Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 07 de decembro de 2001 Páx. 15.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 29 de outubro de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura nas Bocas, promovido por Emilio Barreiro Romero e redactado polo arquitecto Fernando Lafuente Lestón.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o citado proxecto de urbanización sométese a información pública polo prazo dun mes, a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo os interesados examina-lo expediente nas oficinas municipais de secretaría e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 9 de novembro de 2001.

Joaquín J. Gago López

Alcalde