Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (artigo 59 da Lei de procedemento administrativo de 1992), pola presente cédula notifícanselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións na orde social.
Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada por conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ó da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselle de que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboa-la multa imposta na conta: cta. de recadación de multas e sancións nº 04045001063-3 da Caixa Vigo, oficina Praza do Berbés de Vigo, xa que noutro caso se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de Facenda correspondente.
Vigo, 15 de novembro de 2001.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Na Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra en Vigo séguense os expedientes de sanción que a seguir se relacionan, referidos ás empresas que así mesmo se sinalan, sendo os seus encabezamentos e partes dispositivas do seguinte teor literal:
Localidade expte. Deleg. Prov. imposta
Empresa Domicilio
Número
Data resol.
Preceptos Sanción
Infrinxidos Sancionad.
36679 Cuntis 676/2001 (Al)
36210 Vigo 537/2001 (Al)
A Estrada 1014/2000 (Al)
Abuín e Hijos, S.L. Pena de Vilabar
329/2001
15-10-2001 Arts. 31 e 37 da Lei 31/1995 e arts. 10, 12, 13, 16, 20, 34, 35, 36 e 37 en relac. coa letra h) do anexo e co anexo III e IV do R.D. 39/1997. Arts. 12.6º, 12.15º, 39 e 40.2º do R.D. 5/2000. 250.001
Jorge Rodríguez Díaz Portanet, 11.2º D
372/2001
2-10-2001 Arts. 4.2º.d) e 19 do R.D. 1/1995 e arts. 14 e 15 da Lei 31/1995. Arts. 12.1º e 40.2º.b) do R.D. 5/2000. 250.001
Encofrados Hnos. Otega, S.L. Fermín Bouza Brey, 29
440/2001
18-10-2001 Art. 3.a parte C, anexo IV, en rel. co art. 11.1º.c) do R.D. 1627/1997. Arts. 5.2º, 11.4º e 39.3º.a) do R.D. 5/2000. 100.001

