Por Orde do 28 de febreiro de 2001 (DOG do 21 de marzo), publicouse a convocatoria para a concesión de subvencións a escolas de música públicas.
Por Orde do 21 de xuño de 2001 (DOG do 9 de xullo), publicouse a concesión de subvencións a estas escolas. Nesta orde houbo erros na adxudicación, polo que é preciso publicar unha nova orde de concesión de subvencións.
Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
DISPÓN:
Primeiro.-Deixar sen efectos a Orde do 21 de xuño de 2001 (DOG do 9 de xullo) pola que se conceden subvencións a escolas de música públicas.
Segundo.-Concedérlle-las subvencións, nas contías que se sinalan, ás escolas de música públicas que se relacionan no anexo I a esta orde.
Terceiro.-Desestima-las solicitudes presentadas polas escolas de música públicas que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.
Cuarto.-Amplíase o prazo para a xustificación completa dos gastos realizados ata o 31 de decembro de 2001. Para facer efectivo o pagamento das subvencións, os beneficiarios presentarán esta xustificación na Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, Subdirección Xeral de Centros, Servicio de Xestión de Programas Educativos.
Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2001.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO I
concedida (pesetas)
Escola de música Contía da axuda
del Río ParadaArzúa 1.221.384
Capela, A 401.200
Carnota 1.256.583
Cee 2.246.198
Coruña, A 6.000.000
Oleiros-A Fábrica 2.271.956
Ortigueira 1.265.623
Porto do Son 1.599.044
Burela 1.397.936
Chantada 1.817.124
Foz 1.233.509
Guitiriz 938.713
Mondoñedo 1.488.498
Monforte de Lemos 1.777.436
Paradela-O Barrido 909.772
Quiroga 763.293
Ribadeo 2.272.729
Ribas de Sil 758.540
Sober 1.955.457
Allariz 1.477.683
Bande 921.741
Barbadás 1.576.572
Carballiño, O 1.262.865
Maceda 856.059
Ourense 2.570.219
Pobra de Trives, A 897.107
Ribadavia 1.070.447
Agolada 721.062
Caldas de Reis 1.560.493
Cambados 806.280
Cangas 2.097.861
Estrada, A 1.328.728
Marín-Maestro Landín Pazos 1.049.625
Neves, As 1.259.184
Porriño, O 1.341.802
Redondela 1.225.861
Valga 2.205.513
Vila de Cruces-Artística de Merza 1.600.886
Vilagarcía de Arousa-Bernardo
2.595.017
ANEXO II
Escola de música Causa da denegación
Ordes Non ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo segundo da orde de convocatoria).
A Rúa Non ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo segundo da orde de convocatoria).
Silleda A solicitude foi presentada fóra de prazo.