Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana no ámbito da súa unidade de actuación número 16-Cuartel de Campolongo, para regulación urbanística do seu ámbito, que permita a execución do protocolo que se vai subscribir entre o Ministerio de Defensa, a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra.

O Pleno da Corporación, en sesión do dezasete de outubro de dous mil un, prestou aprobación inicial ó proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra na súa unidade de actuación nº 16-Cuartel de Campolongo, tendente á nova regulación urbanística asistemática do seu ámbito e o posterior asinamento dun convenio urbanístico no que materializa-la obtención dunha parcela para albergar un futuro edificio administrativo da Comunidade Autónoma, recursos para financia-los plans de investimentos Forzas Armadas e solo para equipamento administrativo, zonas verdes e vías en mellora da calidade de vida cívica; é o documento de ordenación de modificación do PXOU formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe de oficina técnica municipal de Planeamento e Xestión con data do 10 de outubro de 2001, en cumprimento e nos termos do informe emitido polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia con

data do 25 do pasado mes de setembro. Disponse o sometemento a información pública deste expediente polo prazo dun mes con anuncio no DOG, BOP, taboleiro de edictos do concello e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Durante o prazo dun mes, computándose o momento inicial do prazo de alegacións desde o día seguinte ó de publicación do primeiro anuncio ata o transcurso do prazo citado dun mes contado desde a última publicación, calquera interesado poderá examinar no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico deste concello (rúa Churruchaos) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 22 de outubro de 2001.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral