Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia nos expedientes sancionadores na orde social 544 e 545/2001.

Non sendo atopados no domicilio coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, nesta delegación provincial en Vigo, todo isto ó abeiro do establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 544/2001.

Acta nº: 962/2001.

Empresa: Eurogal Aplicaciones, S.L.

NIF/DNI: B-36294544.

Enderezo: Secundino Esperón, 5-2º D, 36002 Pontevedra.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 250.001 pesetas.

Documentos que constan no expediente:-Acta de infracción.-Xustificante de notificación.

Expediente nº: 545/2001.

Acta nº: 996/2001.

Empresa: Redondela Promociones Constructivas, S.L.

NIF/DNI: B-36285641.

Enderezo: Ernestina Otero, 36800 Redondela.

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 50.000 pesetas.

Documentos que constan no expediente:-Acta de infracción.-Xustificante da notificación.

Vigo, 22 de novembro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE