Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 396

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa EMALCSA.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa EMALCSA (código 1500502) que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 27-9-2001 e complementado o 18-10-2001, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social, polo comité de empresa, o día 30-8-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de outubro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de EMALCSA

Capítulo I

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación e vixencia.

O presente convenio regula as relacións laborais do persoal da Empresa Municipal Aguas de La Coruña S.A. en tódolos seus centros de traballo.

As normas deste convenio afectan a todo o persoal que presta os seus servicios na actualidade, ás súas clases pasivas e ós que durante a súa vixencia ingresen na empresa, agás o director-xerente.

Esténdese pola provincia da Coruña, onde a empresa realizará as súas actividades de encoramento, depuración, transporte, almacenamento e distribución de auga potable.

A vixencia do presente convenio é ata o 31de decembro de 2001.

Artigo 2º.-Denuncia do convenio.

O presente convenio poderá ser denunciado por calquera das partes, mediante comunicación escrita á outra parte e á autoridade laboral cun prazo de preaviso dun mes.

Sen prexuízo do antes indicado, os seus efectos estarán en vigor, provisionalmente, durante o período de tempo necesario, con aplicación das normativas provisorias de réxime económico que acorden as partes e de posterior inclusión no novo convenio colectivo que se pacte.

Artigo 3º.-Normativa de revisión do presente convenio colectivo.

Será causa dabondo para que ámbalas dúas representacións poidan pedi-la revisión deste convenio o feito de que legalmente se dispoña sobre asuntos de orde laboral ou económica dimanados dos contidos da antiga regulamentación nacional de auga, ou que se pacte, lexisle ou promulguen disposicións a nivel territorial, de ámbito superior ó deste convenio colectivo e que superen as súas condicións económicas e sociais.

Se o IPC rexistrase o 31 de decembro de 2001 un incremento para os doce meses anteriores superior ó 2%, levarase a cabo unha revisión salarial igual ó exceso sobre do devandito 2% do índice publicado, con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 2001, a cal se pagará no primeiro trimestre de 2002, estando a servir, así mesmo, como base de incremento salarial dese ano.

Artigo 4º.-Absorción de remuneracións e condicións máis beneficiosas.

O réxime económico pactado no presente convenio e valorado no seu cómputo anual absorberá todo aumento de salario ou percepcións, directa ou indirectamente salariais, que se poidan establecer durante a súa vixencia, por disposición legal ou regulamentaria.

Artigo 5º.-Comisión mixta para a interpretación e vixiancia do convenio.

A comisión mixta será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do presente convenio.

As súas funcións específicas serás as seguintes:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. A de informar e asesora-la dirección, comité de empresa e os traballadores sobre a aplicación, interpretación e vixilancia do cumprimento do convenio e sobre calquera outra incidencia que puidera producirse nas súas cláusulas, para así teren os elementos de xuízo precisos para a máis acertada solución.

As funcións e actividades da comisión mixta non impedirán, en ningún caso, o libre exercicio das xurisdiccións vixentes en cada momento, tanto administrativas como contenciosas.

No caso de dúbida, a comisión poderá eleva-las consultas que estime oportunas.

A comisión comporase dun presidente, nomeado polo Consello de Administración, que actuará como

mediador e terá voz pero non voto, tres membros do comité de empresa e o mesmo número de representantes por parte da dirección.

Un dos vocais será nomeado secretario da comisión mixta e, necesariamente, deberá recaer nun representante dos traballadores da empresa.

Os vocais representantes dos traballadores na devandita comisión mixta e os seus suplentes deberán ser designados entre as persoas que interviron, con voz e voto, nas deliberacións do presente convenio. Os representantes dos traballadores nesta comisión paritaria cesarán cando deixen de ser membros do comité de empresa e serán substituídos por aqueles outros que designe o comité.

A comisión reunirase a instancias de calquera das partes, póndose de acordo estas co presidente en canto ó lugar, data e hora na que deberá celebrase a reunión.

En cada reunión da comisión levantarase acta, que se fará chegar ó comité de empresa e a dirección, os cales resolverán o procedente no prazo dun mes.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 6º.-Competencia.

A organización do traballo, respectando as formas e orientacións deste convenio e da lexislación vixente, é facultade exclusiva da dirección da empresa.

Artigo 7º.-Melloras nas condicións de traballo e do servicio.

O Consello de Administración, dirección e traballadores fan expresa declaración intencional de tender á mellora das condicións de traballo e á optimización do servicio público prestado.

A mecanización, o progreso e a técnica e os novos sistemas de racionalización do traballo que se implanten no futuro deberán deixar a salvo, en calquera circunstancia, os valores humanos e os dereitos adquiridos, en canto a postos de traballo, polo persoal; estándose á procura de que os devanditos adiantos melloren directa ou indirectamente, tanto a situación da empresa como a do seu persoal, o que adaptará á nova situación para que non se produza, en ningún caso, paro tecnolóxico polos traballadores. Cando a implantación dos novos sistemas teña como consecuencia a modificación substancial das condicións de traballo dos empregados dun determinado sector, a dirección informará e oirá o comité de empresa, antes da súa entrada en vigor.

Artigo 8º.-Organización xerárquica do traballo.

Os mandos, na área do seu cometido, actuarán coa autoridade e responsabilidade precisas para acadaren un auténtico progreso técnico e mellora-la producción.

As iniciativas dos traballadores, relativas ós seus cometidos, serán sometidas ó xefe inmediato e leva

das á práctica se este o estima conveniente, de acordo coas súas instruccións, sen prexuízo de que, en caso de emerxencia, se poidan adopta-las medidas que crean necesarias e realiza-los traballos que consideren de urxencia, dando conta inmediata ós seus xefes.

Artigo 9º.-Colaboración coa empresa.

A totalidade do persoal debe entrega e actitude digna da máxima confianza por parte da empresa. Isto estará encamiñado a obte-la máxima eficacia no traballo, xunto cunha leal colaboración na boa marcha del o que redundará no seu propio proveito.

Tódalas iniciativas que leven a un mellor desenvolvemento dos traballos e mellor planificación nos encomendados a unha unidade de traballo serán transmitidos polo superior inmediato, para que a dirección decida sobre a súa posta en práctica. Se estas inciativas repercuten notablemente na simplificación do traballo a realizar ou teñen outras consecuencias favorables para EMALCSA, poranse en coñecemento da dirección, que determinará se son merecentes de seren premiadas e en qué contía e forma.

Artigo 10º.-Disposicións xerais para todo o persoal.

Establécense as seguintes:

a) Perante calquera dúbida ou dificultade que se presente na execución do traballo, o productor deberá solicita-las correspondentes aclaracións do seu superior inmediato, a quen lle comunicará, así mesmo, calquera atranco para realiza-la súa misión ou as fallas que observe no material, instrumentos, útiles, ferramentas e máquinas. Nos casos de urxencia, o traballador adoptará as medidas que considere necesarias, dando conta posteriormente ó seu superior inmediato.

b) Queda prohibido utilizar fóra do traballo máquinas, ferramentas, equipos, vehículos e útiles, estean ou non asignados ó traballador, sen expresa autorización, por escrito e individualizada da empresa.

c) O persoal ten a obriga de coñecer e cumpri-lo presente convenio colectivo.

d) Cando ó efectuar un traballo se ocasionen danos, directa ou indirectamente, a persoas ou cousas, o traballador que está á fronte del, comunicará detalladamente ó seu xefe inmediato, quen emitirá o parte correspondente.

e) O traballador obrigarase a non utilizar nin divulgar información, nin datos propiedade da empresa sen autorización previa da dirección dela.

f) Queda prohibido a todo o persoal, durante o horario establecido, dedicarse a traballos, ocupacións ou negocios por conta propia ou allea, así coma utiliza-los bens da empresa para os seus propios fins.

g) O persoal non poderá, fóra da xornada laboral, efectuar traballos que poidan ser concorrentes coas actividades da empresa.

Artigo 11º.-Identificación do persoal.

A empresa facilitará a tódolos empregados unha tarxeta de identificación que obrigatoriamente levarán consigo e mostrarán sempre que sexan requiridos para isto, dentro da súa xornada laboral.

Artigo 12º.-Participación dos traballadores.

O comité de empresa, como órgano representativo, colectivo e unitario de tódolos traballadores da empresa, ten como fundamental función a defensa dos intereses dos seus representados, así como a negociación e representación dos traballadores ante ela.

Iso supón a intervención, do xeito que se especifica, nas seguintes materias:

1. Contratación de traballadores. Liquidacións.

Os contratos de traballo serán coñecidos e visados polo comité de empresa, así como o documento que dea por resolta a relación laboral. Tódolos recibos que teñan carácter de liquidacións se asinarán en presencia dun reprsentante dos traballadores.

2. Negociación colectiva.

a) Durante todo o trámite de negociación do convenio poderá solicitarse o exame dos libros de contabilidade da empresa, téndose que dar vista deles á comisión deliberadora.

b) A comisión negociadora dos traballadores poderá ser asistida polos asesores que considere oportunos, logo de comunicación.

c) No suposto de acordo de convenio, publicarase o seu texto íntegro nos taboleiros de anuncios, facilitándose, así mesmo, a cada traballador un exemplar con todo o contido.

3. Sistemas de traballo.

Calquera modificación da organización do traballo será coñecida polo comité de empresa, quen poderá dotarse dos asesores que estime oportunos para emiti-lo informe, que será levado ó Consello de Administración polo representante nel, dos traballadores.

4. Seguridade e saúde.

A vixilancia das condicións de seguridade e saúde, así como a tramitación dos expedientes de toxicidade, penosidade e perigosidade, será competencia do comité de seguridade e saúde, podéndose, por parte del, suspende-la prestación de traballo dos traballadores afectados polo risco de accidente, por medio de comunicación á dirección da empresa e da autoridade laboral.

O número de compoñentes do comité de seguridade e saúde determinarase conxuntamente entre o comité de empresa e a dirección, téndose en conta que o mesmo poida realiza-la función de prevención e de evitación de accidentes laborais. Os ditos compoñentes serán elixidos directamente polos traballadores, segundo a distribución que se acordara. Dis

porá, dun xeito similar ós membros do comité de empresa, dun tempo de dez horas mensuais retribuídas a salario real, coa finalidade de atender debidamente á súa misión. As funcións e atribucións do devandito comité serán as seguintes:

a) Promover nos centros de traballo a observancia das disposicións vixentes en materia de seguridade e hixiene no traballo, cumpríndoas e facéndoas cumprir.

b) Estudiar e propo-las medidas oportunas para a prevención de riscos profesionais, protección da vida, integridade física, saúde e benestar dos traballadores.

c) Seren informados pola dirección das medidas concretas previstas para a execución das obras dos respectivos centros de traballo en materia de seguridade e hixiene, tendo a facultade de propo-las adecuacións, modificacións e adicións pertinentes ó plan de seguridade.

d) O comité de seguridade e saúde poderá propo-la paralización preventiva dunha obra ou dun traballo no suposto de risco para as persoas ou as cousas, debendo pór, de inmediato, en coñecemento da dirección e dos servicios técnicos de seguridade da empresa, que decidirán conxuntamente o que proceda.

A empresa facilitará ós membros do comité de seguridade e saúde a asistencia, a tempo retribuído, ós cursos de formación e capacitación que impartan os organismos oficiais; necesarios para o máis idóneo desenvolvemento da súa misión. Tamén facilitará a estes mesmos traballadores, en idénticas condicións que as descritas, a súa asistencia a cursos organizados polas centrais sindicais ou outras entidades non oficiais.

e) A empresa, como medida preventiva, establece unha revisión médica para todo o persoal activo con cargo a ela, revisión que terá lugar, como mínimo, cada dous anos, incidindo especialmente naqueles aspectos preventivos, derivados da súa propia actividade laboral na empresa.

5. Promoción profesional.

O comité de empresa participará, no concernente á cobertura de prazas, xa sexan de novo ingreso, por réxime de ascenso ou pola provisión interna no xeito que determinará en cada caso.

A dirección da empresa establecerá, no posible, cursos de formación, para adecua-los coñecementos dos seus traballadores, tendo en conta como mérito teren superado estes cursos.

6. Mobilidade do persoal.

A dirección da empresa, como responsable da organización do traballo, poderá asignar a cada traballador o posto de traballo que considere oportuno para o mellor desenvolvemento da misión que ten encomendada.

O comité de empresa vixiará o estricto cumprimento da normativa que segue en materia de mobilidade dos traballadores, que poderá te-la súa orixe nunha das causas que se sinalan:

a) Petición do traballador. Cando un traballador desexe mudar de posto de traballo, solicitarao por escrito ó seu xefe de servicio ou negociado, quen o porá en coñecemento da dirección, informando razoadamente das causas polas que avala ou rexeita a petición para a súa toma en consideración se procede, cando se cubran as vacantes que se produzan.

b) Por mutuo acordo. Cando por proposta dun xefe de servicio ou negociado, e por necesidades da empresa, a dirección propoña a un traballador o troco do posto de traballo, signique ou non cambio de centro e éste preste o seu consentimento, considerarase que o traslado se produce por mutuo acordo entre a empresa e o traballador, dándose conta do acordo ó comité de empresa para o seu coñecemento.

c) Por necesidades organizativas da empresa. A dirección asignará a cada traballador, en calquer momento, o posto de traballo que considere oportuno para o mellor desenvolvemento da misión que ten encomendada.

Se como consecuencia do anterior, un traballador se ve forzosamente obrigado a cambiar de centro de traballo, o director porao en coñecemento do comité de empresa, que emitirá un informe razoado sobre o tema nun prazo máximo de quince días. Se o informe é desfavorable á proposta da dirección, someterase o asunto á comisión mixta, que decidirá ou ben o traslado do traballador ou a convocatoria do correspondente concurso para a dotación da vacante.

d) Por diminución da capacidade física do traballador. Cando esta tivese a súa orixe nalgunha enfermidade profesional ou accidente de traballo, enfermidade común ou desgaste físico natural como consecuencia dos anos de servicio, o traballador seguirá a recibi-la retribución da súa categoría profesional e así mesmo terase en conta o establecido no artigo deste convenio referente ós traballadores con capacidade diminuida.

Considéranse centros de traballo para efectos deste artigo, os seguintes: depuradora de Cañás, depuradora de A Telva con adscrición do encoro de Cecebre, A Grela con adscrición dos depósitos de Eirís, Vixía, Monte Alto, O Ventorrillo e Pena Moa, planta de Bens e as oficinas centrais. O persoal de vixilancia quedará adscrito á depuradora máis próxima.

De tódolos traslados de persoas, anque sexa por mutuo acordo, darase conta por escrito, para o seu coñecemento, ó comité de empresa.

A empresa, en calquera dos casos, vén obrigada a respectar, como mínimo, tódalas percepcións que, por tódolos conceptos, tivese asignadas o traballador no senso de respecta-lo principio de condición máis beneficiosa.

7. Xestión da empresa.

Por solicitude do comité de empresa, esta debe informar sobre a situación económica dela, programa de producción, investimentos, facturación, etc.

Artigo 13º.-Asemblea. Garantía dos respresentantes dos traballadores. Garantía dos membros das organizacións sindicais.

A empresa autorizará a celebración de asembleas retribuídas, en horas de traballo, ata un máximo anual de tres (3) asembleas e doce (12) horas. As ditas asembleas serano de tódolos traballadores da empresa ou dun centro de traballo ou sector determinado e estarán convocadas polo comité de empresa, sexa pola súa iniciativa ou porque así o esixa un trinta (30%) do persoal. Comunicarase á dirección cunha antelación mínima de setenta e dúas horas (72) á data de celebración, podendo determinar esta os traballadores que deberán permanecer nos seus postos para o mantemento do servicio normal.

A retribución destas asembleas, ata o límite establecido, realizarase de acordo cos salarios reais. No que se refire ás asembleas non retribuídas, seguiranse celebrando fóra das horas de traballo, conforme os usos e costumes que se teñan establecido na empresa.

Os representantes dos traballadores disporán dun creto de 30 horas mensuais do seu traballo, cada un deles, retribuídas a salario real, para o exercicio das súas funcións de representación sindical, informando da súa utilización ó seu xefe respectivo con 48 horas de antelación, sempre que non se trate dun asunto de urxencia, que entón servirá coa xustificación inmediata da súa natureza.

Os desprazamentos dos representantes serán nun só vehículo particular dos traballadores e correrá a cargo da empresa sempre que sexa por reunións do comité ou por instancias da dirección.

Os representantes dos traballadores que desenvolvan o seu traballo en réxime de quendas, terán dereito a cobra-lo plus de quendas os días nos que asistan ás reunións do comité de empresa.

Sempre que as garantías e acordos en materia sindical sexan inferiores ós que marcan as ordenanzas, Estatuto dos traballadores e disposicións legais, estas terán prioridade sobre o pactado neste convenio.

Quedan recoñecidas as seccións sindicais da empresa. Os delegados destas seccións sindicais disporán, sempre que o traballo o permita, e tendo informado con corenta e oito (48) horas de antelación ó seu xefe respectivo, de dez (10) horas mensuais retribuídas a salario real para o exercicio da actividade sindical. En calquera caso, e para teren dereito ás citadas horas retribuídas, os delegados sin

dicais e as súas seccións sindicais respectivas deberán cumpri-los seguintes requisitos:

a) Tratarse de centrais sindicais legalizadas, cun mínimo dun dez por cento (10%) de afiliados na empresa.

b) Serán funcións das seccións sindicais a afiliación, reunión, propaganda e participación dos dirixentes en reunións ou asembleas dentro da empresa, convocadas polos traballadores ou afiliados á sección sindical correspondente, sempre que a maior parte deles o estime oportuno.

As seccións sindicais da empresa que cumpran o requisito dun mínimo de afiliados do dez por cento (10%) do cadro, disporán para o conxunto dos seus afiliados, sempre que a prestación do traballo o permita, un máximo de tres días (3) anuais non retribuídos para asistiren a cursos de formación sindical, congresos do seu sindicato e actividades análogas. A utilización deses días de licencia requirirá comunicación previa da súa central sindical con setenta e dúas (72) horas de antelación, se fose un só día o utilizado e, unha semana, se pretendese utilizar mais dun (1) día de licencia non retribuida.

Este dereito soamente poderá ser utilizado simultaneamente por unha sección sindical e pola metade, como máximo, dos seus afiliados.

Os membros dos comités de empresa e os delegados sindicais da empresa terán as seguintes garantias comúns:

a) Utilizar, co coñecemento previo da empresa, un taboleiro de anuncios para a publicación de notas de caracter laboral ou sindical.

b) Que sexan facilitados locais de reunión.

c) Que con carácter previo a calquera medida disciplinaria na súa contra por parte da empresa, se notificará tal medida con setenta e dúas (72) horas de antelación:

1. No caso de membros do comité de empresa, ó propio comité de empresa.

2. No caso de delegados de seccións sindicais, ó sindicato á que pertenzan.

Os delegados de seccións sindicais e membros do comité de empresa terán dereito, sempre que a prestación do traballo o permita, ata un máximo de vinte (20) días completos de libre disposición e en tres (3) ocasións en total como máximo ó longo do ano natural para a asistencia a cursos de formación, seminarios e actividades sindicais propias da representación que exerzan, sendo este período non retribuído. Xamais poderán coincidir no exercicio dos dereitos anteriormente mencionados máis dun vinte (20%) por cento dos delegados sindicais ou membros do comité de empresa.

Artigo 14º.-Traballos de superior categoría.

Considerarase que un traballador realiza un traballo de superior categoría, cando ocupa un posto de traballo vacante no que desenvolva un labor que corresponde a un nivel superior á súa categoría profesional, segundo a clasificación do artigo 20º deste convenio.

A declaración desta situación pode ser establecida a petición do traballador ou por iniciativa da dirección. En ámbolos dous casos, deberá ser confirmada de acordo co comité de empresa.

Esta situación terá un límite temporal de tres meses como máximo, ó cabo dos que, se se confirmase a vacante, aplicarase en todo para a súa provisión caso de que establece o articulado deste convenio.

En calquera caso, no que desempeñe funcións de superior categoría, o traballador terá dereito, durante todo o tempo de duración desta situación á diferencia retributiva que lle corresponda.

Esta normativa rexe para tódolos postos agás os responsables de función, designación dos cales corresponde ó director-xerente.

Artigo 15º.-Traballos de inferior categoría.

En caso de necesidade a empresa, poderá destinar temporalmente un traballador a realizar misións de categoría profesional inferior á que teña recoñecida e este non poderá negarse a efectua-lo traballo encomendado, sempre que non prexudique a súa formación profesional. A súa designación será rotativa, comezando polos de menor categoría e de menor antigüidade nela. O traballador seguirá a percibi-lo salario que pola súa categoría lle corresponda.

Artigo 16º.-Dirección da empresa.

A xefatura de tódolos servicios da empresa, corresponde ó director-xerente, segundo os estatutos da sociedade, podendo delegar temporalmente en empregados dela algunha das súas funcións, logo de autorización do presidente do Consello de Administración.

Artigo 17º.-Clasificación do persoal.

O persoal da Empresa Municipal Aguas de La Coruña, S.A. ó que lle afecta o presente convenio colectivo clasifícase, segundo o carácter da súa vinculación, en:

I. Persoal do cadro fixo.

II. Persoal en prácticas.

III. Persoal eventual.

IV. Persoal interino.

V. Persoal en formación.

I. O persoal do cadro fixo é o que presta os seus servicios na empresa en actividades de carácter permanente.

II. Persoal en prácticas. É o persoal que está en posesión dunha titulación académica, profesional ou laboral recoñecida, realiza para a empresa un traballo retribuído que lle permite, así mesmo, o aplicar e perfecciona-los seus coñecementos, facilitándolle unha práctica profesional adecuada ó seu nivel de estudos.

A contratación deste persoal, segundo establece o Estatuto dos traballadores, realizarase sempre por contrato escrito, no que se recollerán tódalas disposicións e condicións que a lexislación vixente estableza para este tipo de contratación.

III. O persoal eventual é o que se contrata para realizar unha misión concreta, por un tempo de duración determinado e que non poida ou non sexa aconsellable realizar con persoal do cadro. Estes contratos formalizaranse por escrito.

A consideración de traballos desta condición será a seguinte:

a) Cando se contrate un traballador para a realización de obra ou servicio determinado, que por necesitar uns coñecementos ou titulación, non se pode levar a cabo co persoal do cadro existente en cada momento.

b) Os traballos de carácter temporal que, ademais dos normais, se presente en calquera centro de traballo.

c) Os traballos de posta en marcha de novos elementos de producción ata a súa entrada en servicio e nos de tempada, sempre que o réxime normal non sexa por máis de tres meses cada ano.

Non terán carácter de eventuais os traballos chamados extraordinarios que para a súa atención requiran renovación ou celebración de contratos que, no seu conxunto, representen unha continuidade de traballo superior a dous anos, nun período de cinco.

Non poderán, en ninguna circunstancia, encomendarse a traballadores contratados como eventuais traballos distintos dos sinalados anteriormente e que correspondan a esta condición laboral.

IV. Persoal interino e contratado especificamente para substituír determinado traballador fixo durante a súa excedencia, permiso, vacacións, accidente, incapacidade temporal, servicio militar, enfermidade ou calquera outra causa que determine reserva de posto de traballo. Deberá formalizarse o oportuno contrato de traballo, facéndose consta-los motivos da situación e o nome de a quen se sustitúa, así como as clases de traballo.

O traballador interino cesará automaticamente no momento de incorporarse ó traballo o productor ausente, motivo da substitución. Se, polo contrario, este non se reincorporase, a dirección rescindirá o contrato do traballador interino que o suplía nese momento.

Tanto o persoal eventual como o interino terán dereito ás percepcións salariais e complementos que se determinen no seu contrato.

V. Persoal en formación. É o persoal contratado de acordo coa lexislación sobre este tema en vigor en cada momento e que se obriga en simultaneidade á prestación dun traballo remunerado e, así, recibi-la formación, acorde coas características e misións que EMALCSA ten encomendadas, formación que deberá ser necesariamente proporcionada pola empresa, ben directamente ou mediante convenios con centros autorizados de formación profesional ou do Instituto Nacional de Emprego.

En calquera caso, e en orde á especial situación laboral xeral, a empresa atenderá preferentemente, dentro das súas posibilidades, á promoción de emprego.

Artigo 18º.-Clasificación do persoal segundo a función e/ou categoría.

Todo o persoal de EMALCSA, ó que afecta este convenio, clasificarase de acordo coas funcións que primordialmente realiza e/ou a súa categoría laboral, nos seguintes grupos:

Grupo I. Persoal técnico e administrativo.

Grupo II. Persoal operario.

Grupo III. Persoal subalterno.

Artigo 19º.-Función e definición das categorías laborais.

Todo o persoal do cadro ficará encadrado dentro dos grupos anteriormente sinalados, na escala e categoría laboral que lle corresponda de acordo coas suas aptitudes profesionais, titulación e condicións de ingreso na empresa.

De acordo coa categoría laboral e escala, a cada empregado seu, se lle asinará un posto de traballo conforme o cadro funcional que se aprobe cada ano segundo o organigrama vixente.

A definición das escalas e categorías realizarase segundo os criterios seguintes:

1. Grupo I. Persoal técnico e administrativo.

O persoal deste grupo é o que realiza funcións de órde técnica ou administrativa para as que se require unha especial preparación teórico-práctica, podendo ser necesaria, nos casos que se determine, estar avalada pola correspondente titulación.

Dentro deste primeiro grupo consideraranse as seguintes escalas e categorías:

1.1. Subgrupo I.-Escala de técnicos.

Pertence a esta escala, recoñecida polas disposicións vixentes como de grao superior ou medio respectivamente quen, acredite a súa capacidade para o exercicio dunha actividade da empresa que requira a especial preparación que o seu título comporta, téndoselle esixido a devandita titulación na convocatoria de ingreso.

Por outra banda, esta escala, estará formada polo persoal que realice misións fundamentalmente téc

nicas, para as que non se requira, por disposicións legais, nin se esixa na convocatoria, posuí-la titulación.

Considéranse en particular, as seguintes categorías:

T.1. Primeira categoría.

T.1.1. Director técnico.

T.2. Segunda categoría.

T.2.1. Xefe de departamento técnico con título de grao superior.

T.2.2. Xefe de departamento técnico.

T.3. Terceira categoría.

T.3.1. Xefe de servicio con título de grao superior ou medio.

T.3.2. Xefe de servicio.

T.3.3. Titulado grao superior.

T.3.4. Titulado grao medio.

T.4. Cuarta categoría.

T.4.1. Subxefe de servicio.

T.4.2. Delineante proxectista.

T.5. Quinta categoría.

T.5.1. Técnico de primeira.

T.5.2. Delineante.

T.6. Sexta categoría.

T.6.1. Técnico de segunda.

-Persoal de primeira categoría.

Queda adscrito a esa categoría a persoa que co título da escola técnica superior teña encomendada a xefatura do total dos servicios técnicos da empresa.

-Persoal de segunda categoría.

Dentro desta categoría, que comporta a responsabilidade do máis alto nivel funcional dentro do organigrama da empresa, existen dous niveis segundo se posúa ou non un título de grao superior, que comporta, no primeiro dos casos, a posibilidade de desenvolver proxectos dentro das funcións da empresa que requiran a devandita titulación.

-Persoal de terceira categoría.

Ficará adscrito a esta categoría o persoal que teña encomendado o desenvolto dunha área de responsabilidade importante dentro do organigrama da empresa e aqueles que, sen asumiren esa responsabilidade, posúan a titulación que os capacita para a realización das principais tarefas de órde técnica que a empresa desenvolva dentro da súa actividade, acordes co seu posto de traballo.

-Persoal de cuarta categoría.

Estará comprendido neste grupo o persoal que, dependendo doutro de máis categoría e con coñe

cementos básicos adecuados ó seu nível profesional, desempeña con plena responsabilidade e eficacia os traballos que se lle encomenden.

-Subxefe de servicio.

É aquel empregado que, ás ordes dun xefe de servicio, colabora con el nunha parcela determinada con completa responsabilidade e cos coñecementos adecuados, realizando estas funcións con plena eficacia e substituíndo o xefe de servicio en casos de necesidade.

-Delineante proxecticta.

É aquel empregado que, por medio de plano, dá realización práctica das ideas suxeridas polos seus xefes ou concibidas por eles mesmos. Deberá coñece-lo cálculo de resistencias de materiais posuíndo, ó mesmo tempo, os coñecementos técnicos e matemáticos necesarios para o desenvolvemento da súa función, debuxo ou copia dos planos de conxunto e detalle, logo de entrega de esbozos, efectuando cubicacións, etc. esboza do natural, e executa con perfección proxeccións, acotamentos, seccións, rotulacións e debuxos de detalle. O que, posuíndo coñecementos técnicos e matemáticos elementais, debuxa planos de detalle e conxunto, copiando directamente ou por medio de papeis transparentes, calcos e litografías xa preparadas amais de realizar, a escala, determinados esbozos sinxelos e claros de doada interpretación, executando perfectamente a rotulación.

-Persoal de quinta categoría.

Ficará clasificado nesta categoría o persoal que, procedendo das categorías inmediatas inferiores ou do grupo primeiro do persoal operario, superara as probas de promoción correspondentes e posúa os coñecementos teórico-practicos necesarios para o desempeño das funcións asignadas a este nivel

Estarán incluídos nesta categoría os cargos seguintes:

-Técnico de primeira.

É o persoal do que as funcións supoñen a integración, coordinación e supervisión de tarefas homoxéneas realizadas por un conxunto de colaboradores, tarefas que nalgúns casos poden supor corresponsabilidade de mando. A titulación ou coñecementos adquiridos no desenvolvemento da súa profesión é a equivalente á formación profesional na especialidade máis acorde co posto, preferentemente de grao superior, completada cunha experiencia dilatada.

-Delineante.

É o empregado que, tendo coñecementos técnicos e matemáticos necesarios para o desempeño da súa función, debuxa ou copia planos de conxunto e detalle precisos e acotados, logo de entrega dos esbozos, efectuando cubicacións, etc. Esboza do natural executando con perfección proxeccións, acotamentos, seccións, rotulacións e debuxos de detalle. Tamén poderá ser responsable do arquivo de planos e da reproducción deles.

-Persoal de sexta categoría.

O persoal nela integrado desempeña fundamentalmente funcións de carácter auxiliar, constituíndo un nivel de formación e capacitación para categorías superiores. Dentro destas categorías inclúense:

-Técnico de segunda.

Os traballos a realizar por este persoal supoñen unha execución autónoma que esixe habitualmente iniciativa por parte dos traballadores que a desenvolven, estando a comportar baixo supervisión, a responsabilidade deles. A titulación ou coñecementos adquiridos no desenvolvemento da súa profesión é a equivalente á formación profesional de grao medio na especialidade máis acorde co posto, completada cunha formación específica no posto de traballo.

1.2. Subgrupo II. Escala de administración.

Pertence a esta escala o persoal que, posuíndo unha titulación recoñecida polas disposicións vixentes, acredite a súa capacidade para o exercicio dunha actividade da empresa que requira a especial preparación que o seu título comporta, logo de esixírselle a devandita titulación na convocatoria de ingreso.

Así mesmo, esta escala estará constituída polo persoal que realice misións fundamentalmente administrativas, para as que non se requira, por disposicións legais, nin se esixa na convocatoria de ingreso, posuí-la citada titulación.

Considéranse, en particular, as categorías seguintes:

A.1. Primeira categoría.

A.1.1. Director administrativo.

A.2. Segunda categoría.

A.2.1. Xefe de departamento administrativo con título de grado superior.

A.2.2. Xefe de grupo.

A.3. Terceira categoría.

A.3.1. Xefe de negociado con título de grao superior ou medio.

A.3.2. Xefe de negociado.

A.3.4. Titulado de grao medio.

A.4. Cuarta categoría.

A.4.1. Subxefe de negociado.

A.4.2. Analista informático.

A.5. Quinta categoría.

A.5.1. Oficial 1º administrativo.

A.5.2. Programador informático de primeira.

A.6. Sexta categoría.

A.6.1. Oficial 2ª administrativo.

A.6.2. Programador informático de segunda.

A.-7. Séptima categoría.

A.7.1. Auxiliar administrativo.

-Persoal de primeira categoría.

Queda adscrita a ista categoría a persoa que, co título de facultade universitaria, teña encomendada a xefatura total dos servicios administrativos da empresa.

-Persoal de segunda categoría.

Dentro desta categoría, que comporta a responsabilidade de máis alto nivel funcional no organigrama da empresa, existen dous niveis segundo se posúa ou non un título de grao superior.

-Persoal de terceira categoría.

Fica adscrito a esta categoría o persoal que teña encomendado o desenvolvemento dunha área de responsabilidade importante no organigrama da empresa e aqueles que, sen asumila responsabilidade, posúan a titulación que os capacita para realizaren as principais tarefas de orde administrativa que a empresa desenvolve dentro da súa actividade, segundo o seu posto de traballo.

-Persoal de cuarta categoría.

Ficará clasificado nesta categoría o persoal que, dependendo doutro de máis categoría e cos coñecementos adecuados ó seu nivel profesional, desempeñe con plena responsabilidade e eficacia os traballos que se lle encomenden.

Están incluídos nesta categoría os seguintes niveis:

-Subxefe de negociado.

É aquel empregado que ás ordes dun xefe de negociado, colabora con el nunha parcela determinada con completa responsabilidade e cos coñecementos adecuados, realizando estas funcións con plena eficacia e substituíndo o xefe de negociado en casos de necesidade.

-Analista informático.

É o que desenvolve e analiza un proxecto informático. Posúe capacidade de síntese e coñece as posibilidades e limitacións do equipo de proceso de datos. Utiliza as técnicas de programación en toda a súa extensión, deseña documentos de entrada e saída da aplicación e proxecta melloras nos procedementos e técnicas a empregar.

-Persoal de quinta e sexta categoría.

Ficará clasificado nesta categoría o persoal que, procedente da inmediata inferior, teña superado as probas de promoción correspondentes e posúa os coñecementos teórico-prácticos necesarios para o desempeño das funcións propias desta categoría.

Dentro destas dúas categorías distinguiranse: os oficiais de primeira ou segunda que, sen distinción de especialidade e baixo a dirección dos seus superiores, desenvolvan e executen satisfactoriamente os traballos que se lle encomendan correspondentes á sección ou negociado a que pertenzan.

Por outra banda ficarán incluidos nestas categorías quinta e sexta respectivamente, os programadores e operadores de ordenador.

-Programador informático de primeira.

É o que desenvolvamento programas complexos a partir de procedementos previamente definidos polos analistas ata a súa total posta en explotación. A titulación ou coñecementos adquiridos no desenvolvemento da súa profesión é a equivalente á formación profesional na especialidade de informática máis acorde co posto, preferentemente de grao superior, completada cunha experiencia dilatada.

-Programador informático de segunda.

É o que desenvolve programas sinxelos a partir de procedementos previamente definidos polos analistas informáticos ou polos programadores informáticos de primeira, ata a súa total posta en explotación. A titulación ou coñecementos adquiridos no desenvolvemento da súa profesión é a equivalente á formación profesional de grado medio na especilidade máis acorde no posto, completada cunha formación específica no posto de traballo.

-Persoal de séptima categoría.

Esta categoría é a de ingreso na escala administrativa. Dentro dela están comprendidos os auxiliares administrativos.

-Auxiliar administrativo.

E o que desempeña fundamentalmente todas aquelas funcións de carácter auxiliar, constituíndo un nivel de formación e capacitación para categorías superiores.

1.3. Subgrupo III. Escala auxiliar de oficina.

A escala de auxiliar de oficina estará integrada polo persoal que desempeña funcións de lectura, cobranza, control de almacéns ou calquera outra cousa que supoña auxilia-lo persoal dos subgrupos primeiro e segundo no desenvolvemento da xestión técnico-administrativa da empresa.

Considéramo-las escalas seguintes:

AO.1. Primeira categoría.

AO.1.1. Encargado xeral de lectura e cobranza.

AO.1.2. Encargado xeral de almacén.

AO.2. Segunda categoría.

AO.2.1. Inspector de lectura e cobranza.

AO.2.2. Xestor de lectura e cobranza.

AO.3. Terceira categoría.

AO.3.1. Lector-cobrador.

AO.3.2. Almaceneiro.

AO.3.3. Telefonista.

-Persoal de primeira categoría.

É o empregado ó que a empresa outorga carácter xerárquico sobre o persoal das seguintes categorías coa función de distribución, vixilancia, inspección e responsabilidade do desempeño das súas funcións.

-Persoal de segunda categoría.

-Inspector de lectura e cobranza.

É o persoal con coñecemento dos procedementos de lectura e xestión de clientes, sendo o responsable do control e vixilancia da morosidade, a investigación de fraudes, revisións e xestión de rotas de lectura, supervisión de baterías novas e apoio ó resto de actividades de lectura de contadores. Proveñen de promoción de persoal da propia sección por designación directa do xefe de servicio, en función das vacantes definidas no escalafón.

-Xestores de lectura-cobranza.

Persoal con coñecemento dos procedentos de lectura e facturación que ten asignada a responsabilidade de lectura de grandes consumidores e varias xestións derivadas dos procesos de lectura (comprobacións, revisións, xestión de partes de morosidade, informes de lectura, etc.), cando o calendario fixado o permita. Están en condicións de substituíren os lectores no caso de que a produción o demande. O seu acceso á praza farase por designación do xefe de servicio e está condicionado á existencia de vacantes.

-Persoal de terceira categoría.

-Lectores-cobradores.

Son os que anotan o consumo rexistrado polos contadores dos abonados nas libretas correspondentes e dan conta ós seus superiores das anomalías que observen con motivo das lecturas dos devanditos contadores. Ó mesmo tempo que realizan seu labor, poderán cobrar no domicilio dos aboados recibos, realizando, despois, a liquidación da cobranza segundo a normativa vixente. Prepararán as cobranzas por roteiro dos recibos sen pagar e entregarán as cantidades cobradas, dando conta ós seus xefes das observacións e incidencias que formulen os aboados. Cando non realicen o seu traballo normal de lectura e cobranza poderaselles encomendar, na oficina, traballos de repaso, comprobación e similares, do conxunto de operacións que constitúan o seu labor habitual, podendo, ó mesmo tempo que cobran ou len, efectuar entrega de correspondencia ou notificacións relacionadas coas subministracións.

-Almaceneiros.

Son aqueles que, con coñecemento dos materiais que teñen ó seu cargo, desenvolvan a súa misión nos almacéns da empresa, intervindo nas operacións de petición de recepción, clasificación, vixilancia e despacho dos materiais, cubrindo os partes oportunos destinados á adecuada contabilización deles.

-Telefonista.

É o empregado que ten ó seu cargo, como misión fundamental, o manexo das centraliñas telefónicas para a comunicación das distintas dependencias da empresa entre si e co exterior, coa obriga de tomar notas de comunicacións e avisos, para o seu traslado ó persoal ou servicios correspondentes.

2. Grupo II. Persoal operario.

O grupo de persoal operario estará constituído polo persoal que desenvolve fundamentalmente misións prácticas ou manuais, relacionadas cos oficios clásicos ou coas peculiaridades da empresa.

Divídense nas seguintes categorías, atendendo ás funcións que realizan e o posto de traballo que ocupan.

0.1. Primeira categoría.

0.1.1. Encargado.

0.1.2. Capataz.

0.1.3. Montador.

0.2. Segunda categoría.

0.2.1. Subcapataz.

0.2.2. Inspector de instalacións.

0.3. Terceira categoría.

0.3.1. Oficial 1ª operario.

0.4. Cuarta categoría.

0.4.1. Oficial 2ª operario.

0.5. Quinta categoría.

0.5.1. Oficial 3ª operario.

0.6. Sexta categoría.

0.6.1. Peón especialista.

0.7. Sétima categoría.

0.7.1. Peón.

-Persoal de primeira categoría.

O persoal de primeira categoría realizará a coordinación dos traballos encomendados ó persoal ás súas ordes, controlando, así mesmo, a súa asistencia, o seu rendemento, a calidade e aquelas misións de especial importancia e responsabilidade que se lle encomenden.

O persoal desta categoría é o que dirixe as misións dos operarios coas do persoal técnico-administrativo.

-Encargado.

É o operario de máxima categoría que dirixe o resto do persoal operario a través dos capataces e directamente en misións da maior amplitude, realizadas en zonas xeográficas dispersas.

Deberá ter coñecemento de tódolos labores que efectúe o persoal ás súas ordes e será responsable da disciplina, seguridade e rendemento dos traballadores.

-Capataz.

É o persoal de superior categoría que, directamente ou ás ordes dos encargados, dirixe os traballos do persoal operario con perfecto coñecemento dos labo

res que efectúan, sendo os responsables da disciplina, seguridade e rendemento dos traballos encomendandos a este persoal.

-Montador mecánico ou eléctrico.

É aquel operario que ten coñecementos dabondo de mecánica e electricidade para poder repara-las máquinas, mecanismos, instalacións, vehículos, etc. nun taller ou in situ, usando os utensilios e ferramentas adecuadas.

-Persoal de segunda categoría.

-Subcapataz.

É aquel operario que, reunindo as condicións prácticas e necesarias, dirixe e vixía con igual función que o capataz ou subordinado a estos, canto se considere oportuno, un grupo de operarios.

-Inspector de instalacións.

É o operario, especialmente capacitado polos seus coñecementos para desenvolver illadamente misións de grande importancia e responsabilidade, referentes á totalidade das comprendidas nalgunhas das modalidades que se indican a continuación:

a) A toma de datos necesarios para poder subministra-los futuros aboados e, logo de rematadas as obras a que dan lugar, comproba-la súa boa execución confeccionando, así mesmo, os partes que sexan precisos para incorporar posteriormente as prolongacións da rede ó noso sistema de información.

b) Posuír un perfecto coñecemento do regulamento e normativa de aplicación da empresa. Realizar inspeccións dos predios para comprobar se o abastecemento se axusta á normativa antes mencionada (conexións, empalmes, arquetas, fraudes, titulación, datos do contrato, contadores e accesorios de fontanería, etc) Realizar comprobacións en predios sobre o estado de funcionamento do contador e dos seus accesorios, emitindo un dictame a respecto da porcentaxe dos seus posibles adiantos e atrancos. Realiza-las lecturas periódicas dos contadores e emiti-los correspondentes partes de incidencias que puidesen presentar. Á vista dos consumos realizados nos predios, logo de consulta dos datos retrospectivos, emitir un dictame respeito a se o aparello de medida instalado no mencionado predio é o apropiado, pola súa capacidade, para medi-los consumos e, no caso contrario, propo-la instalación dun contador de diámetro máis adecuado. Analiza-las posibles causas que puidesen motivar unha reclamación de

facturación. Toma-los datos sobre a presión existente na subministración ós predios dos aboados.

-Persoal de terceira, cuarta e quinta categoría.

Oficial é o operario que, en posesión dos coñecementos e prácticas propias do seu oficio ou función, realiza estas directamente ás ordes do persoal operario da escala de mandos.

Inda que se establecen tres categorías oficiais, as funcións que se lles encomendan serán, en xeral,

análogas con independencia da categoría a que pertezan e baseadas, fundamentalmente, nos coñecementos das especialidades que se lles sinalen.

-Persoal de sexta e sétima categoría.

Comprende dous niveis: peóns especialistas e peóns ordinarios.

-Peóns especialistas.

Son aqueles operarios que para o cumprimento da súa misión, requiran uns coñecementos específicos que terán posto de manifesto nas probas de ingreso na empresa ou adquirido durante a súa permanencia nela.

-Peóns ordinarios.

Son os operarios maiores de 18 anos, con capacidade dabondo para un rendemento normal de traballo que, sen a especialización definida, comezan o exercicio das profesións laborais, encetando a súa preparación para o ascenso a superiores categorías profesionais.

3. Grupo III. Persoal subalterno.

Será clasificado dentro deste grupo o persoal que realiza tarefas de apoio ó resto do cadro, xa que para o desenvolvemento da súa función, se lle esixen uns determinados coñecementos básicos.

Divídense nas seguintes categorías:

S.1. Primeira categoría.

S.1.1. Conserxe.

S.2. Segunda categoría.

S.2.1. Ordenanza.

S.2.2. Sereno-garda.

S.3. Terceira categoría.

S.3.1. Limpador.

-Persoal de primeira categoría.

-Conserxe.

É o que ten baixo o seu mando os ordenanzas, persoal de limpeza, etc. coidando da distribución do servicio e da orde, policía e limpeza das distintas dependencias da empresa.

-Persoal de segunda categoría.

-Ordenanza.

É o encargado do reparto de documentos e correspondencia dentro ou fóra das oficinas da empresa, copia de documentos, data e numera estes; facer recados, realizar xestións a domicilio, orienta-lo público nos locais da empresa, atende-las pequenas centraliñas telefónicas que non o ocupen permanentemente, colaborar na limpeza e boa orde dos despachos así como de calquera outro traballo secundario análogo ós específicos.

-Sereno-garda.

É o que durante o día ou a noite ten ó seu cargo a vixilancia de recintos, instalacións, etc.

-Terceira categoría.

-Limpador.

É aquel persoal que ten ó seu cargo e en horario especial a determinar en cada caso a limpeza das oficinas e outras dependencias da empresa.

Artigo 20º.-Definición e clasificación dos postos de traballo.

Denomínanse postos de traballo a descrición que de cada empregado se fai de acordo co organigrama da empresa e co que fican fixadas e delimitadas as súas obrigas e dereitos.

A definición de postos de traballo e a designación de quen deba ocupalos, será realizada polo director-xerente, dando conta das relativas ós tres primeiros niveis ó Consello de Administración.

Os postos de traballo clasificaranse atendendo ós seguintes niveis:

Nivel I. Directores.

Nivel II. Responsables de función principal.

Nivel III. Responsables de función secundaria.

Nivel IV. Encargado de sección.

Nivel V. Xefes de equipo.

Nivel VI. Resto do persoal.

Cada posto de traballo dependerá doutro nivel superior, aínda que non necesariamente do inmediato.

-Directores.

Son aqueles empregados do cadro de persoal que ocupan postos de traballo creados potestativamente polo Consello de Administración da empresa, por proposta do director-xerente. A súa misión abranguerá unha grande amplitude e as súas facultades determinaranse en cada caso.

-Responsable de función principal.

Son empregados que teñen encomendada a responsabilidade do correcto funcionamento e desenvolvemento dunha área de actividade da empresa de grande amplitude e transcendencia, de acordo co organigrama aprobado polo Consello de Administración. Estas actividades dependerán directamente do director-xerente.

-Responsables de función secundaria.

Son empregados que teñen encomendadas, con total responsabilidade, misións en áreas de menor amplitude, incluídas ou non, nunha función principal. A súa dependencia directa será fixada polo director-xerente no correspondente informe de estructura a aprobar polo Consello de Administración.

-Encargado de sección.

É o empregado que, amais de participar na execución das misións que correspondan a un sector diferenciado dentro dunha función determinada, se responsabilizan de coordina-las que realiza o persoal adscrito ás devanditas funcións.

-Xefe de equipo.

É o empregado que, amais de realiza-las misións que lle correspondan a unidades de traballo que non admiten fraccionamento, por seren sinxelas e xeralmente dun só tipo, coordinan as que realiza o resto do persoal do equipo, responsabilizándose delas.

En calquera dos niveis de mando poderán coexistir, cando as circunstancias o aconsellen, varias subxefaturas que, normalmente, poderán ser desempeñadas por un dos xefes das unidades dependentes da correspondente xefatura.

Tamén poderán ser encargados de sección ou equipo os que, estando incluídos en unidades de traballo adscritas directamente a postos de niveis superiores, ademais de realiza-las misións que lles correspondan, coordinen as que realiza o resto do persoal da sección ou equipo.

Clasifícanse no nivel VI tódolos postos de traballo que non estén incluídos nalgún dos niveis anteriormente citados.

O Consello de Administración, por proposta do director-xerente, poderá asignar, para efectos exclusivamente retributivos, un nivel ó persoal que, sen mando, desempeñe funcións que pola súa importancia o fagan aconsellable.

Artigo 21º.-Categoría por posto de traballo.

Para poder ser nomeado responsable dun posto de traballo de nivel I será preciso pertencer ás escalas técnica ou administrativa, con categoría laboral de primeira categoría.

No caso dos postos de traballo de nivel II e III, a categoría necesaria será a segunda ou terceira das mesmas escalas técnica ou administrativa.

Para os postos de nivel IV deberá posuí-la categoría cuarta das escalas técnica ou administrativa ou a primeira de auxiliares de oficina ou operarios.

Por último, para ocupar postos de nivel V, deberase pertencer á escala de auxiliar de oficina ou operarios na súa categoría segunda ou terceira ou á de subalternos en primeira categoría.

Artigo 22º.-Valoración diferenciada de postos de traballo.

Diante da imposibilidade de que tódolos postos de traballo pertencentes a un mesmo nivel sexan equivalentes, ben pola titulación que legalmente sexa preciso posuír para realiza-las misións encomendadas a eles, ben pola responsabilidade que del poida derivarse, ou polo seu contido, incomodidade ou maior dedicación, a dirección poderá adoptar criterios de valoración diferenciada ó establecerse os complementos a percibir mentres se ocupan os devanditos postos, complementos que se definirán no artigo 34º.2.2.

Artigo 23º.-Escalafón.

Enténdese por escalafón, a relación de todo o persoal da empresa con indicación do nome, categoría laboral da data de antigüidade na empresa e na corresponde categoría.

A empresa exporá nos seus centros de traballo, anualmente, antes do 1 de marzo, o escalafón do seu persoal. Antes do 1 de abril o persoal poderá formular, perante a dirección da empresa, as observacións que estime oportunas en relación coa súa situación no escalafón publicado. A resolución ó dito recurso producirase nun prazo de 20 días a partir da data de entrada no rexistro da empresa. Se neste prazo non fose emitida a resolución, considerarase aceptada a favor do traballador a petición ou reclamación formulada nos termos que este alegara.

Se o interesado non estivese conforme coa resolución da dirección da empresa, poderá interpor recurso de reposición no prazo de dez días perante a comisión mixta, que emitirá un dictame.

Unha vez confeccionado en firme o escalafón, manterase ó dispor dos traballadores en cada centro de traballo e entregaranse exemplares del ó comité de empresa e delegados de seccións sindicais.

Capítulo III

Artigo 24º.-Cadro de persoal.

A empresa publicará anualmente no taboleiro de anuncios, logo de informe ó comité de empresa, o cadro de persoal, con especificación das prazas cubertas, as que están a extinguir e as consideradas vacantes, determinando as que poderán ser obxecto de contratos de formación e prácticas.

A comisión mixta, definida no artigo 5º, analizará e proporá ó director-xerente un calendario de provisión das posibles vacantes que se produzan en cada momento, en caso de que esta non fose solicitada polo xefe de servicio.

Tamén estudiará esta comisión o caso dos postos a extinguir, informando das súa decisión o Consello de Administración a través do representante dos traballadores, no momento de aprobación por este organismo da dita supresión.

Artigo 25º.-Natureza e provisión das vacantes.

Entenderase por posto de traballo vacante aquel que, atopándose incluído no organigrama e cadro de persoal polo Consello de Administración da empresa, esté sen titular e a dirección acorde a súa provisión. Para estes efectos, as vacantes poden ser:

-Temporais.

-Definitivas.

1. Vacantes temporais.

Son vacantes temporais as que se refiren a posto de traballo no que o titular pasou a ocupar temporalmente outro posto ou se atope en suspensión por licencia, enfermidade prolongada, servicio militar ou causas de análoga natureza que lle confiran o dereito a volver ó seu anterior posto de traballo ó cesa-la devandita causa.

2. Vacantes definitivas.

Son vacantes definitivas as que se refiren a postos de traballo no que o titular pasou a ocupar con carácter permanente outro posto de traballo ou cesou na empresa.

Terán tamén esta consideración as correspondentes a aqueles novos postos de traballo que, pola modificación do cadro de persoal ou outras causas, a dirección estableza con carácter permanente.

3. Provisión de vacantes temporais.

As vacantes temporais cubriranse en calquera caso por decisión exclusiva da dirección da empresa, por proposta do xefe de servicio a que pertenza a vacante.

Neste caso procurarase que, se é posible, as vacantes se cubran co persoal da propia empresa. En caso contrario, proverase con persoal alleo a ela, mediante a sinatura dun contrato eventual no que figurará o tempo que se prevé para a contratación e que nunca será superior a seis meses.

Para a contratación deste persoal, elaboraranse unhas listas compostas por fillos de empregados que reúnan os requisitos mínimos requiridos para as distintas prazas, tanto de operarios como de administrativos.

A elección farase mediante un exame entre os aspirantes.

Para o cumprimento deste artigo quédase a expensas do lexislado en cada momento, e a empresa poderá acollerse ós beneficios que, en cada caso, poida establece-las ordenanzas laborais ou normativas oficiais vixentes.

Destas decisións, a dirección, informará e oirá o comité de empresa.

4. Provisión de vacantes definitivas.

As vacantes definitivas poderán cubrirse con carácter fixo ou eventual. Só se cubrirán provisionalmente cando a xuízo da dirección, do que se informará e oirá o comité de empresa, non sexa conveniente agarda-la realización de tódolos trámites necesarios para a súa provisión con carácter definitivo. Esta provisionalidade non poderá exceder de seis meses ininterrompidos.

A dirección estudiará, con asesoramento médico se for necesario, se polas súas características a praza vacante que se pretende cubrir é apta para ser ocupada por persoas que teñan minguadas as suas facultades físicas, ós que se lles dará preferencia.

4.1. Provisión con persoal da empresa.

As vacantes definitivas cubriranse, sempre que sexa posible e se cumpran tódolos requisitos que se establezan na definición do posto de traballo vacante, con persoal da empresa.

As vacantes correspondentes ós niveis I e II, directores e responsables de función principal serán abertos directamente polo Consello de Administración, por proposta razoada do director-xerente.

Os correspondentes ó nivel III, responsable de función secundaria, serán cubertos directamente polo director-xerente, que dará conta dos nomeamentos ó Consello de Administración e comité de empresa.

Para cubri-lo resto das vacantes, terase en conta o que determina o artigo 12º no que se refire á mobilidade do persoal, xa sexa por mutuo acordo,

por capacidade minguada ou por necesidades organizativas da empresa.

No caso de que a mobilidade do persoal para cubrir unha vacante signifique ascenso na categoría laboral, o director-xerente solicitará do comité de empresa informe a emitir no prazo de quince días sobre a devandita modificación, na que se terán en conta as razóns de tipo profesional ou de calquera outro tipo que poidan concorrer no caso. Recibido este informe, o director-xerente resolverá, dando conta da resolución ó comité de empresa.

En tódolos casos, e con independencia do anterior, o director-xerente poderá convocar, para cubrir calquera tipo de vacante, o correspondente concurso-oposición.

4.2. Provisión con persoal alleo á empresa.

No caso de que as vacantes definitivas non poidan cubrirse con persoal da empresa, convocarase o correspondente concurso-oposición, no que se establecerá se a vacante pode ser obxecto, para a súa provisión, de contratos para a formación ou en prácticas.

As vacantes dos niveis I, II e III poderán seren cubertas directamente polo Consello de Administración, segundo o que determine, en cada caso, a lexislación vixente.

Artigo 26º.-Ascensos de categoría laboral.

Os ascensos a categoría superior poderanse realizar segundo o sistema seguinte:

1. Ascensos automáticos.

Nas categorías que máis adiante se indican, ascenderase automaticamente, sen ocupar praza das aprobadas no cadro de persoal, ós oito anos de ingreso na mencionada categoría, segundo a seguinte orde:

Persoal de oficina.

a) Escala de titulados e técnicos

Delineante e técnico de primeira.

b) Escala administrativa.

Auxiliar administrativo a oficial de 2ª.

Oficial 2ª a oficial 1ª.

c) Escala de operarios.

Peón a peón especialista.

Peón especialista a oficial 3ª.

Oficial 3º a oficial 2ª.

Oficial 2º a oficial 1ª.

Igualmente, ós oito anos de ingreso na última das categorías mencionadas, delineante, oficial 1ª administrativo, oficial 1ª operario e nas de lector-cobrador, almaceneiro e ordenanza, pasarase a cobra-lo soldo do nivel inmediatamente superior, segundo o cadro de retribucións do persoal, sen ascenso á categoría que esta nova retribución significa.

Cando un traballador cambie de escala, dentro da plantilla sen aumento do seu nivel retributivo, con

sideraráselle o tempo que leva no seu antigo posto de traballo para os efectos deste artigo.

2. Libre designación.

Os ascensos a categoría para os que non existe ascenso automático, realizaranse por libre designación da dirección entre o persoal da empresa cumprindo os requisitos de titulación ou, se é o caso, os coñecementos adquiridos durante a súa permanencia na empresa ou os de informe ó Consello de Administración cando sexa necesario.

No caso de persoal operario, será requisito indispensable que o proposto leve, cando menos, oito anos na empresa.

No caso de que na opinión dun responsable de función se dean nun traballador circunstancias que xustifiquen o seu ascenso de categoría, sexan estas de orde profesional ou de calquera outro tipo, este pode propo-lo ascenso do traballador á categoría laboral que se crea conveniente. Neste caso, a dirección resolverá nun prazo máximo dun mes, unha vez solicitado un informe razoado e non vinculante do caso en cuestión, da comisión mixta.

Artigo 27º.-Concursos.

As normas que se dictan a continuación regularán os concursos que se convoquen para a provisión de vacantes de caracter fixo, sexa xa con persoal do cadro ou con persoal alleo a el.

1. Concurso para a dotación de vacantes con persoal do cadro.

Para cubri-las vacantes a que se refire o artigo 25º por medio de concurso, convocarase este con 30 días mínimo de antelación ás probas e poderán participar nel tódolos empregados do cadro que teñan, cando menos, tres meses de antigüidade na empresa no momento da convocatoria.

Coa convocatoria publicaranse as normas que rexerán e os programas e definición das probas que van realizar.

Así, a dirección, proporá ó comité de empresa, tan pronto sexa posible, os programas mínimos por posto de traballo que estarán en vigor en cada momento. O comité, pola súa banda, daralles publicidade para coñecemento de tódolos traballadores.

O tribunal, que se nomeará como mínimo quince días antes ó inicio das probas, proporá, á vista do desenvolvemento delas e se o estima oportuno, modificacións tanto do programa como de calquera outro aspecto do desenvolvemento da convocatoria, proposta que se terá en conta en concursos sucesivos.

Mentres estas propostas non se presentan, procurarase a máxima uniformidade nas convocatorias que se realicen.

Nestes concursos puntuarase a antigüidade na empresa, outorgándose unha puntuación máxima do 15% que se establecerá nas normas regulamentadoras deles. Así mesmo, poderase puntuar ata un 5% o feito de pertence-lo centro de traballo para a que a vacante se establece.

En caso de vacantes que poidan ser cubertas con persoal que teña a capacidade de traballo minguada pola idade ou outras circunstancias ou por persoas amortizables debido ó peche definitivo do seu centro de traballo ou troco das condicións del, as bases do concurso poderán establecer condicións de prioridade para o mesmo.

2. Concurso para a dotación de vacantes con persoal de novo ingreso.

Para o acceso ás vacantes para as que sexa necesaria a convocatoria co correspondente concurso-oposición, redactaranse as bases específicas, conforme os programas mínimos aprobados no seu día para cada posto de traballo. Estas bases serán aprobadas polo Consello de Administración.

As solicitudes para tomar parte nos concursos recibiranse nos prazos que se indiquen nas bases.

As convocatorias para ingreso en calquera escala e categoría determinarán, por outra banda, o prazo de presentación de instancias e data de iniciación das probas, as características xerais delas, temario, méritos a achegar na fase de concurso e cantos requisitos, incluído o de publicidade, determine a lexislación vixente.

Os aspirantes ás prazas someteranse ás probas psicotécnicas, teóricas e prácticas que se establezan para o concurso, podendo non proceder á adxudicación das vacantes se estas non son superadas por ningún concursante, a xuízo do tribunal.

Igualmente, cando a actividade da empresa necesite persoal cualificado para determinados postos de traballo, poderanse convocar exames teórico-prácticos, entre o persoal da empresa para mellora da categoría laboral do persoal que os poida ocupar.

Artigo 28º.-Tribunal para a resolución dos concursos.

O tribunal para resolve-los concursos, tanto para persoal do cadro de persoal como de novo ingreso, estará formado por:

-O director-xerente ou persoa por el nomeada, que actuará como presidente.

-Un membro sinalado polo Consello de Administración.

-Un representante da división ou departamento, servicio ou negociado a que perteza a vacante, clasificado na 1ª, 2ª ou 3ª categoría técnica ou administrativa, nomeado pola dirección.

-Dous representantes dos traballadores, nomeados polo comité de empresa.

En función da especialidade da praza convocada, o tribunal, a petición de calquera das partes (empresa ou traballadores), poderá solicitar á dirección da empresa, que sinale unha persoa allea a ela, especializada e cualificada na materia, para que participe como asesora do tribunal.

Igualmente, e por acordo maioritario do tribunal, este poderá delegar nunha empresa especializada na realización das probas e proposta de selección,

sempre de acordo coas bases e condicións da convocatoria.

Non obstante o anterior, a proposta última de resolución do concurso sempre corresponderá ó tribunal, proposta que se someterá para o seu cumprimento ó director-xerente.

Dos acordos do tribunal, así como de tódalas incidencias que puidesen producirse ó longo do concurso, levantarase acta, da que se remitirá unha copia ó comité de empresa para o seu arquivo.

Artigo 29º.-Formación e promoción profesional.

1. De conformidade co que prevén o artigo 22º do Estatuto dos traballadores e para facilita-la súa formación e promoción profesional, nas materias de actividade da empresa, o persoal fixo ou do cadro de persoal terá dereito a ver facilitada a realización de estudios para a obtención de títulos académicos ou profesionais, así como a realización de cursos de perfeccionamento e capacitación profesional.

2. A instrumentación do exercicio destes dereitos deberá levarse a cabo con participación do comité de empresa.

3. A empresa establecerá, consignada nos seus orzamentos anuais, a correspondente partida económica, que deberá ser estudiada e programada conxuntamente co comité de empresa e que inclúa os programas de formación que sexan necesarios tendo en conta tanto as necesidades futuras da empresa como o feito de outorgar posibilidades reais de formación.

4. A empresa, directamente ou en réxime de concertos con centros oficiais recoñecidos, poderá organiza-los cursos de capacitación profesional que sexan necesarios para a adaptación dos traballadores, modificacións técnicas operadas no posto de traballo. Estes cursos realizaranse en horas de traballo e á asistencia do traballador será obrigatoria para aqueles acollidos á realización deles.

Capítulo IV

Artigo 30º.-Norma xeral.

A totalidade das condicións económicas establecidas no presente capítulo quedan referidas á xornada normal de traballo.

Capítulo V

Artigo 31º.-Salario, definicións e modalidades.

1. Concepto.

Enténdese por salario as percepcións económicas dos traballadores, en diñeiro ou especie, pola prestación profesional dos servicios laborais por conta allea, ben que retribúan o traballo efectivo, calquera que sexa a forma de remuneración, ou os períodos de descanso computables como de traballo. Non terán a consideración legal de salario as cantidades percibidas polos conceptos seguintes:

a) Indeminzacións ou suplidos por gastos que foran realizados polo traballador como consecuencia da súa actividade laboral.

b) Prestacións e indemnizacións da Seguridade Social.

c) Indemnizacións correspondentes a traballos, suspensións ou despedimentos.

2. Elementos.

Forman o salario os conceptos retributivos que se fixen neste convenio colectivo, así como calquera outro que se determine expresamente.

3. Estructura.

A estructura das retribucións axustarase ós conceptos seguintes:

a) Salario base.

b) Complementos xerais para todo o persoal.

b.1. Participación en beneficios.

b.2. Complemento de asistencia ó traballo.

c) Complementos persoais.

c.1. Complemento de antigüidade.

c.2. Complementos por postos de traballo.

c.2.1. Complemento de quendas.

c.2.2. Complemento de destino.

c.2.3. Creba de moeda.

d) Pagas extraordinarias.

e) Outros conceptos.

e.1. Prolongación de xornada.

e.2. Bolsa de vacacións.

e.3. Bolsa de estudios.

f) Outras retribucións.

f.1. Gastos de viaxe.

f.2. Subministración de auga.

4. Tempo.

O salario aboarase por mensualidades vencidas.

5. Xeito de cobranza.

O pagamento das retribucións efectuarase mediante talón ou transferencia bancaria, agás que as disposicións vixentes dispoñan outros xeitos de pagamentos distintos.

6. Recibos.

A todo traballador, ó facerlle entrega das remuneracións devengadas, daráselle un documento xustificante e individual que consignará o importe total correspondente ó período de tempo a que se refire, a especificación do salario base correspondente e, se é o caso, ós complementos e outras retribucións específicas unitariamente, así como as deducións que legalmente procedan.

Artigo 32º.-Salario base.

O salario base será o que figura no anexo I deste convenio colectivo e será percibido pola totalidade do persoal da empresa en doce mensualidades e catro pagamentos extraordinarios.

Artigo 33º.-Complementos xerais para todo o persoal.

1. Participación en beneficios.

Será percibido pola totalidade do persoal e cobrarase en doce mensualidades e nos catro pagamentos extraordinarios.

A sua contía será igual ó quince por cento (15%) do salario base incrementado co complemento de antigüidade que a cada traballador lle corresponda.

2. Complemento de asistencia ó traballo.

Establécese un complemento de asistencia ó traballo de 20.040 pesetas mensuais que será percibido pola totalidade do persoal en activo.

Artigo 34º.-Complementos persoais.

1. Complemento de antigüidade.

1.1. Ámbito.

Será percibido polo persoal laboral, segundo a súa antigüidade na empresa. Entenderase por anos efectivos os prestados baixo calquera réxime de contratación, sempre que o fose en Aguas de La Coruña, S.A., a partir do 1 de xaneiro de 1945.

1.2. Tempo.

Aboarase nas doce mensualidades e os catro pagamentos extraordinarios.

1.3. Contía.

Con cada unha das doce mensualidades e dos catro pagamentos extraordinarios percibirase a cantidade de 1.666 pesetas por ano traballado na empresa. Esta cantidade determinarase sempre a primeiros de xaneiro, con independencia da data de ingreso.

2. Complementos por postos de traballo.

Estos complementos percibiranse en función do posto de traballo que se teña e, polo tanto, deixaranse de percibir ó cesar nel ou variaren as condicións que motivaron a súa adscrición.

2.1. Complemento de quendas.

Percibirao todo traballador que realice o seu traballo segundo esta modalidade, agás o persoal de vixilancia de noite que fose contratado expresamente para realizar traballos nocturnos pola sua propia natureza.

2.1.2. Tempo.

Aboarase por xornada de quenda realmente traballada, tanto na planta de tratamento da Telva como na de Cañás.

2.1.3. Contía.

Establécese unha contía fixa por este concepto de 1.380 pesetas por xornada.

2.2. Complemento de destino.

Con independencia da retribución básica que establece o convenio colectivo, poderase asignar un complemento específico de destino a determinados postos de traballo, cando a dita asignación sexa necesaria para asegura-la retribución total de cada posto

de traballo garde relación adecuada co contido de especial difultade técnica, dedicación, responsabilidade, perigosidade e penosidade.

Tamén, se por razóns de servicio, o persoal adscrito a algún posto de traballo se ve na obriga de forma habitual, de prolonga-la xornada laboral, se poderá establecer un complemento global para compensar esta maior dedicación. Esta compensación será concedida a petición dos correspondentes xefes de servicio ou negociado, logo de comprobarse a súa esixencia. A prolongación máxima que poderá autorizarse en razón deste concepto, será de unha hora por día traballado.

Este complemento terá un incremento do 2% sobre o aplicado no 1999.

Do establecemento e contía destos complementos darase conta ó Consello de Administración e informarase a comisión mixta.

2.3. Creba de moeda.

A empresa non exime da obriga de repo-las posibles perdas de diñeiro daqueles empregados que teñan unha actividade que implique habitualmente o seu manexo. Sen embargo, a este persoal, como compensación do anterior, aboaráselle a cantidade fixa de 4.723 pesetas mensuais.

Suspenderase a súa cobranza cando motivos de calquera índole, vontaria ou involuntaria, incluída a enfermidade ou accidente, impidan o desempeño nas súas funcións de perceptor. Non obstante, para que esta suspensión teña lugar, a non realización de funcións deben durar, polomenos, trinta días de forma continuada.

O que substitúa o persoal que tivese dereito á percepción de creba de moeda, polomenos trinta días, terá dereito á cobranza desta retribución en períodos cumpridos e conceptos mensuais, pola contía da percepción do persoal que substituíse.

Artigo 35º.-Pagamentos extraordinarios.

1. Ámbito.

Serán percibidos polo total do persoal laboral submetido a convenio ou contrato.

2. Número.

Serán catro.

3. Tempo.

Faranse efectivas o 20 de marzo, 20 de xuño, 20 de setembro e 20 de decembro.

4. Contía.

Cada pagamento extraordinario será a retribución correspondente ós seguintes conceptos:

Salario base, complemento de antigüidade e participación en beneficios.

5. O importe dos pagamentos extraordinarios para o persoal que en razón da súa permanencia non teña dereito á totalidade da súa contía, calcularase segundo a seguinte forma:

O persoal que ingrese ou cese durante o primeiro semestre do ano percibirá unicamente as gratificacións de marzo e xuño, calculadas en proporción ó tempo traballado no devandito semestre. A mesma norma se seguirá para o segundo semestre de cada ano a respecto das gratificacións de setembro e decembro.

Artigo 36º.-Outros conceptos.

1. Prolongación de xornada (horas extraordinarias).

Consecuentemente coa situación actual en materia de emprego, ámbalas dúas partes manifestan o seu propósito de continuaren coa reducción imprescindible das horas extraordinarias, polo que, conxuntamente, revisarán de forma permanente os procedementos de actuación e, por iso, pactan o que segue:

a) Terán a consideración de extraordinarias tódalas horas que se traballen fóra da xornada normal de cada traballador.

b) Poderán realizarse horas extraordinarias cando as necesidades do servicio o reclamen. O seu número xuntarase ós máximos establecidos pola Lei do Estatuto do traballador e o Real decreto lei do 14 de marzo do 1986 nº 1/1986. Non obstante, tendo en conta o carácter público dos servicios encomendados a EMALCSA, poderán realizarse horas extraordinarias de carácter estructural, de acordo co disposto no artigo 7 do Real decreto 92/1983, do 19 de marzo, e Orde do 1 de marzo de 1983.

O aboamento das horas extraordinarias atenderá ós seguintes criterios:

1. Aboarase un máximo de 80 horas anuais, segundo lei.

2. O exceso de horas sobre das 80 referidas no parágrafo anterior trocaranse se as necesidades do servicio o permiten, coa autorización expresa do director-xerente, por horas libres da xornada habitual de traballo na proporción de 1,75 dentro do ano actual, de conformidade entre traballador e empresa, non sendo acumulables ó período vacacional e con criterios de equidade entre o persoal afecfado.

3. Queda excluído da percepción das horas extraordinarias o persoal que percibe complemento especial, en atención ás peculiaridades do posto de traballo.

4. Establecerase, de acordo co comité de empresa, un sistema para intensifica-lo control das horas extraordinarias que se computarán día a día, relacionando nominalmente os traballadores que as realicen, o número destas e o sistema de aboamento ou troco. Os partes e verificación realizarase men

sualmente e remitiranse ó comité de empresa para o seu coñecemento e seguimento, unha semana antes da súa remisión á Dirección Provincial de Traballo.

5. Para o que non está expresamente regulamentado neste artigo terase en conta o que establece o Estatuto dos traballadores.

2. Bolsa de vacacións.

Establécese unha bolsa de vacacións de 69.986 pesetas, igual para todo o persoal en activo da empresa, a percibir no mes en que cada traballador desfrute das súas vacacións.

3. Bolsa de estudios.

Establécese un sistema de bolsas por curso académico para empregados e fillos de empregados que cursen estudios nos seguintes niveis:

a) Preescolar público e educación infantil.

b) Ensino primario obrigatorio (EPO).

c) Ensino secundario obrigatorio.

d) Formación profesional, grao medio e superior, bacharelato e curso de acceso á universidade.

e) Universidade, escola técnica e conservatorio.

f) Estudios homologados polo ministerio ou Consellería de Educación que teñan validez académica.

Excluénse os proxectos de fin de carreira, os doutoramentos e os mestrados. Por outra banda, non poderán acumularse e, tan só, se aboará unha bolsa por solicitante.

Para as alíneas d e f, será indispensable a presentación de matriculación ou fotocopia compulsada da liquidación das taxas de matrícula correspondentes ó curso para o que se solicita a bolsa.

A contía das bolsas para o curso 2001-2002, será de 31.971 pesetas que se percibirán no primeiro trimestre escolar, último do ano.

Artigo 37º.-Outras retribucións.

1. Gastos de viaxe.

Cando un empregado se vexa obrigado a realizar unha viaxe en función do seu traballo na empresa ou como complemento del, será compensado polos gastos ocasionados de acordo coa normativa que será redactada pola comisión mixta de interpretación do convenio que se establece no presente articulado.

2. Subministración de auga.

Terá dereito á devolución de cantidades por pagamento de subministración de auga, na contía que se establece, tódolos traballadores que presten os seus servicios activos e xubilados ou cónxuxes destes en EMALCSA e só será aplicable no domicilio en que viva o interesado, en virtude da propiedade da vivenda con contrato ó seu nome ou ó do seu cónxuxe. O traballador está na obriga de identificar a súa vivenda a que poida ser aplicada a exención e ó pagamento do resto das taxas que recadan co recibo da auga en nome do Concello da Coruña. O incumprimento destes requisitos considerarase falta grave.

Non terán dereito a devolución máis que dunha vivenda e ficarán, expresamente, excluídos, os realugados, os que vivan en pensións ou aqueles que utilicen a subministración de auga para fins que non sexan domésticos.

Os interesados presentarán no primeiro trimestre de cada ano os recibos satisfeitos no ano anterior.

Os impostos que houber serán a cargo do traballador.

As devolucións en concepto de retribucións en especie faranse en períodos anuais.

EMALCSA non está na obriga de prolonga-los seus servicios de distribución para que o seu persoal desfrute dos beneficios da devolución do pagamento da subministración de agua.

Capítulo VI

Artigo 38º.-Horario de traballo.

O horario de traballo para todo o persoal fíxase en trinta e sete horas semanais, a partir do día 1-1-2001.

O cómputo de horas traballadas realizarase segundo os calendarios inseridos nos taboleiros de anuncios dos centros de traballo.

Para os empregados suxeitos a horarios non computables por semanas, calcularanse un máximo de horas anuais que resulten da multiplicación do horario semanal por 44.7.

Para o ano 2001 establécense 1.653 horas.

Excepcionalmente, o cómputo de horas traballadas polas brigadas de urxencias e obras axustaranse a unha normativa particular destos servicios.

Dentro desta xornada laboral, recoñécese neste convenio a libre opción que teñen os distintos departamentos e servicios para que, por proposta deles mesmos e de acordo coa dirección, dadas as súas especiais condicións, pódase muda-lo seu horario mantendo unha dedicación similar.

A dirección cursará instruccións para o control da asistencia, puntualidade e ausencias de todo o persoal. A responsabilidade deste control directo é dos mandos intermedios.

Artigo 39º.-Xornada de traballo.

As retribucións que se establecen neste convenio corresponden á realización da xornada de traballo.

Se por disposicións que puidesen establecerse ó longo da vixencia deste convenio mudasen esta xornada de traballo, esta modificación implantarase fixándose os novos horarios de acordo cos correspondentes servicios, considerándose como horas estructurais tódalas extraordinarias que poidan realizarse ata o reaxuste total do cadro de persoal.

Artigo 40º.-Vacacións.

Todo o persoal suxeito a este convenio desfrutará dunhas vacacións anuais de trinta e un días naturais. Non obstante, o ano da súa contratación o traballador

desfrutará as vacacións en proporción ó tempo traballado durante o ano.

As vacacións concederanse nas datas que o traballador e a dirección establezan de común acordo, de tal xeito que se manteña o servicio normal. O calendario de vacacións farase público antes do 31 de decembro do ano anterior.

Se un traballador tiver que desfrutar obrigatoriamente as súas vacacións fóra dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, terá dereito a dous días laborais máis.

Se a un traballador, por necesidades da empresa, se lle suspendese as vacacións durante o seu desfrute, terá dereito a catro días máis dos que lle corresponden.

Os traballadores que o desexen poderán parti-las vacacións en dúas quendas, debendo haber entre elas unha separación como mínimo, de tres meses, de acordo coa dirección e sempre que non se prexudique o resto do persoal.

Se por necesidades da empresa a un traballador se lle trocase o seu período de vacacións, aquela compensará ó traballador con tódolos gastos que esta modificación puiderseocasionarlle.

Artigo 41º.-Días ponte e festivos.

Establécense con caracter xeral tres días ponte ó ano, ademais do día de Sábado Santo, por proposta do comité de empresa.

En cada un destes tres días acudirá ó traballo, como se dun día normal se tratase, a terceira parte do persoal da empresa, segundo quendas previamente establecidas.

Os ditos días ponte estableceranse antes do día 31 de decembro do ano anterior.

Ó persoal de quendas que non poida desfrutalo daráselle nun prazo de tres meses, os días que non puidera ter como ponte.

Estes días ponte non se considerarán festivos para o persoal que polo seu posto de traballo tivese que realizar gardas.

Á parte dos días legalmente establecidos, considerarase como festivo o día 22 de maio, patroa da empresa. Caso de ser festivo o día 22 de maio, a celebración trasladarase ó venres inmediatamente anterior.

Artigo 42º.-Excedencias.

Os empregados de EMALCSA poderán optar entre o sistema regulado no artigo 46 do Estatuto dos traballadores ou o que a coninuación se detalla, considerados ámbolos dous no seu conxunto.

A empresa concederá a todo o persoal que teña cando menos dous anos de antigüidade nela unha excedencia voluntaria por tempo non inferior a un ano nin superior a cinco. Estre prazo estenderase un ano máis por cada dous anos de antigüidade acumulada, ata un máximo de oito.

O prazo mínimo para solicita-la excedencia será de dous meses antes da data do seu inicio. Excepcionalmente, e en casos de recoñecida e inadiable necesidade, debidamente acreditada, poderá solicitarse nun prazo inferior de tempo.

A solicitude de reingreso deberá realizarse nun prazo mínimo de dous meses anteriores á finalización da excedencia, estando a empresa na obriga de confirma-la existencia ou non de vacantes nun prazo dun mes, a partir da data de presentación da solicitude. De non producirse petición expresa do traballador no tempo mínimo establecido, extinguirase a relación laboral.

O traballador que solicite o seu reingreso terá dereito a ocupa-la primeira vacante que se produza na súa categoría e especialidade. Se a vacante fose de inferior categoría á que tiña antes, poderá optar a ela, sempre que reúna os requisitos, ou agardar que se produza a que corresponda á súa categoría e especialidade. O reingreso producirase por orde de antigüidade na solicitude. No suposto de concidencia de datas, outorgaráselle ó solicitante con máis número de anos de traballo efectivo.

A excedencia voluntaria será concedida sempre sen dereito a percibi-lo soldo nin retribución ningunha e non poderá utilizarse para realizar servicios noutras empresas de coincidencia en actividade con EMALCSA ou baixo a lexislación laboral marco da mesma, levando o incumprimento desta premisa á perda de tódolos dereitos laborais e en consecuencia o do retorno a EMALCSA.

Artigo 43º.-Situacións especiais.

Ó traballador que se vexa privado de liberdade e posteriormente sexa declarado non culpable, reservaráselle o seu mesmo posto de traballo, sendo reintegrado automaticamente e de inmediato.

Artigo 44º.-Licencias e permisos.

Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en cada momento, establécese o seguinte réxime de licencias que non darán lugar a deducción ningunha nas retribucións.

a) Vinte días naturais en caso de matrimonio.

b) Catro días naturais por nacemento de fillos.

c) Tres días por enfermidade grave de parentes de ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, concretándose a dita enfermidade grave nos supostos de hospitalización ou intervención cirúrxica.

d) Catro días polo falecemento do cónxuxe e dos parentes en primeiro grao de consanguinidade ou afinidade.

e) Tres días polo falecemento de parentes de segundo grao de consaguinidade ou afinidade.

f) Un día polo falecemento de parentes de terceiro grao de consanguinidade ou afinidade.

g) As traballadoras terán dereito a unha licencia de dezaseis semanas por parto ou de dezaoito no caso de parto múltiple, o que se regulará polo dis

posto na Lei 3/1989, do 3 de marzo. A licencia será en todo caso irrenunciable.

h) Un día por traslado de domicilio habitual. Dous se é en distinto municipio.

i) Así mesmo, establécense para todo o persoal da empresa días para asuntos propios, ademais das vacacións anuais e a marxe do calendario de festas, que non terán carácter de recuperables. Poderanse elixir libremente as datas, respectando sempre as necesidades do servicio e coa única limitación de que non se poderán acumular ás vacacións anuais. Para o persoal que mantén un réxime de quendas, exclúense ademais os primeiros e os últimos dez días naturais do ano.

O desfrute deste días deberá ser autorizado polo xefe de servicio correspondente e solicitados previamente cun mínimo de sete días naturais de antelación, debendo ser confirmados ou rexeitados cun mínimo de 48 horas antes do inicio do permiso. En caso contrario, considerarase como concedido.

A contía deste días será de tres días para o ano 2001, catro días para o ano 2002 e a partir do 1-1-2003 quedarán establecidos en seis días, divididos como mínimo en dous períodos de tres días cada un.

Para as alíneas c), d), e) e f), considérase de primeiro grao de consaguinidade os pais e fillos; segundo grao de consanguinidade os avós, netos e irmáns; terceiro grao de consaguinidade os sobriños e tíos. Considérase primeiro grao de afinidade os sogros, xenro e nora; segundo grao de afinidade os cuñados e terceiro grao de afinidade os tíos e sobriños políticos.

Capítulo VII

Artigo 45º.-Préstamos que concederá a empresa.

A empresa concederá préstamos ós seus empregados por valor de tres mensualidades, a descontar sempre a mesma cantidade nos vinte meses seguintes, entendéndose este prazo como máximo.

Unha comisión, formada dentro do comité de empresa, proporá anualmente ó Consello de Administración unha cantidade tope, fixándose un máximo global do 2% sobre da masa salarial do ano anterior durante a vixencia do presente convenio.

No caso de falecemento do traballador, á viuva ou herdeiros duplicaránselles, se o solicitan, os meses que lles falten por aboar.

En calquera caso, se o préstamo se dedicase á adquisición ou mellora da vivenda, o traballador estará na obriga de solicita-las vantaxes e bonificacións que estableza a lexislación vixente.

Artigo 46º.-Préstamos que concederán as entidades de crédito.

Así mesmo, xestionará a empresa, ante as entidades de crédito un aval para obte-los préstamos para adquisición de vivenda, que será ocupada obrigatoriamente polo empregado ou para calquera outro caso de necesidade que a comisión mixta, mediante informe razoado, estime oportuno.

A cantidade total e o importe máximo por empregado destes avais será fixado polo Consello de Administración anualmente.

Os xuros destes préstamos serán por enteiro á conta do empregado que os solicite.

Capítulo VIII

Artigo 47º.-Complemento por enfermidade.

A empresa aboará como complemento das prestacións económicas do seguro de enfermidade e das pensións de longa enfermidade as cantidades necesarias para os seus traballadores enfermos, en situación de baixa, perciban o cento por cento dos seus devengos, a partir do día en que se produza a devandita baixa.

Artigo 48º.-Complemento por accidente de traballo.

En caso de accidente de traballo, a empresa aboará a diferencia entre o 100% dos devengos do traballador e a indemnización que perciba por razón da súa incapacidade.

Artigo 49º.-Incapacidade permanente parcial.

Cando a un traballador lle sexa recoñecida a invalidez permanente parcial, a empresa estará na obriga de darlle un posto de traballo adecuado á sua situación, sendo a nova cualificación que lle corresponda polo menos igual ó nivel retributivo que tiña con anterioridade.

Se obtén o recoñecemento do dereito a pensión compatible co exercicio de profesión e oficio, a suma dos seus haberes polo novo posto de traballo máis a pensión será igual á do nivel da categoría que ten.

Se houber lugar a indemnización, esta será percibida polo traballador integramente, non repercutindo nos haberes percibidos polo seu posto de traballo.

Artigo 50º.-Incapacidade permanente absoluta.

No suposto de que a partir da data de entrada en vigor do presente convenio un traballador sexa declarado en situación de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, a empresa aboaralle a mellora correspondente.

Esta mellora será igual á diferencia entre o importe da respectiva pensión que lle conceda a Seguridade Social por esta causa e o 100% dos ingresos que tivera na data da declaración da devandita situación.

Artigo 51º.-Xubilación.

A todo o persoal a que sexa de aplicación o presente convenio e lle sexa concedida a xubilación, a empresa complementará as cantidades que outorgue a Seguridade Social, ata cubri-lo 100% do salario real que percibirá no momento da súa xubilación, sempre que teña cuberto o período de carencia correspondente.

Todo productor que, cumpridos os 65 anos de idade, non se xubile, cando o realice percibirá unicamente os beneficios da Seguridade Social.

As normas que se terán en conta para a percepción deste complemento serán:

a) As porcentaxes a recibir polo traballador con relación ó seu salario real correspondente ó ano da súa xubilación serán as que se indican na seguinte táboa en función da idade e anos de antigüidade, sempre que se cumpriran os requisitos que a Seguridade Social determina no caso dos anos de cotización para percibi-la pensión no seu grao máximo.

No caso de que por falla de anos de cotización o xubilado perciba só unha porcentaxe do total que lle correspondería de ter cotizado o número de anos que as leis establezan, a empresa aplicará a mesma porcentaxe á pensión complementaria correspondente.

Anos de antigüidadeIdade de xubilación

na empresa

62 63 64 65

40100

35 95100

30 90 95100 100

b) Para efectos deste artigo, considérase salario real a cantidade que lle corresponderá percibir durante o ano no que se produciu a xubilación en concepto de salario-base, premio de antigüidade e participación en beneficios.

c) Para efectos de consideración dos conceptos de idade de xubilación, teranse en conta as datas de nacemento. Polo tanto, para tódolos efectos deste artigo, considerarase como data de xubilación o día en que o traballador cumpra os 65 anos de idade.

d) Os traballadores que ingresaran na empresa a partir do día 1 de xaneiro de 1984, para percibi-lo complemento de xubilación por parte desta, deberán ter un mínimo de 20 anos de antigüidade.

Artigo 52º.-Actualización de pensións.

A empresa incrementará nun 2% por cento as cantidades que, en concepto de complemento, viña aboando con cargo ós seus propios fondos, ó persoal en situación pasiva o 31 de decembro do 1996, aplicándose igualmente a revisión pactada no artigo segundo da mesma forma que ó persoal activo.

Esta actualización establécese para o ano 2000, negociándose en anos sucesivos os incrementos que se aplicarán, ó mesmo tempo que se negocian os incrementos do persoal activo.

Artigo 53º.-Pensión de viuvez.

Con cargo ós seus propios fondos, a empresa aboará unha pensión complementaria de viuvez do 30% do salario real ou da pensión global de xubilación do causante (Seguridade Social máis complemento empresarial), ás viúvas do persoal que se atopen nalgunha das tres situacións a que se refiren os estatutos da mutualidade de augas, gas e electricidade, aprobado por Orde do 25 de setembro de 1954, sempre que a situación persoal que dá dereito a esta prestación existira no momento da xubilación, se se trata de persoal pasivo.

No caso de falecemento da viúva, a empresa concederá unha percepción única equivalente ó 90% do salario que lle correspondese ó traballador durante un ano, a repartir entre os fillos menores de 18 anos e os maiores imposibilitados para o traballo. Se o falecido é un productor viúvo, os seus fillos percibirán esta mesma axuda, sempre que se atoparan nunha destas condicións anteriores.

Para a actualización destas pensións, seguirase o mesmo criterio que no caso das xubilacións.

Artigo 54º.-Transformación do sistema de previsión.

Pactan as partes a transformación do actual sistema de previsión social, adaptándoo á Lei 8/1987, da regulamentación dos plans e fondos de pensións a través do réxime transitorio da Lei 30/1995, de ordenación do seguro privado, mediante a sinatura do documento coma anexo II a este convenio co título de documento de transformación do sistema de previsión social de EMALCSA.

Artigo 55º.-Axudas por fillos subnormais.

Os traballadores que tivesen fillos subnormais ou con deficiencias físicas ou síquicas recibirán da empresa unha axuda anual de ... pesetas, para gastos de centros de rehabilitación ou ensino especial, logo da presentación de certificado xustificativo.

Capítulo IX

Artigo 56º.-Roupa de traballo.

A entrega das roupas de abrigo será realizada pola empresa antes do día 1 de novembro do ano que corresponda e as prendas lixeiras antes do 31 de maio, tamén do ano que corresponda.

A comisión mixta de interpretación e vixilancia do convenio colectivo estudiará e solucionará cada caso que poida xurdir no que non estea previsto a determinación da roupa a entregar.

Relación da roupa a entregar:

Cada ano entregaranse roupas de augas no centro de traballo da Grela para cada empregado. No caso de deterioración dunha peza, esta reporase despois de petición do xefe de servicio.

No centro de traballo da Telva, haberá a disposición do persoal un número mínimo dabondo de equipos de roupas de augas de forma permanente.

Cada dous anos todo o persoal operario será provisto de roupa de abrigo, sendo o primeiro ano desta serie o de 1986.

Antes do 1 de novembro de cada ano, farase entrega dunha funda a todo o persoal operario. Así mesmo, antes do 31 de maio entregaráselle a todo o persoal operario un traxe de chaqueta de traballo.

En calquera outro grupo, sección ou departamento que polas características do traballo precise calzado ou roupa especiais ou determinadas, solicitarase a través do comité de empresa a súa entrega, aboamento ou compensación.

Artigo 57º.-Grupo de empresa.

A empresa e o comité de empresa comprometaranse a apoia-la creación estatutaria dun grupo ou club de empresa, que sirva de canle para as actividades extralaborais de orde artística, cultural, deportiva e recreativa que organice o persoal e que contará coa correspondente dotación económica.

Artigo 58º.-Xustificación de gastos.

Haberá unha folla normalizada e unificada, que se facilitará ós distintos departamentos da empresa, onde se consignarán todos aqueles gastos susceptibles de liquidación por parte do persoal. Estarán acompañados ineludiblemente dos documentos xustificativos que fosen requiridos e en ningún caso terán carácter reservado.

Artigo 59º.-Salario mensual.

Establécese o salario mensual para todo o persoal, de acordo co que se indica na táboa salarial adxunta.

Artigo 60º.-Táboa salario-hora.

A empresa dará publicidade en todolos taboleiros de anuncios, e cada seis meses, a unha táboa de importes de salario-hora individual e por categorías, calculado segundo o disposto no presente convenio.

Artigo 61º.-Información ós traballadores.

Tódalas notas e avisos que publique nos taboleiros de anuncios a empresa redactaranse en galego ou castelán.

O único taboleiro oficial de anuncios, para tódolos efectos, será o que se atope instalado nas oficinas centrais da empresa, aunque se procurará que toda a información que afecte o conxunto dos traballadores se publique tamén nos taboleiros dos correspondentes centros de traballo.

Artigo 62º.-Vinculación á totalidade

Constitúe o presente convenio que, substitúe tódolos asinados anteriormente, un todo indivisible libremente pactado. As partes consideran nulo e sen eficacia ningunha o convenio en caso de que a autoridade competente, no uso das súas facultades, non aprobase na súa totalidade a actual redacción. Neste caso reunirase a comisión negociadora nun prazo máximo de quince días para a súa adaptación.

Tamén anula os preceptos do Regulamento de réxime interior no que se opoña ó establecido neste convenio e tamén ós da ordenanza de traballo para as industrias de captación, elevación, conducción, tratamento, depuración e distribución de auga.

Artigo 63º.-Entrada en vigor.

Todas e cada unha das cláusulas do presente convenio entrarán en vigor con efecto retroactivo o día 1 de xaneiro de 2001.

Capítulo X

Cláusulas adicionais

Primeira.-Os traballadores que teñan dereito ó beneficio da xubilación anticipada e deixen de exercelo na data que lles corresponda, poderán acceder a compensacións de tipo social nas estipulacións seguintes:

a) Reducción das horas da súa xornada de traballo nun 50%.

b) Ampliación do período anual de vacacións nun 100%.

c) Eliminación das xornadas adicionais para complemento de horario ou xornada.

O exercicio dos dous primeiros beneficios é incompatible en termos absolutos; non obstante, pódense consensuar situacións que contemplen aspectos porcentuais de ámbolos dous e que non excedan na súa suma total de beneficios os que aquí se contemplan.

O desfrute destes beneficios non implicará ningunha afectación no que atinxe a calquera outra lexislación de tipo contractual nin laboral a que se ache sometido o traballador.

Cláusulas transitorias.

Primeira.-As partes comprométense a inicia-la elaboración, antes do 30 de setembro do presente ano de 2001, dun Regulamento de aplicación do fondo social recollido nos estatutos da empresa, con base no borrador presentado no seu día polo comité de empresa.

Táboa salarial a partir do 1 de xaneiro

Nivel

retri.

TécnicosAdministrativosAuxiliar oficinaOperariosSubalternosBase

mensual

1T.1.1. Director-xerenteA.1.1. Director administrativo408.209

2T.2.1. Xefe departamento título superiorA.2.1. Xefe de grupo. Título superior361.613

3T.2.2. Xefe departamento A.2.2. Xefe de grupo332.246

4T.3.1. Xefe servicio. Titulado A.3.1. Titulado. Xefe negociado302.550

5T.3.2. Xefe de servicio. Titulado superiorA.3.1. Xefe negociado. Titulado

A.3.2. Xefe negociado

293.007

6T.3.4. Técnico grao medioA.3.4. Titulado grao medio 282.717

7T.4.2. Delineante proxectistaA.4.1. Subxefe negociado

A.4.2. Analista informático

A.O.1.1. Encarga cobranza-lectura

A.O.1.2. Encargado almacén

255.084

8T.5.1. Técnico primeira

T.5.2. Delineante

A.5.1. Oficial 1º administrativo

A.5.2. Programador informático

primeira

A.O.2.1. Inspector cobranza-lecturaO.1.1. Encargado

O.1.2.Capataz

O.1.3. Montador

233.760

Nivel

retri.

TécnicosAdministrativosAuxiliar oficinaOperariosSubalternosBase

mensual

9T.6.1. Técnico segundaA.O.2.2. Xestor cobranza-lecturaO.2.1. Subcapataz

O.2.2.Inspector instalacións

209.565

10A.6.1. Oficial 2º administrativo

A.6.2. Programador informático segunda

O.3.1. Oficial 1º operarioS.1.1. Conserxe202.306

11A.7.1. Auxiliar administrativoA.O.3.1. Cobrador-lector

A.O.3.2. Almaceneiro

A.O.3.3. Telefonista

O.4.1. Oficial 2º operarioS.2.1. Ordenanza

S.2.2. Garda

188.972

12O.5.1. Oficial 3º operario 175.437

13O.6.1. Peón especialistaS.3.1. Limpador167.583

14O.7.1. Peón163.010

ANEXO II

Documento de transformación do sistema de previsión social da Empresa Municipal de Aguas de La Coruña, S.A. (EMALCSA)

Exposición xeral:

a) O actual convenio colectivo de EMALCSA ten recoñecidos, no seu capítulo VIII, compromisos en materia de previsión social cos seus traballadores.

b) EMALCSA ten compromisos por pensións causadas que está a aboar contra a súa conta de resultados anuais.

c) EMALCSA non se acolleu á disposición adicional primeira da Lei 8/1987, de regulamentación dos plans e fondos de pensións.

d) Os criterios de garantía de sistema e a obriga establecida na Lei do seguro privado, 30/1995, do 8 de novembro, obrigan a empresa a materializa-los seus compromisos adaptándoos á disposición transitoria decimo cuarta da devandita Lei 30/1995.

e) Como consecuencia da negociación colectiva, transfórmase este sistema de previsión nun plan de pensións, producíndose o seguinte:

-Prestacións que se establecerán no Regulamento do plan de pensións independentes da Seguridade Social.

-Homoxeneización das prestacións de risco e aforro.

-Prestacións consistentes nunha porcentaxe do salario.

-O plan de pensións estará sometido ó servicio futuro derivado da aplicación das hipóteses actuariais esixidas pola Lei de plans e fondos de pensións. EMALCSA cuantifica a súas obrigas adaptándose á Lei do 8 de xuño do 1987 e o Regulamento de plans e fondos de pensións (R.D. 1307/1988, do 30 de setembro), como vía legal para complementa-las súas obrigas futuras.

-O plan entrará en vigor na data da súa formalización con efectos económicos a partir do 1 de xaneiro de 1997.

f) O presente documento completarase co:

-Regulamento do futuro plan de pensións.

-Aceptación por parte dunha entidade xestora dun fondo de pensións.

-Dictame actuarial de viabilidade.

Descrición de características do proxecto do plan de pensións e das súas prestacións:

O plan estará regulamentado pola Lei 8/1987, do 8 de xuño, do mesmo ano, polo regulamento dela (R.D. 1307/1988) e polo que establece a Lei 30/1995 e o futuro regulamento que a desenvolva, facéndose reserva de acollerse a todo aquilo que interese, así como a calquera outra norma que a afecte positivamente no futuro.

O plan será do sistema de emprego e da modalidade de prestación definida.

O plan adscribirase a un fondo de pensións e a unha entidade xestora, asumíndose por unha entidade depositaria, todo isto ó abeiro da legalidade vixente.

As prestacións do plan serán independentes das da Seguridade Social.

A adhesión ó plan non implicará renuncia a ningún outro dereito nin a asunción doutra obriga das contempladas no convenio colectivo nos artigos non afectados por este plan de transformación.

A empresa, como promotora do plan, garante as achegas obrigatorias do réxime financeiro necesario para o cumprimento das prestacións previstas polo mesmo, así como as coberturas complementrias, se preciso fora.

A comisión promotora do plan constituirase segundo o previsto na lexislación vixente ó respecto.

As áreas de protección que cubrirán as prestacións garantidas polo plan son:

Xubilación.

Ordinaria: con carácter xeral o plan concederá unha pensión privada vitalicia, revalorizable anualmente, e modificable cada 1 de xaneiro coa procentaxe de revalorización máis reducida entre o 6% e o incremento do IPC durante os doce meses anteriores.

O importe inicial da pensión será unha porcentaxe do salario pensionable á data de xubilación segundo a fórmula seguinte:

PENJUB = COEFASxPORSALxSALPEN.

Esta pensión reverterá na viúva/o do beneficiario/a nun 67%.

COEFAS é o coeficiente por anos enteiros rateados por días de permanencia no plan como partícipe do

mesmo non computándose o tempo de partícipe en suspenso.

Se o partícipe tivese pertencido ó plan durante 35 ou máis anos, este coeficiente sería do 100%. Se o prazo de pertenza fose de menos de 30 anos, reduciráselle sobre o 100%, un 5% máis un 3% por cada ano que lle falte ata os 30. Se os anos de pertenza ó plan estivesen entre os 30 e os 35, descontaraselle un 1% sobre o 100% por cada ano que faltara para cumpri-los 35.

Os traballadores fixos de EMALCSA o 31 de decembro de 1996, que se adhiran ó plan de pensións nos prazos que se fixen terán un coeficiente 100%, con independencia do seu tempo de permanencia no plan, sempre que non estiveran máis dun ano na situación de partícipe en suspenso, computándose unicamente neste caso os anos de permanencia no plan.

PORSAL é a porcentaxe salarial. Aplicarase un coeficiente en función do salario pensionable, establecéndose dous tramos segundo o cadro seguinte:

SalarioPorcentaxe

' 4.000.0000,26

) 4.000.0000,16 x (salario - 4.000.000)

0,26 +

3.000.000

Os tramos salariais que cuantifican o PORSAL medrarán anualmente na mesma proporción que a suba real das percepcións dos conceptos que conforman o salario pensionable.

SALPEN é o salario pensionable ós 65 anos composto polos conceptos seguintes:

Salario base.

Premio de antigüidade.

Participación en beneficios.

Anticipada:

Os empregados que poidan exerce-lo dereito á xubilación anticipada poderán xubilarse anticipadamente sempre que reúnan o requisito de antigüidade que establece o actual convenio colectivo.

A estructura da prestación é a mesma que a aplicada por xubilación ordinaria coa particularidade de que o que opte pola xubilación anticipada sufrirá, durante todo o período que vai desde a idade de xubilación anticipada ata a de xubilación normal, unha reducción da prestación nun 15% no caso de xubilárense ós 62 anos, un 10% se a idade de xubilación é de 63 anos e un 5% no caso de teren cumprido os 64 anos. Neste mesmo período a prestación terá os incrementos que por convenio tería de encontrarse en activo.

A prestación concedida neste caso tamén será vitalicia e revalorizable.

Para aqueles traballadores que poidan facer uso do seu dereito á xubilación anticipada ós 64 anos de idade, a empresa garante que exercerá os meca

nismos legais existentes para que a Seguridade Social non efectúe ningunha reducción da súa prestación.

Ó cumpriren a idade de 65 anos, os traballadores que se tivesen xubilado anticipadamente pasarán a cobra-la prestación nas mesmas condicións que a xubilación ordinaria.

Para os traballadores que non se xubilen anticipadamente, tendo dereito a isto, segundo o convenio colectivo vixente, pactaranse medidas de comprensación social incluídas na revisión do convenio do ano 1997.

No regulamento do plan incluirase unha relación dos traballadores con dereito á xubilación anticipada, así como as condicións e prazos de adhesión a ela, de acordo co anteriormente estipulado.

Viuvez:

Activos: aboarase unha pensión vitalicia e revalorizable, do mesmo xeito que a prestación por xubilación, ó conxuxe do partícipe causante coa seguinte cuantificación:

PENVIUACT=0,67xCOEFASxPORSALxSALPEN.

Sendo COEFAS o coeficiente por anos de permanencia no plan do partícipe falecido segundo o definido no epígrafe relativo á xubilación, contabilizándose os anos reais de permanencia e os que tivese sido partícipe desde o momento do falecemento ata a idade de 65 anos.

As viúvas dos traballadores fixos en EMALCSA a 31 de decembro de 1996, que se adhiran ó plan de pensións nos prazos fixados terán un coeficiente COEFAS do 100% sempre que o traballador non permanecera máis dun ano na situación de partícipe en suspenso.

PORSAL e SALPEN serán segundo o definido no epígrafe de xubilación.

Xubilados: aboarase unha pensión vitalicia e revalorizable ó cónxuxe superstite do xubilado/a que terá o importe seguinte:

PENVIUJUB = 0,67xPENJUB.

Sendo PENJUB a pensión que o causante xubilado/a estivera recibindo no momento do falecemento.

Orfandade: os fillos dos partícipes en activo e dos beneficiarios percibirán ata que cumpran os 18 anos unha pensión temporal do seguinte importe:

PENORF=10%xCOEFASxPORSALxSALPEN.

Definíndose COEFAS, PORSAL e SALPEN do mesmo xeito que nos epígrafes anteriores.

Incapacidade permanente total, absoluta e grande invalidez:

Aboarase unha pensión vitalicia revalorizable do mesmo xeito que a pensión de xubilación ós traballadores declarados nos seguintes graos de invalidez, calquera que sexa a causa:

a) Incapacidade permanente total para a profesión habitual.

b) Incapacidade permanente absoluta para todo traballo.

c) Grande invalidez.

O importe da pensión será:

PENINV = COEFASxPORSALxSALPEN.

Sendo COEFAS o coeficiente por ano de pertenza ó plan segundo o definido para a xubilación, contabilizándose os anos reais de permanencia e os que fosen partícipes desde o momento da invalidez ata a idade de 65 anos.

Os traballadores fixos de EMALCSA a 31 de decembro do 1996 que sexan declarados inválidos e que se adhiran ó plan de pensións nos prazos que se fixen terán un coeficiente COEFAS do 100%, sempre que non permaneceran máis dun ano na situación de partícipe en suspenso.

PORSAL e SALPEN defínense da mesma forma que no caso da xubilación.

Persoal xubilado e pensionista a 31-12-1996:

A empresa externalizará os compromisos existentes cos actuais pensionistas mediante a integración no futuro plan de pensións ou mediante unha póliza de seguros cunha entidade aseguradora. Acollerase ós requisitos establecidos na lei do seguro privado.

Persoal activo a 31-12-1996 acollible ó plan de pensións:

Os empregados fixos de EMALCSA en activo o 31-12-1996 e que afecte o réxime prestacional de previsión social do actual convenio colectivo, poderanse acoller ó plan de pensións nas condicións e prazos que sinala o artigo 5 do R.D. 1307/1988 expresando manifestamente, por medio dun boletín de adhesión, o seu desexo de ser partícipe nel.

Se non se acollese no prazo dun ano que se determina no epígrafe 2º do devandito artigo 5, perderá a sua antigüidade para efectos do cálculo das prestacións do plan de pensións. Se no futuro decidise acollerse ó plan, sempre segundo as condicións e prazos que a lexislación citada anteriormente lle concede, será a partir dese momento cando comence a establecerse a súa antigüidade para efectos do cálculo do COEFAS.

Os empregados contratados a partir do 1 de xaneiro de 1997 incorporaranse ó plan nas condicións e circunstancias que no regulamento do plan se especifiquen.

Establécese un réxime transitorio ata o momento no que a materialización dos compromisos asumidos pola empresa sexan obrigatorios nos termos establecidos pola Lei 30/1995, de ordenación e super

visión do seguro privado, e lexislación posterior que a desenvolve.

Durante este período transitorio, os empregados que non se adhiran ó plan de pensións recibirán as prestacións por xubilación, incapacidade permanente total, incapacidade permanente absoluta, grande invalidez, viuvez e orfandade que se recollen no actual convenio colectivo, de acordo co que establecen as leis en vigor en cada momento.

Transcorrido este prazo, e unha vez adquirido efecto pleno o disposto na Lei 30/1995, quedarían sen efecto os artigos 47º, 48º, 49º e 50º do actual convenio colectivo.

Seguros adicionais.

As prestacións de risco do plan de pensións, falecemento ou invalidez do persoal en activo que non cumprira os 65 anos financiaranse a través de pólizas de seguro con cobertura abondo para facer fronte a elas, segundo informe de actuario competente, informe que se realizará coa periodicidade que se estime oportuno para mante-la citada cobertura suficiente.

Plan de reequilibrio financeiro actuarial:

A empresa financiará o custo por servicios pasados recoñecidos a 31-12-1996, mediante un plan de reequilibrio financeiro actuarial que conterá:

-Un plan de transferencia de elementos patrimoniais.

-Un plan de amortización do déficit recoñecido.

Os dous sistemas amortizativos serán realizados co xuro, crecementos de termos amortizativos, prazos de tempo e leis de amortización desenvolvidos no regulamento da Lei do seguro privado.

Os servicios pasados recoñecidos serán os re-

sultantes do dictame actuarial realizado pola Sociedad de Actuarios Vida y Pensiones con data de 31-12-1996.

Se o plan de reequilibrio previsto pola lei e o seu regulamento non alcanzase para cubri-la prestación establecida no plan de pensións, constituirase unha cobertura complementaria que cubra os diferenciais que puideran producirse por esta causa na materialización dos servicios pasados do persoal en activo a 31-12-1996, mediante cobertura complementaria e suficiente con pólizas adicionais.

Cláusula adicional.

As partes asinantes deste plan de transformación comprométense a revisa-los termos do plan de pensións no período comprendido entre o 1 de xaneiro do ano 2002 e o 31 de decembro do ano 2003, tendo en conta os acordos a que cheguen os interlocutores sociais en materia de pensións públicas dentro do chamado pacto de Toledo.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA