Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 19 de decembro de 2001 Páx. 16.200

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

DECRETO 379/2001, do 18 de decembro, polo que se nomea directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro a Rosa Mª Quintana Carballo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de decembro de dous mil un,

Nomeo a Rosa Mª Quintana Carballo directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

Santiago de Compostela, dezaoito de decembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos