Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 12 de decembro de 2001 Páx. 15.783

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de decembro de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 4/1988, do 26 de maio.

A necesidade de adecua-lo cadro de persoal das distintas unidades administrativas afectadas pola asunción de novos programas e funcións desde as transferencias sanitarias do Insalud, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas referente ó persoal da Lei 4/1988, do 26 de maio.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 11 de decembro de 2001,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas), referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 4/1988, do 26 de maio, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 11 de decembro de 2001, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde (Sergas) referente ó persoal dos corpos e escalas da Lei 4/1988, do 26 de maio, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública