Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 11 de decembro de 2001 Páx. 15.640

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2001 pola que se comunica o cambio do local de realización na Coruña dunhas Xornadas sobre o silencio administrativo e a notificación dos actos administrativos.

Debido á considerable afluencia de pública e, por tanto, á conseguinte necesidade de dispor dun local de maior capacidade do previsto inicialmente para alberga-los asistentes á actividade que aquí se menciona, ponse en coñecemento dos interesados que as Xornadas sobre o silencio administrativo e a notificación dos actos administrativos (días 13 e 14 de decembro na Coruña), celebraranse no salón de actos do Colexio dos Salesianos, sito en praza Mª Auxiliadora, nº 7 (proximidades do hotel Mª Pita), da citada cidade.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública