Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.
Enderezo social: rúa Coruña, 20, 36700 Tui.
Denominación: L.M.T. Areas-Os Gaios-Anta II.
Situación: Tui.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 1.164 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde a L.M.T. Tui-Tebra ata Anta, nos Gaios-Areas, no concello de Tui.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 9 de outubro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

