Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 31 de decembro de 2001 Páx. 16.665

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre as constitucións, modificacións, disolución, cancelación e baixa provisional das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta dirección xeral, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións, disolución, cancelación e baixa provisional que se citan.

Constitución de:

A sociedade agraria de transformación Lado SAT nº 1117 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Baltar-Saa, nº 5-A Pastoriza (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 800.000 pesetas; nº de socios: 5.

A sociedade agraria de transformación Agro Castaño SAT nº 1118 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Santigoso-A Mezquita (Ourense); obxecto social: producción, transformación e comercialización de cultivos agrícolas, a explotación de terras e gando vacún de acordo coa aplicación de métodos racionais (agricultura integrada), así como todas aquelas actividades agrícolas, gandeiras que impliquen a mellora económica e social dos seus socios; capital social: 1.500.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Agra López SAT nº 1119 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Novela-Santiso (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 37.800.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Val do Carballo SAT nº 1120 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en lg. Nogueira-Doade-Lalín (Pontevedra); obxecto social: producción gandeira; capital social: 25.200.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Gorgoso SAT nº 1121 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Recimil-Poutomillos-Lugo; obxecto social: producción gandeira; capital social: 1.500.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Casa Fernando SAT nº 1122 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo

en lg. Vilar-Campo-Trazo (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 35.400.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Ganadería Facal SAT nº 1123 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en lg. Vilaño-A Laracha (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 38.100.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Mirás SAT nº 1124 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en lg. Xestosa-Albixoi-Mesía (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 28.800.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Do Ferreiro SAT nº 1125 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Bazar, nº 1-Castro de Rei (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 150.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación García Quintana SAT nº 1126 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en San Martiño-Ría de Abres-Trabada (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 1.800.000 pesetas; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Santiso SAT nº 1127 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Rois-Cirio-Pol (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 150.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación O Seixo SAT nº 1128 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en lg. Almozara-Fontecada-Santa Comba (A Coruña); obxecto social: producción e comercialización de productos agrícola-gandeiros; capital social: 24.000.000 de pesetas; nº de socios: 4.

Modificación de:

A sociedade agraria de transformación Pedrolas SAT nº 1026 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 20 de xullo de 2001, acordan por unanimidade:

1º Amplia-lo capital social en 4.200.000 pesetas, pasando de 1.800.000 pesetas, a un definitivo capital social de 6.000.000 de pesetas, en 3.000 xustificantes de 2.000 pesetas cada un.

2º Dar de alta a un socio, producíndose un aumento de capital social de 2.000.000 de pesetas, quedando este definitivamente establecido en 8.000.000 de pesetas, con 4.000 xustificantes de 2.000 pesetas cada un. Así mesmo, elixen nova xunta rectora integrada por José Manuel Fernández Pereira, presidente; Antonio Fernández Pereira, secretario e Mª del Carmen Pereira Arias, vocal.

A sociedade agraria de transformación Panda SAT nº 4378, na asemblea xeral do 28 de setembro de 2001, acordan por unanimidade:

a) Cambio do valor do xustificante no capital social, de 50.000 pesetas a 1.000 pesetas por xustificante, quedando establecido en 12.850 de 1.000 pesetas, que representan o mesmo capital social de 12.850.000 pesetas.

b) Alta de 3 novos socios que, por cesión parcial de xustificantes, non producen variación no capital social.

c) Elección de xunta rectora integrada por: Amando Romero Castrillón, presidente; Celina Sanjurjo Sixto, secretaria; Celina Romero Sanjurjo, Amando Romero Sanjurjo e Gelasio Romero Sanjurjo, vocais.

A sociedade agraria de transformación San Salvador SAT nº 464 XUGA, na asemblea xeral do 22 de xullo de 2001, acordan por unanimidade:

1º Admisión de 8 socios e baixa de 2 socios, sen variación no capital social de 13.500.000 pesetas, reflectido por cada un dos socios actuais como segue:

José Luis Candia Sierra: 9 xustificantes de 500.000 pesetas cada un=4.500.000 pesetas.

Berta Bouso Caiña: 4 xustificantes de 500.000 pesetas cada un=2.000.000 pesetas.

Francisco Javier, José Luis, Berta, Irene, Eladio, Enrique e María Candia Bouso: 2 xustificantes de 500.000 pesetas cada un=1.000.000 pesetas; por 7 socios=7.000.000 de pesetas.

2º Elección de xunta rectora integrada por José Luis Candia Sierra, presidente; Berta Bouso Caiña, secretaria e Enrique Candia Bouso, vocal. Tamén cambian o enderezo social da SAT á avda. da Mariña, 2-27780-Foz (Lugo).

A sociedade agraria de transformación San Claudio SAT nº 802 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 3 de outubro de 2000, acordan por unanimidade:

1º Altas e baixas de socios, sen variación no capital social por adquiri-los xustificantes do socio dado de baixa, ó socio admitido.

2º Así mesmo, elixen nova xunta rectora integrada por José Ramón Rodríguez Iglesias, presidente; Bautista Rodríguez Rodríguez, secretario e Carmen Iglesias Parga, vocal. Por último cambian o enderezo social á Casa de Parga-San Claudio, nº 2-Outeiro de Rei-27153 (Lugo).

A sociedade agraria de transformación Gandería Iglesias SAT nº 1040 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 31 de xullo de 2001, acordan por unanimidade: aumento de capital social en seis millóns de pesetas (6.000.000 de pesetas), pasando de 33.300.000 pesetas, a un definitivo capital social de 39.300.000 pesetas, participado en 393 xustificantes de 100.000 pesetas, cada un.

A sociedade agraria de transformación Casal-Vilar SAT nº 921 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 14 de agosto de 2001, acordan por unanimidade:

1º Cambiar (no artigo 2 dos estatutos), o valor do xustificante, de 200.000 pesetas a 100.000 pesetas cada un.

2º Alta de 4 novos socios e baixa doutro socio, liquidando a súa participación e producíndose un aumento do capital social de 72.000.000 de pesetas, pasando de 600.000 pesetas a un definitivo capital social de 72.400.000 pesetas, en 724 xustificantes de 100.000 pesetas cada un.

3º Renovación da xunta rectora integrada por José Manuel Fernández Raviña, presidente; Ramón Barreiro Alcobre, secretario; José Manuel Couto Regos, Amparo Alcobre Gómez, María Luisa Raviña Otero e María Dolores Tejo Nande, vocais.

Disolución de:

A sociedade agraria de transformación Gándara e Fraga de Carballo SAT nº 695 XUGA, na asemblea xeral do 1 de marzo de 2001, acordan por unanimidade de tódolos socios aproba-la súa disolución, nomeando ós socios liquidadores.

Cancelación de:

A sociedade agraria de transformación Gándara e Fraga de Carballo SAT nº 695 XUGA, na asemblea xeral do 11 de abril de 2001, acordan por unanimidade de tódolos socios aproba-lo informe balance final e a súa cancelación.

Baixa provisional de:

A sociedade agraria de transformación Ganadera Lucense SAT nº 758 XUGA, por mandamento do 2 de agosto de 2001, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no índice das entidades.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación