Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2001 pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto para a selección de oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario no porto de Ribeira con destino a nave para actividades portuarias. (Expediente 12-48-01-C-01).

O presidente de Portos de Galicia acordou, por Resolución do 31 de outubro de 2001, e en virtude

das competencias que lle confire o artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público, a adxudicación do concurso aberto para a selección de oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario no porto de Ribeira con destino a nave para actividades portuarias, autorizando o inicio da tramitación correspondente de acordo co previsto na lexislación vixente en materia de concesións no dominio público portuario dependente de Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais. Área de Planificación e Explotación.

c) Número do expediente: clave: 12-48-01-C-01.

2. Obxecto do concurso.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é a selección dunha oferta para o outorgamento, logo da tramitación correspondente, dunha concesión de ocupación de dominio público portuario do porto de Ribeira para a construcción dunha nave destinada a actividades portuarias.

b) Boletín, diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, nº 97, do 22 de maio de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Adxudicación.

a) Data: 31 de outubro de 2001.

b) Adxudicatario: Talleres Baña, S.L.-Electro Naval Perfecto, S.L.

c) Nacionalidade: española.

Contra esta resolución de adxudicación, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra a dita resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia