos de organización 1ª, delineantes 1ª, analistas 1ª de laboratorio, cronometradores

E 11Delineantes proxectistas

E 12Encargados

E 13Mestres de taller e xefes de 2ª administrativos e de

organización

E 14Xefes de taller e xefes de 1ª administrativos e de

organización

E 15Titulados

ANEXO II

Salario convenio

Táboa salarial de obreiros

(xornal base+complemento convenio)

Escala

Grupo

Percepción bruta anual

(incluídas gratificacións

extraordinarias de xullo e Nadal)

02 (aprendices)1

2

3

726.525

806.095

885.662

03 (peóns)1

2

3

1.388.916

1.452.569

1.516.225

04 (especialistas)1

2

3

1.548.051

1.611.708

1.675.363

Escala

Grupo

Percepción bruta anual

(incluídas gratificacións

extraordinarias de xullo e Nadal)

05 (oficial 3ª)1

2

3

1.707.191

1.739.016

1.770.845

06 (oficial 2ª)1

2

3

1.802.674

1.834.501

1.898.158

07 (oficial 1ª)1

2

3

1.929.985

2.009.553

2.089.123

ANEXO III

Complemento de posto

Táboa salarial de obreiros

(Sobre horas de traballo efectivo. Nas gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal e mes de vacacións aboarase a media das percepcións por este concepto nos tres meses anteriores).

NivelPosto de traballoPtas./hora

2001

1Xefes de equipo de forxa

Equipos rotativos de forxa

Panquistas de forxa

Estampadores de forxa

Outro persoal en equipos de forxa

181

2Ferreiro

Endereitado palieres en forxa

Lavado de matrices

Soldadores de matricería

Repaso en acabados UP1, grandes pezas

158

3Xefes de equipo de corte

Serras, cizallas, corte de palieres

Parque materia prima

Repaso pezas en acabados

Xefes de equipo de mantemento

Mantemento preventivo

Oficiais mecánicos e electricistas

de mantemento

Montaxe de ferramentas

144

4Carreteiros en forxa

Resto persoal de mantemento

135

5Xefes de equipo de t. térmicos e acabados

Xefes de equipo de matricería

Axustadores

Xefes de equipo de control de calidade en forxa (*)

Coordinadores de mecanización

128

6Xefes de equipo de control calidade final (*)

Control de calidade de forxa

Magnaflux

Repaso en control final

Soldadura en mecanización

Granallas

(*) En caso de rotar cos xefes de equipo de control de calidade de forxa todos percibirán 124 ptas./hora.

124

7Fresadores

Torneiros de matricería

Ferramentistas

Modelistas

Plantillas

Control de calidade de utensilios

Resto t. térmicos (todos agás x. equipo)

Resto control final (todos agás Magnaflux e repaso) e expedicións

Torneiros de mecanización

Carreteiros, excepto en forxa

Verificadores de mecanización

117

NivelPosto de traballoPtas./hora

2001

8Rectificado

Laboratorio

Engarzado de bandas

Proba a presión de proxectís

Fosfatado, pintura e embalaxe de proxectís

110

9Vixilante de fornos terceira quenda

Limpeza

103

ANEXO IV

Soldo convenio

Táboa salarial de empregados

(soldo base+complemento convenio)

Escala

Grupo

Percepción bruta anual

(incluídas gratificacións

extraordinarias de xullo e Nadal)

E 1 (1/2 xornada)856.776

E 2 (ordenanzas)1.484.405

E 3 (vixilante)1

2

1.611.708

1.675.363

E 4 (chofer enfermeiro)1

2

3

1.739.016

1.770.845

1.802.674

E 5 (aux. adm. e de organiz.)1

2

3

1.579.879

1.611.708

1.643.537

E 6 (calcadores e aux. labor.)1

2

3

1.579.879

1.675.363

1.770.845

E 7 (ofic. 2ª)1

2

3

1.707.191

1.834.501

1.898.158

E 8 (t. org. 2ª, dte. 2ª e anal. 2ª)1

2

3

1.770.845

1.834.501

1.898.158

E 9 (of. 1ª adm.)1

2

3

1.929.985

2.009.553

2.089.123

E 10 (t. org. 1ª, dte. 1ª, e anal. 1ª)1

2

3

1.929.985

2.009.553

2.089.123

E 11 (delineante proxectista)1

2

2.534.710

2.750.045

E 12 (encargados)1

2

3

2.408.392

2.492.034

2.573.400

E 13 (x. adm. 2ª e x. org. 2ª, mestre taller)1(*)

2

3

2.311.916

2.601.446

2.682.805

E 14 (x. adm. 1ª e x. taller)12.750.045

E 15 (titulado)1

2

3

1.840.493

2.777.492

2.984.801

(*) O nivel E 13-1 só para xefes de 2ª administrativos e de organización.

ANEXO V

Táboa salarial de empregados

Complemento de responsabilidade

EscalaComplemento mensual

(x 14)

Total anual

E 1 (œ xornada)5.33874.732

E 212.431174.034

EscalaComplemento mensual

(x 14)

Total anual

E 314.366201.124

E 416.291228.074

E 513.228185.192

E 613.288185.192

E 716.291228.074

E 816.291228.074

E 918.864264.096

E 1018.864264.096

E 1128.047392.658

E 1225.758360.612

E 1326.902376.628

E 1428.047392.658

E 1529.191408.674

ANEXO VI

Compoñentes da comisión mixta paritaria

De acordo co establecido no artigo 51 deste convenio, quedan designados vocais da comisión mixta paritaria os seguintes membros:

Pola dirección da empresa:

Mikel Intxausti Irastorza.

Leonardo Espinosa Fernández.

Marcos Echeita Sarrionandía.

José Luis Prado Fernández.

Roberto Álvarez Merino (suplente).

Por representación dos traballadores:

José Luis Lobato Martínez.

José Eugenio Lorenzo Alcalde.

Inocencio Quevedo Gómez.

Manuel González Quiroga.

Ignacio Domínguez Carballo (suplente).

Antonio Dabouza Dafonte (suplente).

Polo comité:

José Luis Lobato Martínez.

José E. Lorenzo Alcalde.

Juan A. García Conde.

Ignacio Domínguez Carballo.

Manuel González Quiroga.

José Mª Concheiro Martínez.

Antonio Dabouza Dafonte.

Epifanio Dafonte Casares.

Inocencio Quevedo Gómez.

Darío González Fontán.

Perfecto Álvarez Fernández.

Pedro Ortiz Armesto.

Manuel Alonso Rodríguez.

Pola empresa:

José Manuel Palacio Benito.

José Luis Prado Fernández.

Este convenio foi asinado pola dirección da empresa e a representación dos traballadores en Ourense o 12 de xullo de 2001.