Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Sofreixos-Bermúdez de Castro, anexo 1.
Situación: Noia.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3 (1x240) mm de Al, de 40 m de lonxitude, que parte da liña existente ó longo do Malecón de Cadarso e final no C.T., que se instalará na rúa Pescadería. Centro de transformación en baixo de edificio de vivendas, de 400 kVA e tensións 20/0,380-0,22 kV, denominado Puxilde-Malecón. Concello de Noia.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 31 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña

